Bacillus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 59:
''[[Bacillus vulgaris|B. vulgatis]]''<br>
''[[Bacillus weihenstephanensis|B. weihenstephanensis]]''}}
'''''Bacillus''''' é o nome dun [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[bacteria]]s [[Gram positiva]]s con forma [[bacilar]], membro do [[filo]] [[Firmicutes]]. As especies de ''Bacillus'' son [[organismo aerobio|aerobiaaerobias]]s obrigadas ou [[aerobio facultativo|facultativas]], e dan positivo na proba do [[encima]] [[catalase]].<ref name=Baron>{{cite book | author = Turnbull PCB | title = Bacillus. ''In:'' Barron's Medical Microbiology ''(Baron S ''et al.'', eds.)| edition = 4th | publisher = Univ of Texas Medical Branch | year = 1996 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.925 | isbn = 0-9631172-1-1 }}</ref> Son moi ubicuas na natureza, e no xénero hai especies de vida libre e [[patóxeno|patóxenas]]. En condicións ambientais desfavorables, estas bacterias producen [[endospora]]s ovais, que poden permanecer en estado latente durante longos períodos. Estas características serviron para definir o xénero orixinariamente, pero non todas as especies estaban moi emparentadas, polo que moitas foron reclasificadas noutros xéneros.<ref name=Brock>{{cite book | author = Madigan M; Martinko J (editors). | title = Brock Biology of Microorganisms | edition = 11th | publisher = Prentice Hall | year = 2005 | isbn = 0-13-144329-1 }}</ref>
 
== Importancia industrial ==
Moitas especies de ''Bacillus'' poden [[secreción|segregar]] grandes cantidades de encimas. ''[[Bacillus amyloliquefaciens]]'' é a fonte da proteína [[antibiótico|antibiótica]] natural [[barnase]] (unha [[ribonuclease]]). O xénero produce tamén unha alfa [[amilase]] utilizada na [[hidrólise]] do [[amidón]], a [[protease]] [[subtilisina]] utilizada con deterxentes, e o [[encima de restrición]] [[BamH1]] utilizado na investigación do ADN.
 
Unha porción do [[xenoma]] de ''[[Bacillus thuringiensis]]'' foi incorporado ao [[millo]] e ao [[algodón]], para facelos resistentes a pragas de insectos.
 
== Uso como organismo modelo ==
''[[Bacillus subtilis]]'' é un dos [[procariota]]s mellor coñecidos en canto á súa bioloxía molecular e celular. A súa magnífica manexabilidae xenética e tamaño relativamente grande proporcionaron as poderosas ferramentas requiridas para investigar as bacterias en todos os posibles aspectos. Recentes avances nas técnicas de microscopía de fluorescencia permitiron estudar mellor a estrutura dinámica deste ser unicelular. As investigacións con ''[[Bacillus subtilis]]'' estiveron en primeiro plano no estudo da bioloxía molecular bacteriana, e o organismo úsase como modelo para estudar a regulación de xenes e proteínas, e o ciclo celular das bacterias.<ref name=Graumann>{{cite book | author = Graumann P (editor). | title = Bacillus: Cellular and Molecular Biology | edition = 2nd | publisher = Caister Academic Press | year = 2012 | url=http://www.horizonpress.com/bacillus | id = [http://www.horizonpress.com/bacillus ] | isbn = 978-1-904455-97-4}}</ref>
 
== Importancia clínica ==
Dúas especies de ''Bacillus'' considéranse medicamente significativas: ''[[Bacillus anthracis|B. anthracis]]'', que causa o [[carbuncho]] ou carbúnculo (chamado en inglés ''anthrax''), e o ''[[Bacillus cereus|B. cereus]]'', que causa unha infección alimentaria similar á causada por ''[[Staphylococcus]]''.<ref name=Sherris>{{cite book | author = Ryan KJ; Ray CG (editors) | title = Sherris Medical Microbiology | edition = 4th | publisher = McGraw Hill | year = 2004 | isbn = 0-8385-8529-9 }}</ref> Unha terceira especie, ''[[B. thuringiensis]]'', é moi tóxica para [[insecto]]s, e pode utilizarse para controlar as pragas deses animais grazas a unha proteína tóxica para os insectos que produce, pero que non é tóxica para vertebrados ou plantas. A [[especie tipo]] é ''[[Bacillus subtilis|B. subtilis]]'', un importante [[organismo modelo]]. É tamén notable a súa capacidade de estragar alimentos, deteriorando o [[pan]] e outros alimentos similares. Algunhas estirpes ambientais e comerciais de ''[[Bacillus coagulans|B. coagulans]]'' poden xogar un papel na deterioración de alimentos feitos con produtos baseados no tomate moi ácidos.
 
== Parede celular ==
A parede celular de ''Bacillus'' é unha estrutura protectora que rodea a [[membrana plasmática]] da célula, que lle dá á bacteria unha tinguidura [[Gram positiva]]. ''B. subtilis'' foi a primeira bacteria na que se identificou o papel dun [[citoesqueleto]] baseado en proteínas similares á [[actina]] na determinación da forma da célula e se estudou a síntese do [[peptidoglicano]] que forma a parede, na cal se descubriu o conxunto completo de encimas que interveñen na mesma.<ref name=Scheffers>{{cite book |chapterurl=http://www.horizonpress.com/bacillus |author=Scheffers DJ|chapter=The Cell Wall of Bacillus subtilis | title = Bacillus: Cellular and Molecular Biology 2e (Graumann P, ed.)| publisher = Caister Academic Press | year = 2012 | id = [http://www.horizonpress.com/bacillus ] |isbn=978-1-904455-97-4}}</ref>
 
