Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

parroquia civil do concello de Castro Caldelas
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: thumb|200px|pueblo de vilamaior XEOGRAFIA POLITICA E SITUACION. Vilamayor de Caldelas (fai anos a denominacion era de Vilamayor a secas) e unha das parroqu...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de abril de 2007 ás 18:39

XEOGRAFIA POLITICA E SITUACION. Vilamayor de Caldelas (fai anos a denominacion era de Vilamayor a secas) e unha das parroquias do concello de Castro Caldelas, pertenecente a provincia de Ourense. Consta de cinco aldeas, por orden de habitantes, e de maior a menor: a propia Vilamaior, Os Casares, Casfiel, Villardoleiros e O Carballo, está ultima, a non ser por os posibles fantasmas, sin moradores desde fai xa varios anos; Se ordeamos pola extensión dos núcleos de construciós, tamén de maior a menor: Vilamaior, Casfiel, Os Casares, Villadoleiros e O Carballo. As parroquias colindantes son O Burgo, Sas de Penelas (San Fiz) e Castrelo (xa pertenecente o Concello de Xan Juan de Rio). Por carretera, dista a unhes 6 km. da capital do Concello (Castro Caldelas), a 52 de Ourense, a unhes 485 de Madrid, a 3 de Sas de Penelas, a 16 de Pobla de Trives, a 32 da estacion invernal de Cabeza de Manzaneda (por un camiño con trazado directo, habría unhes oito km; a pé, polo monte, facendo senderismo, podriase ampliar a dez).

Ficheiro:Vilamaior--.jpg
pueblo de vilamaior

XEOGRAFIA FISICA. Situada na falda dunha especie de cadea montañosa que ten o nome de “Serra Do Burgo” e que enlaza o forma parte das cadeas de montañas do mazizo galaico-portugues. Respecto do nivel do mar, atopase a unhes 750 m. de altitude, e a parte montañosa correspondente que a protexe polo sur, ten un máximo desnivel de unhes 1050 m. (ainda que a Serra lo Burgo, en outra parte, alcaza os 1250 m. aprox.). Esta protección natural polo sur, e algo menos polo este, pero non polo norte (ou moito menos pronunciado polo norte), atenua as temperaturas mais altas, pero non tanto as baixas; por esta circunstancia natural, aparte de pola altura a que se atopa, e tamén por ser unha zona interior, as xeadas son moito mas frecuentes, duraradeiras e dañinas que noutros pueblos ou parroquias con distinta protección orográfica. Aproximadamente, contando a extension das construcios e do terreo productivo propiedad dos veciños pode ter a parroquia unhas 200 Ha. Sumando os montes e terreo comunal, podría subir hasta as 500 Ha. Non hay rios importantes que atravesen a demarcación da parroquia; a mayoría son regatos, muy torreciales (con moito desnivel) a seu paso pola montaña, cheos de auga no inverno e que se van secando a medida que o vrau avanza. Nos ultimos anos, posiblemente debido o cambio climático, comenza a haber problemas de abastecemento de auga.

DEMOGRAFIA. Se ben alguns veciños, xa mayores (e alguns que xa morreron) falaban que a principio do século XX estaba moito mais poblada a parroquia (chegaban a falar de unhes posibles 400 veciños), ahora, a marzo do 2007, mais o menos quedan, como residentes fixos, e decir, viven case que todo ano na parroquia, unhes vintecinco en Vilamaior, cuatro en Casfiel, tres en Villardoleiros, e nos Casares poden ser cuatro. A parroquia foise despoblando paulatinamente, aparte de pestes e guerras, a emigración as “americas” no primeiro terzo do siglo pasado, logo as “suizas” no segundo terzo, ademais de marchar a outras cidades da nación con posibilidades de traballo ou de negocio, pouco a pouco foron mermando os veciños. Como dato curioso, e relacionado, decir que, por exemplo, en Vilamaior solo hay un pequeno que está indo a escola; na totalidade da parroquia parece que solo suman duas unidades. Pola decada 1960-1970, estando a escola en Casfiel (ahora todos os rapaces do Concello van a misma escola, a da “capital” do Concello) nalgun momento alcanzaronse unhes trinta rapaces na escola. Unha clase con un solo mestre ou mestra pa todos os cursos.

