ARN transferente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 29:
As reaccións que se producen son:
# aminoácido + [[adenosín trifosfato|ATP]] → aminoacil-AMP + [[Pirofosfato|PPi]]
# aminoacil-AMP + ARNt → aminoacil-ARNt + [[AMP]]
 
Ás veces, certos organismos poden carecer dunha ou de máis [[aminoacil ARNt sintetase]]s. Isto orixina que o ARNt cargue un aminoácido incorrecto. Nese caso outro encima debe corrixir o aminoácido errado e modificalo para que sexa o correcto. Por exemplo, a bacteria ''[[Helicobacter pylori]]'' carece da glutaminil-ARNt sintetase (que carga glutamina no ARNt), e, por tanto, a glutamato-ARNt sintetase (da que non carece) carga incorrectamente no ARNt [[glutamato]] en lugar de [[glutamina]]. Posteriormente o encima amidotransferase converte a cadea lateral do glutamato na cadea lateral da glutamina, desfacendo o erro e formando o correcto ARNt<sup>Gln</sup>.
Liña 41:
O [[ribosoma]] ten tres sitios ou centros de unión para os ARNt que ocupan o espazo entre as dúas subunidades do ribosoma. Son os seguintes: sitio A (aminoacil), P (peptidil), e E (de expulsión ou saída). No sitio A entra un ARNt co novo aminoácido que se vai incorporar á proteína. No sitio P está o ARNt que leva a cadea polipeptídica en crecemento. O sitio E é un centro desde onde se expulsan os ARNt que xa deixaron o seu aminoácido no ribosoma e acabaron a súa misión.
 
Ademais, o ribosoma ten outros dous sitios de unión para os ARNt que se usan durante a descodificación do [[ARNm]] ou durante a iniciación da [[tradución (proteínas)|tradución de proteínas]]. Son o sitio T (para o chamado [[factor de elongación Tu]]) e o sitio I (de iniciación).<ref name="Agirrezabala X, Frank J 2009 159–200">{{cite journal|author=Agirrezabala X, Frank J |title=Elongation in translation as a dynamic interaction among the ribosome, tRNA, and elongation factors EF-G and EF-Tu|journal=Q Rev Biophys |volume=42 |issue= 3|pages= 159–200 |year=2009|pmid= 20025795 |doi=10.1017/S0033583509990060|url=http://dx.doi.org/10.1017/S0033583509990060|pmc=2832932}}</ref><ref name="Allen GS, Zavialov A, Gursky R, Ehrenberg M, Frank J 2005 703–712">{{cite journal|author=Allen GS, Zavialov A, Gursky R, Ehrenberg M, Frank J |title=The cryo-EM structure of a translation initiation complex from Escherichia coli|journal=Cell|volume=121 |issue=5 |pages= 703–712 |year=2005 |pmid=15935757 |doi=10.1016/j.cell.2005.03.023|url=http://dx.doi.org/doi:10.1016/j.cell.2005.03.023}}</ref> Por convención, os sitios de unión do ARNt denótanse con dúas letras, xa que ás veces están formados por partes distintas, e sempre se pon primeiro a parte que está na subunidade menor do ribosoma e despois a que está na maior; por exemplo, o sitio A escríbese a miúdo como A/A, o P como P/P, etc.<ref name="Agirrezabala X, Frank J 2009 159–200"/>
 
Unha vez que se inicia a tradución, o primeiro aminoacil ARNt colócase no sitio P/P, listo para iniciar un ciclo de elongación. Durante a elongación da proteína, o ARNt únese primeiro ao ribosoma formando parte dun complexo co factor de elongación Tu ([[EF-Tu]]) bacteriano ou o seu equivalente eucariótico ([[eEF-1]]). Este sitio de unión inicial chámase sitio A/T porque a el se unen o ARNt e o factor Tu. No sitio A/T, a parte A está situada na subunidade menor do ribosoma, onde tamén está localizado o sitio de descodificación do ARNm, que é o sitio onde se le o [[codón]] do [[ARNm]] durante a tradución. A parte T do sitio está situada principalmente na subunidade maior do ribosoma, onde o factor EF-Tu bacteriano (ou o eEF-1 eucariótico) interacciona co ribosoma.
Liña 47:
Unha vez que a descodificación dese codón do ARNm está completa, o aminoacil-ARNt está unido no sitio A/A e está listo para establecer o seguinte enlace peptídico con outro aminoácido. No sitio P/P atópase o peptidil-ARNt que vai transferir o polipéptido en crecemento ao aminoacil-ARNt do sitio A/A (é dicir, todo o polipéptido en crecemento únese ao novo aminoácido acabado de chegar). Cando se forma o enlace peptídico, o ARNt do sitio P/P é perde o polipéptido, e quédalle o extremo 3’ libre, mentres que o ARNt do sitio A/A recolle toda a cadea poplipeptídica en formación, que agora é un aminoácido máis longa, xa que se establece un [[enlace peptídico]] entre o polipéptido e o aminoácido que levaba dito ARNt. Para permitir que comece un novo ciclo de elongación, os ARNt móvense a través do sitio híbrido A/P e P/E, e acaban situándose nos sitios P/P e E/E. O ARNm tamén se move un codón e o sitio A/T queda baleiro e preparado para que entre nel un novo ARNt nun novo ciclo de elongación. Finalmente, o ARNt situado no sitio E/E abandona o ribosoma.
 
En realidade, o primeiro sitio que recibe o aminoacil ARNt nas bacterias é o sitio P/I do ribosoma, no cal se sitúa o factor de iniciación chamado [[IF2]] en bacterias, que trae o ARNt.<ref name="Allen GS, Zavialov A, Gursky R, Ehrenberg M, Frank J 2005 703–712"/> Non obstante, a existencia deste sitio P/I nos ribosomas de [[célula eucariótica|eucariotas]] e [[arquea]]s non foi aínda confirmado.
 
== Xenes dos ARNt ==