Arte fenicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q960578
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 16:
Baixo o nome de '''esculturas fenicias''' comprendéronse numerosas e variadísimas estatuas dos pobos [[fenicios]], libios, [[sardos]], [[tirrenos]], [[pelasgos]], [[hititas]] e chipriotas que se presentan con certa rixidez arcaica e falta de naturalidade e que ofrecen visibles reminiscencias asirias, exipcias e mesmo gregas segundo as épocas e os países. Considéranse como lexitimamente fenicias en pedra e [[bronce]] as esculturas chipriotas (da illa de [[Chipre]]) tendo en conta que os fenicios apoderáronse da illa cara ao ano [[-1000|1000 a. C.]] e fundaron alí cidades importantes subxugando aos hititas que eran os seus antigos poboadores. Así mesmo, pode estudarse a arte fenicia nas illas de [[Sardeña]] e [[Eivissa (illa)|Eivissa]] das cales se apoderaron as colonias tirias no [[século -VIII|século VIII a. C.]]
 
Despois de repetidas investigacións realizadas sobre a arte fenicia, pódese afirmar que non existe con anterioridade ao [[século -X|século X a. C.]] pois aínda que moito antes fabricaban e vendían produtos os industriais e mercadores fenicios a súa arte non pasaba de ser unha mera imitación do exipcio ou asirio e parece que mesmo entón se consideraban os seus artigos como orixinarios dos artistas que lles servían de modelo. Desde o devandito século descóbrese nas obras fenicias de estatuaria, [[glíptica]], [[ourivaría]], etc. a tendencia a combinar os estilos orientais nunha mesma peza, sobresaíndo o exipcio.
 
== Referencias ==