Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
'''Acción Gallega''' (ou ''Acción Galega'') foi o nome dun dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na [[Galiza]] do [[século XX]]. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do [[agrarismo]] galego na década de 1910.
 
== Inicios ==
A súa orixe sitúase no axitado ano de [[1909]]. Nese ano, un grupo de políticos, intelectuais e periodistas galegos residentes en [[Madrid]] reuníanse, día tras día: Eran [[Basilio Álvarez]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[Enrique Peinador]], [[Luís Antón del Olmet]], [[Prudencio Canitrot]], [[Alfonso Alcalá Martín]], [[Ricardo Vilariño]], [[Rafael Carvajal]], [[Cánovas Cervantes]], [[Eloy Páramo]], etc. O tema de discusión constante era o das loitas agrarias en Galiza; concretamente o da liberación do campesiño e, máis en xeral, do país galego. Acción Gallega concibiuse como movemento no contexto destes homes e destas preocupacións. O [[15 de xaneiro]] de [[1910]] o movemento daba o primeiro sinal público de existencia, coa aparición da revista ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'', subtitulada ''Revista Quincenal. Defensora de los intereses regionales'', de extraordinario interese, na que o estilo inconfundíbel de Basilio Álvarez quedaba claramente reflectido. A parte desta campaña periodística, iníciase tamén un programa de mitins e de accións de diverso carácter. Acción Gallega enlaza coas sociedades de labregos de [[Ribadeo]], [[Riotorto]], [[A Fonsagrada]], [[Becerreá]], etc.
 
== Actividade ==
O programa de mitins de Acción Gallega iniciouse por terras de [[Meira]] e son Basilio Álvarez, Prudencio Canitrot, Cánovas Cervantes e Rafael Carvajal, os oradores principais. As eleccións de deputados ás [[Cortes españolas]] de [[1910]] permitiulles participar na campaña activamente presentando tres candidatos: Rafael Carvajal, polo distrito de [[Mondoñedo]]; Alfredo Vicenti, polo de [[Becerreá]], e Manuel Portela Valladares, polo da [[Fonsagrada]]. O éxito foi resoante no de Portela Valladares e só as trampas dos caciques impediron o triunfo de Vicenti. Acción Gallega contou, deste xeito, cun deputado en Cortes.
 
Nesta primeira etapa o que se pretendeu foi darlle un sentido único ao agrarismo galego escindido en distintas frontes (solidarios, antiforistas, sindicalistas, etc). Deste intento naceu neste mesmo ano de [[1910]], o primeiro bosquexo de partido agrario en Galiza, que se precipita na [[Liga Agrario-Redencionista]], que tivo un fracaso tan significativo coma contundente. Acción Gallega, integrada por homes dun gran prestixio público en Madrid, non pasou de ser nesta primeira formulación, outra cousa que o eco que reforza, coa publicidade dos grandes diarios, a importancia da campaña agraria. Pasado o momento da Liga, probado o fracaso, incluso a revista ''Acción Gallega'' desaparece.
 
No ano 1911 unha serie de acontecementos fan que o movemento se radicalice, e pasa a ser a encarnación e consecuencia da biografía de Basilio Álvarez. Basilio era entón abade da freguesía campesiña de [[Beiro, Ourense|Beiro]], inmediata á capital ourensá. Dous acontecementos case simultáneos levárono a este lugar, con potente asociación campesiña e clara inclinación ao [[socialismo]]: a súa dimisión do cargo de director de ''[[El Debate]]'', diario católico, e o asasinato do cura párroco de Beiro. O bispo de Ourense pensou entón en Basilio Álvarez, home de prestixio na cidade das burgas, para esta difícil freguesía. Grazas a este traslado, o novo cura de Beiro puido ter relación co grupo de Acción Gallega destacado en Madrid. Tras isto chegan os anos fortes do movemento, [[1912]]- [[1913]], que rematan ben entrado en [[1914]].
 
En agosto de 1912 aparece o ''"Manifesto de Ourense"'' <ref>Pode consultarse na revista ''Suevia'' nº 4, do 12 de abril de 1913, px. 6 [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=242].</ref>, onde a Liga de Acción Gallega se compromete nunha campaña de mitins, de carácter agrario e societario, a recoller as aspiracións do campesiñado e facerllas chegar ao Goberno. O programa de mitins, dunha radicalidade verbal sen precedentes nas terras galegas, iniciouse no [[O Carballiño|Carballiño]], continuou en [[Ribadavia]], [[Gondomar]], [[Ourense]], [[Bande]], [[A Estrada]], etc. As terras pontevedresas e ourensás na súa meirande parte escoitaron ese ton, abertamente rebelde e ata revolucionario dos oradores de Acción Gallega, e especialmente de Basilio Álvarez, que fixo que en Madrid temesen coa posibilidade dun estalido revolucionario en Galiza. Poetas como [[Ramón Cabanillas]] e [[Noriega Varela]] puxeron versos, e en galego, das imaxes de Basilio Álvarez, cantando á revolución inminente.
 
Inicialmente, a publicación ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' foi o portavoz escrito deste radicalizado movemento agrarista. Pero por mor de dificultades, no período máis acedo da campaña, contou Acción Gallega cun diario, ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en Ourense.
Liña 20:
A repercusión que o movemento tivo en toda Galiza é difícil de saber. Algúns xornais, aínda que excepcionalmente, abríronse aos propagandistas: ''[[Heraldo de Vigo]]'' e ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'' de [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], por exemplo. Mais a actitude normal foi negación absoluta ante a radicalidade do movemento, que non respectaba representacións nin poderes, pois sumía áreas enteiras na máis expresiva axitación. Por esta importancia, polo prestixio de Basilio Álvarez en círculos de prensa en [[Madrid]], a campaña de Acción Gallega alcanza extraordinaria resonancia en todo o [[España|Estado Español]].
 
== Finais ==
O movemento, centrado na loita contra os caciques, cunha ideoloxía de clara inspiración [[Rexeneracionismo|rexeneracionista]] e no antiforismo redencionista, baseábase na fogosidade e gallardía de Basilio Álvarez e no seu grupo incondicional de amigos nos primeiros momentos.
 
Liña 27:
A loita do agrarismo galego, extraordinariamente radicalizada desde 1914, non volverá ter tanta resonancia como tivo nestes poucos anos o movemento de Acción Gallega, aínda que os principios deste movemento máis os de [[Basilio Álvarez]] perviviron nas sociedades agraristas posteriores.
 
== Himno ==
O seguinte poema pertence ao libro ''Da terra asoballada'' ([[1917]]) de [[Ramón Cabanillas]]. Trátase dun himno de loita, escrito para a asociación agraria que fundara o crego [[Basilio Álvarez]] en [[1910]]. Nel aléntase aos labregos de Galicia a rebelarse contra as estruturas sociais inxustas, como os [[Foro (contrato)|foros]] e o [[caciquismo]], que os mantiñan nunha situación de explotación e pobreza.
 
 
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
 
¡Desde Ortegal ó Miño
Liña 87:
dende a montaña ó val.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Agrarismo]]
* [[Directorio Antiforista de Teis]]
* [[Basilio Álvarez]]
* [[Ramón Cabanillas]]
* [[Antonio Noriega Varela]]
 
{{Nacionalismo galego}}