Baixo Vinalopó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q681222
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 50:
O interior está formado por unha gran chaira formada polo val do Vinalopó, que está rodeada polas serras ao norte e noroeste. Ao leste, a liña de costa é baixa e arenosa, con praias de areas finas, e formacións de dunas. Hai excepcións, como é o caso do Cabo de [[Santa Pola]], onde hai un abrupto promontorio onde se sitúa un faro. A franxa costeira ten uns 30 km de lonxitude, comprendidos entre Aigua Amarga e a desembocadura do [[río Segura|Segura]]. Nesta comarca tamén se atopan unhas marismas, declaradas Parques Naturais, como as Salines de Santa Pola, ou El Fondo de [[Elx]] - [[Crevillent]], así coma o [[Clot de Galvany]].
 
A temperatura media anual é 17 º °C e a precipitación media anual é 330 mm.
 
== Historia ==
A comarca do Baix Vinalopó é [[Comarcas do País Valenciano|creación moderna]], no ano [[1989]], e antes formaba parte da histórica Horta d'Alacant, xunto con [[Guardamar del Segura]] ([[Baix Segura]]). Esta comarca antiga aparece no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer: ''Comarques naturals del Regne de València'', publicado no ano [[1934]].
 
O Baix Vinalopó é unha comarca dinámica, a cal se adica a diferentes ámbitos económicos. No sector primario, a agricultura sempre tivo unha grande importancia, xa que o campo de [[Elx]] - [[Crevillent]] foi amplamente traballado en hortas e cultivos. Polo seu lado, [[Santa Pola]] segue sendo a día de hoxe un dos máis importantes portos peninsulares. A industria é tamén moi importante, en [[Crevillent]] desenvolveuse moito a industria da alfombra, chegando a outorgárselle unha denominación de orixe. [[Elx]] pola súa banda, comparte con outras cidades do Vinalopó importantes industrias do calzado.
 
O turismo vén ocupando un amplo sector económico desde hai décadas. O desenvolvemento desta actividade principalmente a [[Santa Pola]] foi atraendo numerosos visitantes e residentes á zona. Así como foron experimentando crecemento os núcleos costeiros ilicitanos de Arenals del Sol e La Marina. [[Elx]] como tal, debido ao seu carácter comercial e cultural ([[Dama de Elx]], [[Palmeiral de Elx|Palmeiral]], [[Misterio de Elx|Misterio]], etc.) converteuse tamén nun crecente destino turístico á parte da costa.
 
O [[Aeroporto de Alacant|aeroport del Altet]], no termo municipal de Elx, atópase ademais nesta comarca, sendo o quinto aeroporto español en volume de pasaxeiros por ano.
 
== Lingua ==
A comarca atópase dentro da zona de predominio lingüístico oficial [[valenciano]]. Aínda que por mor da inmigración e da presión dos medios de comunicación tamén se fala [[Lingua castelá|castelán]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.dip-alicante.es/documentacion/local/menucomarca.asp?codigo=00033&Submit.x=48&Submit.y=3 Datos e cifras da comarca do Baix Vinalopó. Unidade de Documentación da Deputación de Alacant]
* [http://www.elx.es Concello de Elx]
* [http://www.crevillent.es Concello de Crevillent]
* [http://www.santapola.infoville.es Concello de Santa Pola]
 
{{Comarcas da Comunidade Valenciana}}