Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
'''Basilio Álvarez Rodríguez''', nado en [[Ourense]] o [[10 de agosto]] de [[1877]] e finado en [[Tampa]] ([[Florida]]) o [[15 de novembro]] de [[1943]], foi unha das figuras máis destacadas do [[Agrarismo|movemento agrario]] galego.
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de José Álvarez, un ferreiro artesán. Estudou no Instituto ourensán e logo iniciou a súa carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de San Fernando. Foi ordenado sacerdote o [[19 de marzo]] de [[1902]]. Foi párroco de [[Parada de Labiote, O Irixo|Parada de Labiote]] de 1902 a xuño de [[1905]].
 
Liña 14:
Basilio Álvarez morreu no Hospital do Centro Español de [[Tampa]].
 
== A súa carreira xornalística ==
Basilio Álvarez amosou interese polo xornalismo desde moi novo. Estivo vinculado a xornais ourensáns como ''[[La Nueva Época]]'', diario católico silvelista, e ''[[La Galerna]]''. Tamén traballou para ''[[El Eco de Orense]]'', o xornal que dirixía [[Valentín Lamas Carvajal]].
 
Liña 23:
Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, Basilio Álvarez emprende en [[1913]] a edición do xornal ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en [[Ourense]] e dirixido por [[Manuel Lustres Rivas]]. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos. Finalmente o bispo suspendeu ''a divinis'' a Basilio Álvarez que así abandonaba a parroquia para licenciarse logo en Dereito. A partir deste momento só se dedicou á avogacía, ó xornalismo e á política.
 
En febreiro de [[1918]] dirixiu o efémero xornal ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'', editado en Ourense por [[Luís Antón del Olmet]] como propaganda da súa candidatura para deputado a Cortes polo distrito de Verín. En xullo de [[1921]] iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán ''[[La Zarpa]]'', que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como [[Castelao]], [[Vicente Risco]], [[Ben-Cho-Shey]], [[Arturo Noguerol]], os irmáns [[Antón Villar Ponte|Antón]] e [[Ramón Villar Ponte]], etc. Acolleu ademais nas súas páxinas a un moi amplo abano de tendencias ideolóxicas dentro do progresismo.
 
Durante o período republicano (1931-1936) perdeu esa amplitude ideolóxica e converteuse en portavoz do propio Basilio Álvarez, deputado polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], e en defensor dos intereses desta formación política.
Liña 29:
Despois do levantamento franquista en xullo de [[1936]] foron intervidos os talleres e a redacción do xornal, que se seguiu publicando durante uns días pero cos novos símbolos falanxistas e con fins propagandísticas a favor dos golpistas. Ao mesmo tempo foi intervido o [[Círculo Basilista]], sociedade que reunía aos seus adeptos, e o seu retrato máis famoso, feito por [[Llorens]], foi arrastrado polas rúas ourensás a xeito de escarnio público. A rúa que levaba o seu nome foi logo chamada de Capitán Eloy, ata o ano [[2008]] en que foi rebautizada coma Rúa da Concordia.
 
== Obras ==
* ''El cura rural'' (1904), folleto.
* ''Por los agros celtas'' (1907).
Liña 38:
* ''España en crisol'' (1937).
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= España en crisol|nome= Basilio|apelidos= Álvarez|ligazónautor= |coautores= Ed. de José A. Durán|ano= 1989|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-427-8|páxina= |páxinas= |dataacceso=24 de setembro de 2007 |url=}}
* {{Cita libro |título= Xornalistas con opinión, 20 biografías|nome= Marcos |apelidos= Valcárcel|ligazónautor= Marcos Valcárcel|coautores= |ano= 2007|capítulo=Basilio Álvarez, o xornalista que acendía volcáns|editor= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 978-84-8288-807-1|páxina= |páxinas= |dataacceso=24 de setembro de 2007 |url=}}
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWJEqJePI Caricatura feita por Castelao cara 1913 (no Museo de Pontevedra)]
 
{{ORDENAR:Alvarez Rodriguez, Basilio}}
<!--Categorías ocultas-->
 
[[Categoría:Personalidades do agrarismo]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
Liña 55 ⟶ 57:
[[Categoría:Nados en 1877]]
[[Categoría:Finados en 1943]]
 
<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia]]