Antonio Maura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
'''Antonio Maura y Montaner''', nado en [[Palma]] o [[2 de maio]] de [[1853]] e finado en [[Torrelodones]] ([[Madrid]]) o [[13 de decembro]] de [[1925]], foi un político español, varias veces ministro e [[Lista de Presidentes de España|Presidente do Goberno]] en cinco etapas: 1900-1902, 1907-1909, 1918, 1919 e 1921-1922.
 
== Vida ==
Naceu nunha familia da pequena burguesía mallorquina. Orfo de pai con 13 anos, cursou o bacharelato no Instituto de Palma, e en [[1868]] trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.
 
Liña 10:
En [[1886]] ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. Por ese tempo, en consonancia cos liberais escindidos de Gamazo atacará a política librecambista de López Puigcerver, ministro de Facenda do Gabinete Sagasta que acaba por caer en 1890.
 
En decembro de [[1893]] é designado con Sagasta ministro de Ultramar. No seu afán por neutralizar pacificamente o movemento independentista, tentou desenvolver un proxecto de autonomía para [[Cuba]] e [[Porto Rico]] no que a administración se repartía entre o goberno central e os insulares respectivos, mais a oposición dos conservadores e dun amplo sector dos propios liberais fixo que naufragase o proxecto e dimitise. Apartado voluntariamente do escenario político por un certo tempo, en 1895, de novo con Sagasta, ocuparase do Ministerio de Graza e Xustiza ata que a [[Guerra Hispano-Estadounidense|insurrección cubana]] provoca a caída dos liberais.
 
Tras a perda das colonias, a política gravita en torno ó funcionamento político da monarquía e a necesidade de rexenerar a vida pública española. A erradicación do caciquismo e dos abusos da oligarquía figuraron como obxectivos prioritarios do seu proxecto de dignificación da política. As súas teses rexeneracionistas aproximábanse en boa medida ó programa disidente do novo [[conservadorismo]] de [[Francisco Silvela]]. Aceptando os límites presentes nas bases legais do réxime establecido, os seus postulados resultan compatibles coa alternativa de saneamento político proposta polos conservadores.
Liña 37:
{{End box}}
 
== Distincións ==
Ademais de orador extraordinario, foi director da [[Real Academia Española]], e presidente da de Xurisprudencia e Legislación, de Ciencias Morais e Políticas e de Belas Artes de San Fernando. Presidiu a Comisión General de Codificación, materializándose a súa visión de estadista con grandes proxectos lexislativos, a Reforma da Administración e o Goberno en Ultramar, o proxecto de Lei de Reforma da Administración Local, etc.
 
Como recoñecemento ó seu labor foi investido "Caballero de la Real y Muy distinguida Orden del Toisón de Oro" en 1920.
 
== Ideoloxía ==
Antonio Maura é unha figura crucial na España do primeiro terzo do século XX. Foi un político apaixonado e polémico. A súa controvertida carreira política enmárcarse dentro da política da [[Restauración borbónica en España|restauración dinástica]] de finais do século XIX e do [[rexeneracionismo]] de principios de século XX.
 
Liña 53:
Liberal e católico, Antonio Maura é reivindicado como un dos máis valiosos políticos da dereita española do século XX.
 
== Curiosidades ==
* A actriz [[Carmen Maura]] é descendente (sobriña bisneta) de Antonio Maura. O escritor e xornalista [[Carlos Semprún Maura]] tamén é neto seu. Pode consultarse en Internet o seu ensaio ''Revolución y Contrarrevolución en Cataluña'' [http://www.somnisllibertaris.com/libro/revolucionycontrarevolucion/index02.htm]. Unha mostra da súa faceta como articulista pode lerse en ''Libertad Digital'' [http://agosto.libertaddigital.com/articulo.php/1276232216]
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* '''González Hernández''', María Jesús (1997) ''El universo conservador de Antonio Maura. Biografía y proyecto de Estado''. Madrid : Biblioteca nueva.
* '''Pérez Delgado''', Rafael (1974) ''Antonio Maura''. Madrid : Tebas.
* '''Robles''', Cristobal (1995) ''Antonio Maura, un político liberal''.Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
* '''Ruiz-Castillo''', J. (1917) ''Antonio Maura : treinta y cinco años de vida pública: ideas políticas de gobierno y campañas parlamentarias''. Madrid : Biblioteca Nueva.
* '''Tusell''', Javier (1994) ''Antonio Maura, una biografía política''. Madrid: Fundación Antonio Maura & Alianza Editorial.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.la-moncloa.es/Presidente/RelacionPresidentes/RelacionHistorica/1875-1917.htm Perfil Biográfico da Presidencia do Goberno]
* [http://www.mundofree.com/nor/natm/curiosidades/spain/personajes/A_Maura.htm Biografía de Maura]
* [http://www.fantoniomaura.org/ Fundación Antonio Maura]
* [http://clio.rediris.es/pdf/maurac.htm Discurso Parlamentario]
* [http://revista.libertaddigital.com/articulo.php/511 Artigo de Carlos Semprún Maura]
 
{{ORDENAR:Maura Montaner, Antonio}}
 
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]