== Filoxenia ==
{{VT|Taxonomía bacteriana}}
O xénero ''Bacillus'' foi denominado así en 1835 por [[Christian Gottfried Ehrenberg]] (que tamén nomeou o xénero, hoxe considerado inválido, ''[[Bacterium]]'' sete anos antes) e contiña inicialmente bacterias con forma de bastón, e despois foi emendado por [[Ferdinand Cohn]] para que incluíse bacterias formadoras de esporas, Gram positivas ou variables, con forma bacilar.<ref>COHN (F.): Untersuchungen über Bakterien. Beitrage zur Biologie der Pflanzen Heft 2, 1872, 1, 127-224.</ref> Como outros xéneros creados no inicio da historia da [[microbioloxía]], como ''[[Pseudomonas]]'' ou ''[[Vibrio]]'', os membros do xénero ''Bacillus'' (266 especies<ref> Bacillus entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590-2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. http://ijs.sgmjournals.org/cgi/reprint/47/2/590.]</ref>) son moi ubicuos e é un dos xéneros coa maior diversidade ambiental e de secuencias do [[ARNr de 16S]].
 
Varios estudos intentaron reconstruír a [[filoxenia]] do xénero. O estudo específico de ''Bacillus'' que cubriu unha maior diversidade é o de Xu e Côté, que utilizaron a rexión ITS e o ARNr de 16S, e dividiron o xénero en 10 grupos, que inclúen os xéneros incrustados ''Paenibacillus, Brevibacillus, Geobacillus, Marinibacillus'' e ''Virgibacillus''.<ref> Xu, D.; Côté, J. -C. (2003). "Phylogenetic relationships between Bacillus species and related genera inferred from comparison of 3' end 16S rDNA and 5' end 16S-23S ITS nucleotide sequences". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 53 (3): 695–704. [http://ijs.sgmjournals.org/content/53/3/695 doi:10.1099/Ijs.0.02346-0].</ref> Porén, a árbore [http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_104/LTPs104_SSU_tree.pdf] construída polo [[proxecto 'The All-Species Living Tree']], que foi unha colaboración entre ARB-Silva e o [[LPSN]] na que se construíu a árbore do ARNr de 16S (e do de 23S se estaba dispoñible) de todas as especies validadas,<ref> Yarza, P.; Richter, M.; Peplies, J. R.; Euzeby, J.; Amann, R.; Schleifer, K. H.; Ludwig, W.; Glöckner, F. O. et al. (2008). "The All-Species Living Tree project: A 16S rRNA-based phylogenetic tree of all sequenced type strains". Systematic and Applied Microbiology 31 (4): 241–250. doi:10.1016/j.syapm.2008.07.001. PMID 18692976.</ref><ref>Yarza, Pablo; Ludwig, Wolfgang; Euzéby, Jean; Amann, Rudolf; Schleifer, Karl-Heinz; Glöckner, Frank Oliver; Rosselló-Móra, Ramon (2010). "Update of the All-Species Living Tree Project based on 16S and 23S rRNA sequence analyses". Systematic and Applied Microbiology 33 (6): 291–299. doi:10.1016/j.syapm.2010.08.001. PMID 20817437.</ref> atopou que o xénero ''Bacillus'' contén un gran número de [[taxon]]s incrustados e é parafilético con [[Lactobacillales]] (''[[Lactobacillus]], [[Streptococcus]], [[Staphylococcus]], [[Listeria]]'', etc.), debido a ''[[Bacillus coahuilensis]]'' e outros. Un estudo de concatenación de xéneros chegou a resultados similares aos de Xu e Côté, pero cun número moito máis limitado de especies en canto a grupos<ref name="Alcaraz2010">Alcaraz, L.; Moreno-Hagelsieb, G.; Eguiarte, L. E.; Souza, V.; Herrera-Estrella, L.; Olmedo, G. (2010). "Understanding the evolutionary relationships and major traits of Bacillus through comparative genomics". BMC Genomics 11: 332. doi:10.1186/1471-2164-11-332. ISBN 1471216411332. PMC 2890564. PMID 20504335. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2890564/. </ref>.
 
Un clado formado por ''B. anthracis'', ''B. cereus'', ''B. mycoides'', ''B. pseudomycoides'', ''B. thuringiensis'' e ''B. weihenstephanensis'' nas actuais clasificacións estándar, debería ser unha soa especie (cun 97% de identidade no ARNr de 16S), pero debido a razóns médicas, son considerados especies separadas,<ref>[http://www.bacterio.cict.fr/bacdico/bb/anthracis.html Bacillus Anthracis]</ref> (o que é algo que tamén ocorre con especies do xénero ''[[Shigella]]'' e con ''[[Escherichia coli]]'').<ref>BRENNER (D.J.): Family I. Enterobacteriaceae Rahn 1937, Nom. fam. cons. Opin. 15, Jud. Com. 1958, 73; Ewing, Farmer, and Brenner 1980, 674; Judicial Commission 1981, 104. In: N.R. KRIEG and J.G. HOLT (eds), [[Bergey's Manual of Systematic Bacteriology]], first edition, vol. 1, The Williams & Wilkins Co, Baltimore, 1984, pp. 408-420</ref>
Liña 125:
}}
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* ''[[Paenibacillus]]'', un xénero de bacterias que antes estaba incluído en ''Bacillus''
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://patricbrc.org/portal/portal/patric/Taxon?cType=taxon&cId=1386 Bacillus] xenomas e información relacionada en [http://patricbrc.org/ PATRIC], a Bioinformatics Resource Center funded by [http://www.niaid.nih.gov/ NIAID]
 
 
[[Categoría:Bacillales]]