Diferenzas entre revisións de «Pradairo xaponés»

m
Bot: Substitución da categoría "Ornamentais" pola categoría "Plantas ornamentais"; cambios estética
m (Bot: Substitución da categoría "Ornamentais" pola categoría "Plantas ornamentais"; cambios estética)
| binomial_authority = [[Carl Peter Thunberg|Thunb.]]
}}
O '''pradairo xaponés''',<ref>Nome vulgar preferido en galego, en ''Termos Esenciais de Botánica'', entrada 555; Comizión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.</ref> ou '''pradairo palmado xaponés''' ('''''Acer palmatum''''') (en [[Lingua xaponesa|xaponés]]:イロハカエデ ''irohakaede''), é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de [[Acer|pradairo]] nativa do [[Xapón]] e de [[Corea do Sur]]. Algunhas autoridades consideran que tamén é nativa da [[China]],<ref name=grin>Germplasm Resources Information Network: [http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?1187 ''Acer palmatum'']</ref> mais en ''Flora da China'' trata os pradairos semellantes chineses coma [[especies]] separadas.<ref name=foc>Flora of China (draft): [http://flora.huh.harvard.edu/china/mss/volume11/Aceraceae-AGH_finishing.htm ''Acer'']</ref> En Galiza é común coma [[Planta ornamental|ornamental]] na [[xardinaxe]] urbana principalmente en parques, e cada vez máis en xardíns privados pola beleza da follaxe e do porte.
 
== Descrición ==
É un [[arbusto]] ou [[Árbore|árboriña]] de [[caducifolio|folla caediza]] miúda que acada alturas de 6 a 10 m, raramente 16 [[metro|m]]; con frecuencia medra coma planta accesoria en [[foresta]]s e fragas sombrizas. Pode ter múltiples [[Tronco (botánica)|toros]] dende o chan. En hábito de crecemento, toma formas de [[Pirámide (xeometría)|pirámide]] (especialmente cando é novo) ou de [[cúpula]], cando maduro.<ref name="gelderen">van Gelderen, C.J. & van Gelderen, D.M. (1999). ''Maples for Gardens: A Color Encyclopedia''.</ref> As [[folla]]s de 4-12 [[centímetro|cm]] de longo e ancho, palmadas lobuladas con 5-7-9 lóbulos agudos rematados en punta; de cores verdes ou purpúreas avermelladas tornándose vermellas brillantes polo outono. Algunhas especies son moi decorativas polas súas follas encarnadas púrpura transparentes na primavera, máis tenues polo verán, volvéndose vermello violáceas polo outono. As [[flor]]es están en pequenas [[cima (botánica)|cimacimas]]s, son individuais, con 5-[[sépalo]]s vermellos ou púrpuras e 5-[[pétalo]]s abrancazados. O [[froito]] consiste nun par de [[sámara]]s con ás, cada unha de 2-3 [[centímetro|cm]] de longo con [[semente]]s de 6-8 [[mm]]. As súas sementes e as de especies semellantes requiren se estratificar para [[xerminación|xermolaren]].<ref name="gelderen" /><ref name=rushforth>Rushforth, K. (1999). ''Trees of Britain and Europe''. Collins ISBN 0-00-220013-9.</ref>
 
Na natureza, ''Acer palmatum'' presenta considerábel [[variación xenética]], pois as [[sementeira]]s da mesma árbore paterna poden mostrar diferenzas en características como o tamaño e a forma da folla, ou a cor.<ref name="gelderen" />
 
Recoñécense tres [[subespecie]]s:<ref name="gelderen" /><ref name=rushforth />
* ''Acer palmatum'' subsp. ''palmatum''. Follas miúdas, 4–7 cm de largo, 5-7 lóbulos e marxes duplo serrados; ás de sementes de 10–15 [[mm]]; máis baixas altitudes a través do centro e sur do Xapón (Hokkaido fica excluído).
* ''Acer palmatum'' subsp. ''amoenum'' <small>([[Carrière]]) [[H.Hara]]</small>. Follas máis grandes, 6–10 cm de largo, 7-9 lóbulos e marxes simple serrados; ás de sementes de 20–25 mm. Maiores altitudes do Xapón e de Corea do Sur.
* ''Acer palmatum'' subsp. ''matsumurae'' <small>[[Koidz.]]</small> As máis grandes follas, 9–12 cm de largo, 7 (raramente 5 ou 9) lóbulos e marxes duplo serrados; ás de sementes de 15–25 mm. Maiores altitudes do Xapón.
[[Ficheiro:Acer palmatum BotGartenMuenster Faecherahorn 6691.jpg|thumb|Pradairo xaponés amosando a forma de [[cúpula]].]]
Pode medrar en áreas temperadas de todo o mundo, dende que fora exportada no [[s. XIX]] dende o Xapón, onde xa era cultivada dende hai moitos séculos.<ref name="gelderen" />
Numerosos [[cultivar]]es están dispoñíbeis comercialmente e son un ítem popular na [[xardinaxe]] de [[Europa]] e de [[América do Norte]]. Os cultivares de follas vermellas son os máis sonados, seguidos polos arbustos verdes con follas profundamente disectadas.<ref name="gelderen" /> É tamén unha elección popular e axeitada para entusiastas do [[bonsai]] e ten sido usada para esta arte a través da súa historia.
 
=== Condicións de crecemento ===
 
=== [[Especies]] semellantes ===
O termo "pradairo xaponés" tamén se usa para describir outras [[especies]] dentro de [[series (botánica)|series]] ''Palmata'', similar a ''A. palmatum'' e son nativas do Xapón, Corea, China incluíndo:
* '''''[[Acer duplicatoserratum]]''''' ([[sin.]] ''A. palmatum'' var. ''pubescens'' Li)
* '''''[[Acer japonicum]]''''' <small>[[Thunb.]]</small>- pradairo xaponés anano
* '''''[[Acer sieboldianum]]''''' <small>[[Miq.]]</small>- pradairo Siebold
 
Estes pradairos fenotipicamente variábeis dentro de cada especie, poden [[Híbrido (bioloxía)|hibridar]] con outros, distinguíndose entre eles puidendo ser materia de [[especiación|gradiente de especiación]]. En propagación comercial, ''A. palmatum'' é frecuentemente usado como [[portaenxertos]] desas outras especies.<ref name="gelderen" />
 
== Notas ==
* [http://www.rhs.org.uk/advice/profiles0403/acer_cultivation.asp RHS: cultivo de ''Acer palmatum'']
* [http://www.maillot-erable.com/index-en.html Colección de pradairos (''Acer palmatum'') por Guy Maillot ("en inglés")]
 
 
[[Categoría:Acer|xaponés]]
[[Categoría:Árbores]]
[[Categoría:OrnamentaisPlantas ornamentais]]
[[Categoría:Flora de Asia]]
393.002

edicións