Animismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Urarina shaman B Dean.jpg|miniatura|200px|Chamán [[urarina]]]]
O '''animismo''' (do [[latín]] ''ánima'', alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores, etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.
 
Malia caber dentro desta concepción múltiples variantes do fenómeno, como a crenza en seres espirituais, incluídas as [[alma]]s humanas, na práctica a definición esténdese que seres sobrenaturais personificados, dotados de [[razón]], [[intelixencia]] e [[vontade]], habitan os obxectos inanimados e gobernan a súa existencia. Isto pódese expresar sinxelamente como que ''todo está vivo, é consciente ou ten unha alma.
Liña 16:
 
A outra teoría, presentada por [[Edward Burnett Tylor]], sostén que a base de toda relixión é animista, pero recoñece o carácter non humano dos deuses do [[politeísmo]]. Aínda que a adoración aos antepasados ou, máis ampliamente falando, o [[culto aos mortos]], nalgúns casos se superpuxo a outros cultos ou ata os fixo desaparecer, non se pode asegurar a súa importancia, senón máis ben o contrario (outros cultos terminaron superpoñendose ao culto aos antepasados). Na maioría dos casos, o panteón de deuses está formado por unha multitude de espíritos con forma ás veces humana, ás veces animal, que non teñen signos de haberse encarnado algunha vez. Os [[deus Sol|deuses do Sol]] e [[:Categoría:Deuses lunares|da Lúa]], os [[:Categoría:Deuses do lume|deuses do lume]], do vento e [[:Categoría:Deuses da auga|do auga]], os deuses oceánicos, e por encima de todos os deuses do ceo, non mostran signos de ser pantasmas en ningún período da súa historia. É verdade que algúns se poden asociar con deuses pantasmas. Por exemplo, algúns indíxenas de Australia non din en ningún momento que os deuses son espíritos, e moito menos espíritos de mortos; os seus deuses son simplemente meigos magnificados, super-homes que nunca morreron. Pódese dicir en xeral que en Australia nunca existiu a adoración aos antepasados nin o culto aos mortos.
== Ligazóns externas ==
* [http://web.archive.org/20090213050258/web.mac.com/siwa1/Libros/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS.html "Viaje al país de las almas"], libro de Jordi Esteva.
* [http://www.ishmael.org/interaction/qanda/qanda.cfm Ishmael.org (preguntas frecuentes)]: unha base de datos que inclúe algunhas preguntas e respostas respecto do animismo (e que entra en conflito coa definición dada neste artigo da Wikipedia) no sitio web de [[Daniel Quinn]], autor de ''My Ishmael''. No menú ''Topic'' ('tema') elixa ''Animism''.
* [http://www.pfi-esp.org Pagan Federation International España]
 
[[Categoría: Relixión]]