Diferenzas entre revisións de «Alacantí»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(lig ints)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Á parte de [[Agost]], o resto das poboacións constitúen a histórica comarca da '''Foia de Xixona''', con [[Xixona]], [[La Torre de les Maçanes]], [[Busot]], e [[Aigües]]. Trátase en realidade de poboacións de transición entre a Horta de Alacant e outras comarcas (respectivamente, a Foia de Xixona co [[Alcoià]], [[Agost]] co [[Vinalopó Mitjà]] e [[Busot]] e [[Aigües]] coa [[Marina Baixa]]). Salvo Xixona, poboación industrial que é deles o maior núcleo urbano, os demais núcleos de poboación son de tipo rural, contrastando enormemente coas poboacións da Horta de Alacant. Non en balde, esta serie de municipios periféricos presenta unha densidade de poboación de tan só 50,3 hab/km², unhas 24 veces menor que a da conurbanización alacantina.
 
== Lingua ==
O [[lingua valenciana|valenciano]] é a lingua de predominio lingüístico da comarca.
 
== Historia ==
Durante a colonización cristiá na idade media, a comarca do Alacantí foi das últimas conquistadas aos árabes. A conquista foi pacífica e o territorio foi adscrito ao [[Reino de Castela]], en [[1244]], en virtude do tratado de Almizra, habendo pouco tempo despois unha sublevación musulmá en 1248 sufocada coa axuda de [[Xaime I de Aragón|Jaume I]]. Despois de anos de disputas no 1304, [[Dinís de Portugal]], o infante [[Xoán I de Castela]] e o bispo de [[Zaragoza]], pola Sentencia de Torrelles acordan deixar definitivamente adscritas ao [[Reino de Valencia]] as terras do Alacantí, baixo reinado do rei Jaume II o Xusto.
 
== Economía ==
A poboación é considerabelmente densa e os seus principais núcleos son: Sant Vicent del Raspeig, con industrias de cemento e papeleira, típica cidade dormitorio, onde se atopa a Universidade de Alacant. En Agost prodúcese baldosa destinada á construción e cantaría tradicional, en Sant Joan d'Alacant tamén outro municipio dormitorio que ten outra universidade, a de Miguel Hernández, ademais de numerosas grandes superficies comerciais, e El Campello, con porto pesqueiro.
 
Alacant, a capital da comarca, experimentou un rápido desenvolvemento, especialmente a partir do [[século XVIII]], debido ao seu activo comercio marítimo. Ten unha variada industria de aluminio, química, talleres metalúrxicos e de motores, cerámica, alimentaria, do tabaco, etc., ademais de ser un centro pesqueiro. No entanto, unha das actividades máis importantes da comarca constitúena o turismo, fundamentalmente á Praia de Sant Joan, e os sectores económicos relacionados.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Alacantí}}
* [http://www.dip-alicante.es/documentacion/local/menucomarca.asp?codigo=00032&Submit.x=14&Submit.y=8 Datos e cifras da comarca do Alacantí. Unidade de Documentación da Deputación de Alacant]
* [http://torresdelahuerta.iespana.es/ As Torres de Defensa da Horta de Alacant]
* [http://www.alacant.es Concello de Alacant]
* [http://www.raspeig.es Concello de Sant Vicent del Raspeig]
* [http://www.elcampello.es Concello de El Campello]
* [http://www.santjoandalacant.es Concello de Sant Joan d'Alacant]
* [http://www.mutxamel.org Concello de Mutxamel]
* [http://www.agost.es Concello de Agost]
* [http://www.ebusot.com Concello de Busot]
{{Comarcas da Comunidade Valenciana}}
 
[[Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana]]
{{Comarcas da Comunidade Valenciana}}
393.002

edicións