Abreviatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Corrixo nome
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 7:
Habitualmente considéranse dúas formas normais de abreviación: '''truncamento''' e '''contracción'''. A primeira implica a eliminación da parte final da palabra (por exemplo, "av." por ''avenida''). As abreviaturas obtidas por truncamento nunca poden rematar en [[vogal]] (por exemplo, aínda que en inglés é moi habitual, a abreviación "ave." por ''avenida'' é incorrecta en galego). Na construción de abreviaturas por contracción, elimínanse as letras centrais da palabra e déixanse só as letras máis representativas (por exemplo, "avda." por ''avenida''). Neste segundo método, é habitual o uso dunha letra ou letras finais voadas (por exemplo, "adm.<sup>or</sup>" por ''administrador'' ou "n.º" por ''número''). Estas letras voadas poden escribirse subliñadas ou sen subliñar.
 
Como se indica máis arriba, a norma é que as abreviaturas sempre finalicen nun punto, excepción feita dos [[símbolo]]s e os [[acrónimo]]s. Tamén se exceptúan a esta regra aquelas abreviaturas en que o punto se substitúe por unha [[barra diagonal]] "/" coma nos casos de ''rúa'' ("r/") ou ''conta corrente'' ("c/c"). Como se observa no anterior exemplo, cando a abreviatura se compón de dúas palabras, o segundo punto e o espazo que separa a ambas palabras tamén se eliminan. Outro caso de excepción á regra do punto é o das abreviaturas que se escriben entre parénteses (por exemplo "(a)" por ''alias''). Por contra, si se debe escribir o punto antes das letras voadas (por exemplo, "Sr.ª" por ''señora'' ou "art.º" por ''artigo''), e isto inclúe o uso do mesmo en abreviaturas con numerais (por exemplo, "3.º" por ''terceiro''). Por outra banda, cando a abreviatura sexa a última palabra da '''oración''', o '''punto''' que sinala o final da mesma substitúe ao correspondente punto da abreviatura (por exemplo en "trouxo martelo, chaves, etc."). No entanto, se a oración terminase con algún outro signo de puntuación (tipicamente o signo de interrogación ou os puntos suspensivos), o uso do punto si se considera necesario.
 
Outra cuestión interesante, é que as abreviaturas manteñen os [[til]]es das súas palabras de orixe (por exemplo, "páx." por ''páxina'' ou "admón." por ''administración''). Ata nas súas formas voadas (por exemplo en "C.<sup>ía</sup>").
Liña 54:
Un exemplo evidente do que ocorre cando utilizamos maiúsculas nun símbolo é o cambio de significado que pode darse ao símbolo: a diferenza que existe entre os ''[[milímetro]]s'' ("mm") e os ''[[megámetro]]s'' ("Mm") -aínda que non é unha unidade habitual un Mm é equivalente a mil quilómetros-.
 
As [[sigla]]s son palabras que están compostas de cada unha das letras iniciais (tamén chamadas siglas) dunha expresión complexa e adoitan facer referencia a nomes de organismos, institucións, entidades, conceptos, obxectos, etc. A súa característica diferencial é que, mentres a lectura
doutras abreviaturas impón a pronunciación da palabra ou palabras sen abreviar, as siglas poden pronunciarse soletreando cada unha das siglas que a compoñen. Outra característica das siglas (esta compartida cos símbolos) é que, a diferenza doutras abreviaturas, adoitan escribirse sen puntos entre as letras e que os tiles se eliminan. Exemplos de siglas serían: "[[FBI]]", "[[CSIC]]", "[[OEA]]", "[[Ácido desoxirribonucleico|ADN]]".