Auga do mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 50:
=== Densidade ===
A [[densidade]] da auga do mar é unha das súas propiedades máis importantes. A súa variación provoca correntes.
É determinada usando a ecuación internacional de estado da auga de mar a presión atmosférica, que é formulada pola Unesco (UNESCO Technical Papers in Marine Science, 1981) a partir dos traballos realizados ao longo de todo este século para coñecer as relacións entre as variables termodinámicas da auga do mar: densidade, presión, salinidade e temperatura. A densidade da típica auga do mar (auga salgada cun 3,5% de sales disoltos) adoita ser de 1,02819 kg/L aos -2 °C, 1,02811 aos 0 °C, 1,02778 aos 4 °C, etc.
 
A densidade da auga de mar depende do tres variables: Salinidade (''s''), Temperatura (''t'') e Presión (''p''). Para simbolizar a densidade emprégase xeralmente a letra grega ''ρ''(rho) e para indicar que é función do tres variables escríbese ''ρ''(''s'',''t'',''p''). O valor numérico da densidade da auga do mar no seu ambiente natural varía soamente a partir do terceiro decimal e, para economizar espazo e traballo, así como para ter unha visión mellor do valor, defínese outra cantidade simbolizada pola letra grega ''σ''(Sigma) mediante a seguinte expresión.