Dalia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Bot: Substitución da categoría "Ornamentais" pola categoría "Plantas ornamentais"; cambios estética
Liña 26:
O nome xenérico ''Dahlia'', o nome galego, e en xeral de todas as linguas occidentais, vén do botánico sueco A. Dahl, 1751-1787, que introducíu a planta en Europa.
 
== Descrición ==
É unha herbácea de porte medio, perenne. Cando é adulta, a planta chega a atinxir os 1,50 metros.
A mayoría das dalias son plantas herbáceas ou arbustivas, ás veces [[Epífito|epífitas]] ou [[Planta rubideira|rubideiras]]. As herbáceas son anuais, pois a súa follaxe desaparece no inverno, mais as súas [[Raíz tuberosa|raíces tuberosas]] fican soterradas, de onde agroman novas planta na seguinte estación de choivas. As arbustivas son perennes e polo xeral teñen raíces tuberosas moi desenvolvidas. Os [[talo]]s son ocos (de aí o nome en náhuatl “Acocoxóchitl”) ou compactos e, as [[folla]]s son opostas ou verticiladas (orixínanse arredor dun mesmo punto e se distribúen en diferentes direccións), simples a tres veces compostas. A follaxe varía entre láminas enteiras e láminas divididas.
Liña 32:
As flores están formadas de varias estruturas (compostas) que en conxunto se denominan ''cabeciñas'': [[Flor ligulada|flores liguladas]] (en forma de lingua) ubicadas ao exterior, cuxa aparencia é semellante á dun [[pétalo]] (brancas, moradas, amarelas ou vermellas); e as [[Flor tubulosa|tubulares]] ou flores de disco (amarelas ou moradas), que se asemellan a un prato, ambas as dúas fican dispostas sobre unha base común chamada receptáculo. <ref>(Calderón y Rzedowski,2001).</ref> En conxunto forman o [[capítulo (botánica)|capítulo]]. Na actualidade, as dalias chamadas duplas incrementaron o número e tamaño de flores liguladas. Os [[froito]]s son secos, dunha soa semente e [[indehiscente]]m, [[aquenio]]s de forma oval lanceolada. As follas semellan ser máis diversas entre as especies cás mesmas flores.
 
== Historia ==
É orixinaria do [[México]], onde é moi popular. Os indios precolombianos daquela rexión foron os primeiros a cultivar dalias, aínda no período do [[Azteca|imperio Azteca]]. Contra o final do [[século XVIII]], o director do [[Xardín Botánico de Madrid]] encantouse coa flor durante unha visita a México. Foi de abondo para que a dalia atravesase o océano e chegase a [[Europa]], onde se adaptou moi ben ao [[clima temperado]].
 
Liña 39:
Hoxe, grazas ao xurdimento de varios híbridos, podemos encontrar diversos tipos de dalias, o que resulta nunha gran variedade de formas (pompón, bóla, decorativa etc.) e cores (branca, alaranxada, vermella, amarela, ''pink''). Son máis de 3.000 variedades resultantes de cruzamentos con outras especies, coma os [[crisantemo]]s, por exemplo.
 
== Cultivo ==
A reprodución é por medio de sementes, escallos ou división das raíces tuberosas; esta última forma permite a propagación dun exemplar con características idénticas ás da planta nai.
O substrato ideal para o plantío constará de dúas partes de terra común, dúas partes de terra vexetal e unha parte de area. Os solos de Galiza acostuman ser favorábeis para o seu cultivo.
Liña 48:
 
=== Variedades de dalias ===
* Dahlia "Firebird"
* Dahlia "G.F. Hemerick"
* Dahlia "Garden Wonder"
* Dahlia "Gina Lombaert"
* Dahlia "Glorie Van Naardwijk"
* Dahlia "Glorie Heemstede"
* Dahlia "Glory F. Hemerick"
* Dahlia "Glow"
* Dahlia "Hartenaas"
* Dahlia "Hit Parade"
* Dahlia "House of Orange"
* Dahlia "La Gioconda"
* Dahlia "Lady Linda"
* Dahlia "Lavender perfection"
* Dahlia "Lucky Number"
* Dahlia "Musette"
* Dahlia "Nuit d'été"
* Dahlia "Orange Nugget"
* Dahlia "Orange Wealt"
* Dahlia "Park Princess"
* Dahlia "Patty"
* Dahlia "Pianella"
* Dahlia "Playa blanca"
* Dahlia "Pomponnette"
* Dahlia "Popular Guest"
* Dahlia "Prefere"
* Dahlia "Preference"
 
<gallery>
Liña 87:
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 93:
{{Commons|Dahlia}}
=== Outros artigos ===
* [[Raíz tuberosa]]
 
[[Categoría:Coreopsideae]]
[[Categoría:Flores]]
[[Categoría:OrnamentaisPlantas ornamentais]]
[[Categoría:Flora de América do Norte]]
[[Categoría:Símbolos de México]]