Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado contén texto xeorxiano e cirílico
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 81:
Desde o II milenio adC, Abkhazia foi arrasada por invasións de pobos provenientes das estepas de [[Asia Central]], como os [[hititas]], [[celtas]], [[medos]] e [[persas]]. Por eses anos, os proto-kartvelianos formaron tres grupos étnicos ben diferenciados: os [[svans]], os [[zans]] e os [[kartvelianos]] orientais. Mentres os svans permaneceron en Abkhazia, os kartvelianos asentáronse no centro da actual Xeorxia, e os zans distribuíronse na provincia de [[Samegrelo]] e ao longo das costas do Mar Negro, ata as inmediacións de [[Turquía]].
 
=== Reino de Cólquida ===
Entre os séculos IX e VI antes de Cristo, foi instaurado o reino de [[Cólquida]] anexando gran parte das zonas habitadas por svans e zans. Baixo dominación cólquida, Abkhazia recibiu gran número de inmigrantes gregos, que se estableceron en colonias da zona costeira. Algunhas cidades fundadas foron Pitiys, Dioscurias e Phasis, correspondentes ás actuais Pitsunda, Sukhumi e Poti.
 
Liña 88:
Ao caer o Imperio Helenístico de Alexandre, sobreveu un longo período de caos e confusión. Exemplo disto foi a fundación no ano 302 adC, por parte de Mitrídates I, do [[Reino do Ponto]], nas costas turcas do Mar Negro. A comezos do ano 120 adC, o rei [[Mitrídates VI Eupator]] iniciou a conquista de Cólquida. Durante eses anos, Mitrídates aliouse co reino da [[Grande Armenia]] para loitar contra o invasor [[Imperio Romano]] a cargo de [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]]. As terras de Abkhazia serían escenario de cruentas batallas ata a caída do Ponto, no 63 adC.
 
=== Lazica ===
[[Ficheiro:2014 Nowy Aton, Twierdza Anakopia (02).jpg|thumb|right|Ruinas dun antigo castelo en [[Anacopia]], a capital durante a época bizantina]]
O devastado reino de Cólquida caeu entón baixo dominación romana e foi convertido na provincia de [[Lazica]]. A helenización que comezara desde a chegada de Alexandro Magno, foi profundada durante estes anos. A pesar da longa loita entre romanos e partos polo control da zona, a rexión de Lazica mantívose florecente e en relativa paz, a pesar dalgunhas incursións militares dos partos desde o oriente.
Liña 96:
Tras varios anos de autogoberno, Abkhazia foi reincorporada ao Imperio Bizantino en 562. Durante máis de 150 anos, Lazica viviu un novo período de paz e prosperidade.
 
=== Reino de Abkhazia ===
En 656, as tropas árabes do [[Califato Omeya]] invadiron os reinos cristiáns do Cáucaso, mentres Lazica resistiu. O establecemento do [[Emirato de Tefelis]] provocou a fuxida dos habitantes kartvelianos do destruído reino de Iberia cara ao oeste. Así, Lazica, tradicionalmente habitada polos svans e os zans viuse ocupada por etnias xeorxianas.
 
Liña 138:
Co pretexto de que os zviadistas secuestraran ao Ministro do Interior de Xeorxia e mantíñano cativo en Abkhazia, o goberno de Tiflis enviou a máis de 3.000 militares cara á provincia rebelde para restaurar a orde, dando inicio á guerra o 14 de agosto. Fortes combates estalaron entre o exército xeorxiano e as milicias Abkhazias nas proximidades de Sukhumi, os que non evitaron que o día 18, o Exército de Xeorxia lograse entrar na capital, controlando gran parte do territorio e provocando a fuxida do goberno de Abkhazia.
 
A derrota dos rebeldes provocou, nunha primeira instancia, a formación dunha Confederación de Pobos Montañeses do Cáucaso: unha agrupación paramilitar de diferentes pobos prol-rusos ([[osetios]], [[cosacos]], [[chechenos]], etc.) da zona. Centos de voluntarios provenientes de Rusia, como Shamil Basayev, sumáronse á causa separatista abkhaza. A pesar de que o 3 de setembro negociouse en [[Moscova]] un plan de cesamento de hostilidades, Gagra foi atacada o 2 de agosto polas tropas da CPMC, sendo executada a maior parte da poboación xeorxiana da cidade. Gudraga e Tkvarcheli caeron posteriormente, sumándoselles membros do exército ruso acantonados nestas cidades.
 
Aínda que Rusia declarábase neutral no conflito, existen moitos testemuños de bombardeos de tropas xeorxianas por parte de avións rusos. Shevardnadze acusou a Rusia de realizar unha guerra non declarada contra Xeorxia, teoría que se viu reforzada cando foron capturados militares rusos entre os separatistas, motivando que o [[11 de marzo]] de 1993, as tropas xeorxianas derrubasen un avión militar ruso que sobrevoaba o territorio abkhazo.
Liña 219:
A moeda utilizada é o [[rublo ruso]]; o dólar estadounidense pode ser cambiado nos bancos de Sukhumi, Gagra, Gali e Gudauta. O lari, moeda de Xeorxia, está prohibido
 
== Notas e referencias ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.abkhaziagov.org/en/ Presidencia da República de Abkhazia. Sitio oficial (en, ru, ab, tr)]