Acurtamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q853463
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
Denomínase en xeral ''clipping'' ou acurtamento ao procedemento de creación de novas [[palabra]]s ou [[neoloxismo]]s que consiste en abreviar palabras mediante diversos [[metaplasmo]]s de supresión, como a [[aférese (lingüística)|aférese]] (perda dos [[fonema]]s situados ao comezo dunha palabra), a [[síncope (lingüística)|síncope]] (perda dos fonemas interiores dunha palabra) ou [[apócope]] (perda dos fonemas finais dunha palabra). Tal procedemento é especialmente frecuente en linguas que posúen moitos monosílabos, coma o inglés; por exemplo, abréviase ''San Francisco'' en ''Frisco'' ou ''motor(way) hotel'' en ''motel'', ou ''automóbil omnibus'' en ''autobús''. Este procedemento de acurtamento denomínase síntese ou [[síncope (lingüística)|síncope]]. A apócope, pola contra, é frecuente na [[hipocorístico|linguaxe hipocorística]] ou infantil, ou simplemente afectiva: ''bici'' por ''bicicleta'', ''boli'' por ''bolígrafo'', ''insti'' por ''instituto'', etc... Nalgúns casos, parece máis ben deberse á necesidade de abreviar expresións demasiado cultas e longas: ''cine'' por ''cinematógrafo'', ou ''fotolito'' por ''fotolitografía'' (o cal explica a súa tónica discordante doutras palabras [[esdrúxula]]s que rematan en ''-lito'' átono: ''crisólito, aerólito, monólito'').
 
{{Metaplasmo}}
 
[[Categoría:Historia da lingua]]
[[Categoría:Dialectoloxía]]