A Sariña, Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 25:
}}</ref>, deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.
 
== Economía ==
As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os [[tomate]]s, [[pataca]]s, froita de tempada, etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do [[viño]] promovida pola proximidade da coñecida [[Ribeira Sacra]] lucense.
 
Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.
 
== Patrimonio ==
A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como '''Igrexa de Santa María da Sariña'''. Construída na primeira metade do [[século XVIII]], presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características [[barroco|barrocas]], cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romaría do día [[9 de setembro]], que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares da Sariña ===
{{Lp A Sariña}}
=== Parroquias de Chantada ===
{{Chantada}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Chantada]]
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{ORDENAR:Sariña}}
 
[[Categoría:Parroquias de Chantada]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Vicente]]