Die Traumdeutung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: de:Traumdeutung#Sigmund Freud (strong connection between (2) gl:A interpretación dos soños and de:Die Traumdeutung)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 22:
A obra introduce o concepto de [[Ego, superego e id|Eu]], e describe a teoría de Freud do [[inconsciente]] no que concerne á [[interpretación dos soños]]. Os [[soño]]s, dende o punto de vista freudiano, constitúen formas de "cumprimento do desexo" — tentativas do inconsciente para resolver un conflito dalgunha clase, xa sexa algo recente ou algo procedente en grao sumo fondo do pasado (máis tarde en ''Máis aló do Principio de Pracer'' Freud falaría dos soños que non parecían constituírse en cumprimento de desexo). Con todo, debido a que a información no inconsciente se atopa nunha indomable e a miúdo perturbadora forma, un "censor" no [[preconsciente]] non permitirá que pase inalterada á consciencia. Durante os soños, o preconsciente é máis laxo neste deber que en horas de vixilia, pero aínda está atento: como tal, o inconsciente debe falsear e deformar o sentido da súa información para que poida pasar a través da censura. Así, as imaxes nos soños a miúdo non son o que parecen ser, segundo Freud, e necesitan dunha profunda '''interpretación''' para que poidan informarnos sobre as estruturas do inconsciente.
 
Freud basea a súa argumentación na revisión inicial de traballos científicos previos de análises dos soños, que atopa interesantes mais inaxeitados. A continuación describe unha serie de soños que ilustran a súa teoría. Moitos dos seus soños máis importantes son propios — o seu método é inaugurado cunha análise do seu soño "[[A inxección de Irma]]" — pero moitos tamén proceden de estudos de casos de pacientes. A maior parte das fontes de Freud para a análise están na literatura, e o libro é tanto un autoconsciente intento de análise literaria como un estudo psicolóxico. Freud aquí tamén examina en primeiro lugar o que máis tarde se convertería na teoría do [[complexo de Edipo]].
 
A tirada inicial do libro foi moi baixa — tomou moitos anos vender as primeiras 600 copias. Freud revisou o libro polo menos oito veces, e na terceira edición engadiu unha ampla sección que trataba do simbolismo dos soños moi literalmente, por mor da influencia de [[Wilhelm Stekel]]. Máis tarde, os psicanalistas expresaron a súa frustración con esta sección, xa que alenta a idea de que a interpretación dos soños era unha sinxela procura dos símbolos de sexo, penes, etc. (Exemplo: "Inclinacións empinadas, escaleiras e chanzos, subíndoos ou baixándoos, son representacións simbólicas do acto sexual"). Estes enfoques foron en gran parte abandonados en favor de métodos máis comprehensivos.
 
Amplamente considerada como o seu máis importante contribución á psicoloxía, Freud dixo da súa obra: "Un descubrimento como este correspóndese a un de entre moitos, pero só albíscase unha vez na vida".
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Marinelli, Lydia and Andreas Mayer A. (2003) ''Dreaming by the Book: A History of Freud's 'The Interpretation of Dreams' and the Psychoanalytic Movement'', New York: Other Press. ISBN 1-59051-009-7 (Mayer e Marinelli exploran mudanzas textuais en diferentes versións de ''A interpretación dos soños'' e ofrecen un reconto histórico de cómo o libro se convirtiu no texto fundacional do movemento psicoanalítico).
* "The Language of Psycho-Analysis", [[Jean Laplanche]] et J.B. Pontalis, Editeur: W. W. Norton & Company, 1974, ISBN 0-393-01105-4
 
=== Outros artigos ===
* [[Sigmund Freud]]
* [[Psicanálise]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.elortiba.org/pdf/freud_suenos.pdf ''La interpretación de los sueños''. Tradución Luis López Ballesteros]
* [http://www.scribd.com/doc/7236844/La-Interpretacion-de-Los-Suenos-I-1900 ''La interpretación de los sueños''. Tomo IV. Tradución José Luis Etcheverry]
* [http://www.scribd.com/doc/7236850/La-Interpretacion-de-Los-Suenos-II-1900 ''La interpretación de los sueños''. Tomo V. Tradución José Luis Etcheverry]
 
{{ORDENAR:Interpretación dos soños, A}}
 
[[Categoría:Sigmund Freud]]
[[Categoría:Ensaio]]