Bioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 26:
[[Ficheiro:Halobacteria.jpg|thumb|150px|Archaea - Halobacteria]]
[[Ficheiro:Gamma phage.png|thumb|150px|Virus - Gamma phage]]
Ao contrario da [[física]], a bioloxía non describe os sistemas biolóxicos en termos de obxectos que obedecen leis inmutábeis descritas de forma [[matemática]]; o seu obxectivo é a formulación conceptos. Desde conceptos nucleares como evolución, diversidade, continuidade, homeostase, interacción, especie ou célula até conceptos moi específicos como [[proteína]], [[transporte activo]] ou [[deriva xenética]]. Son poucas as teorías en bioloxía: teoría da evolución, teoría celular, teoría endosimbiótica, etc. Tradiconalmente a descrición da ciencia baseouse na física e as ciencias que, como a bioloxía, teñen pouco desenvolvemento matemático foron cualificadas de "débiles", máis esta concepción parece hoxe máis ben prexuizosa, e tende a recoñecerse que existen distintos tipos de ciencias con metodoloxías diversas.
 
=== Universalidade: bioquímica, células e o código xenético ===
Liña 72:
 
== Ámbito da bioloxía ==
A bioloxía fíxose un campo de investigación tan vasto que xeralmente non se estuda como unha única disciplina, senón dividida en varias disciplinas subordinadas. Consideramos aquí '''catro''' grandes agrupamentos. O primeiro consiste nas disciplinas que estudan as '''estruturas básicas''' dos sistemas vivos: [[célula]]s, [[xene]]s, etc.; un segundo agrupamento aborda o '''funcionamento''' destas estruturas a nivel dos tecidos, órganos e corpos; un terceiro incide sobre os '''organismos''' e o seu ciclo de vida; un último agrupamento de disciplinas céntrase nas '''interaccións'''. Nótese, con todo, que estas descricións, estes agrupamentos e as fronteiras entre estes son a penas unha descrición simplificada do todo o que é a investigación biolóxica. En realidade, as fronteiras entre as disciplinas son moi fluídas e a maioría das disciplinas recorre frecuentemente a técnicas doutras disciplinas. Por exemplo, a [[bioloxía evolutiva]] apóiase fortemente en técnicas da [[bioloxía molecular]] para determinar secuencias de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] que axudan a percibir a [[xenética|variación xenética]] dentro dunha [[poboación]]; e a [[fisioloxía]] recorre con frecuencia á [[bioloxía celular]] na descrición do funcionamento dos sistemas de órganos.
 
==== Disciplinas da bioloxía ====