ECONOMIA. A xente sempre viviu do “campo”, da agricultura e da ganaderia, algo da silvicultura (explotacion da madeira) pero muy pouco. Básicamente sempre se tratou de economias de subsistencia basadas no cultivo da terra en reximen de minifundio (tipico da rexión, e de gran parte de Galiza), hasta limites casi que impracticables, a non ser ca aixada ou co sacho. Con axuda da ganadería que era a que, principalmente, proporcionaba un extra ou plus de ingresos os cuales permitían mercar productos, utensilios, etc.que non se podian producir ou conseguir co propio traballo. En cuanto os culivos, o que mais se sementa: as patacas e o centeo (a fecha deste artículo, xa prácticamente de centeo, nada); tamén millo, remolacha, garbanzos, fabas, leitugas, tomates; danse as mazas, cereixas, peras e pavias. As xeadas sempre foron moi problemáticas, e moitas veces arruinaron a cosecha. Anos atrás non había moita “largeza”, alguas familias chegaron a pasar fame. Ahora, ca despoboación, os que quedan xa poden conseguir maís terra, tocan a mais, e vese como alguas familias empezan a desenrolar explotacios que van máis ala da subsistencia, principalmente conectadas ca ganadería (venta de leite e de animais pra carne). Por outro lado, unha parte importante do terreo productivo está, como dicen no pobo, “ o ermo”, e decir, deixouse de traballar e volveuse improductivo mais que nada por que acabou cheo de maleza, resultando impraticable e case impenetrable nalgus casos. Unha rémora importante e derivada do tradicional “status estructural” do terreo productivo, o “multiplicador” do minifundio , divisios e mais divisios de un trozo de terreo que se foron producindo cos correlativos repartos hereditarios. O aparcelamento, algo que xa se puxo en marcha noutros concellos ou parroquias, a de Vilamaior non chegou. Dicen os veciños que e por falta de “unión”. E posible.

HISTORIA. Falan que xa os romanos se estableceron na demarcación da parroquia; por o fondo do pobo de Vilamaior, concretamente correspondendo co norte, pasaba (todavía pasa) a Via Nova, ou Via XVIII (comunicaba a ciudad de Astorga –Asturica Augusta- con Braga – Bracara Augusta, en Portugal-, con 320 km. de longitud, inaugurandose sendo emperador Tito, polo ano 79 d.c.). Nalguas fontes dicese que unha das mansios (se citan no “Itinerario de Antonino”, e eran instalacions que se creaban, cada certos km., o lado das vias romanas, e servian pra facilitar descanso, comida e incluso protección os viaxeiros, pra relevar os animais de tiro, arreglar averías, etc.), a Mansion Praesidio, podría esta situada precisamente o lado da via romana o seu paso por Vilamaior. Xente do pobo, dice, por oídas, por trasmision de unhas xeneracios a outras, que nalgun tempo, sobre todo en epocas de moita choiva (erosionaba o terreo), o lado da referida vía atoparonse restos de cerámica antiguos e vianse as bases de alguas partes edificios xa desmorronados. Hay outros relatos nos que se di que nun tempo, o pobo de vilamaior, que estaba construido a menor altitude que na actualidade, foi asolagado: producto de fortes chuvias, e debido o desnivel do terreo (pasase de 750 a 1050 m. de altitud en aprox. unhes 600 m. de recorrido, o que daria unha pendiente media de un 50%) e posible que se inundara. Logo tuveron que construir a mais altitud. Non se sabe si eso que decian era pra explicar o atopamento dos restos comentados, ou ben, realmente había todo un pobo que foi anegado por as augas. Tamen hay “historias” de que estuveron os franceses, (a invasion napoleonica) de que queimaron alguas casas e das alladas que fixeron. Das costrucios que todavia sobreviven, hay alguas casas nas que figura como feitas a primerios do siglo XVIII.

TURISMO, OCIO. A xente da parroquia sole ser “parrandeira”, gusta do xogo das cartas, da charla tranquila e sosegada, sin prisa. En Vilamaior hay como unha especie de centro de reunión, que queda polo medio do pueblo, donde, cando vai bon tempo, a xente xuntase pra parolar: o paredon. Antes, cando chovia, xuntanbase nun chamizo que estaba cerca do paredon. Polas largas noites de inverno eran tipicas as xuntanzas de mozos e mayores, que quedaban nalgua casa pra probar o viño e xogar as cartas. Algo mais atrás no tempo, os mozos e mozas xuntabanse nos fiadeiros, ali pasaban o rato con xogos, contos, risas e amores. Tamen se celebraba o entroido (carnavales): os disfrazados iban pedindo chourizos polas casas. Pra andar pola noite, endendianse os fachos: mazos de palla que ardían procurando iluminacion. Non fai moitos anos que puxeron o alumbrado publico. No vrau, habia festas en case que todas as parroquias. A festa de Vilamaior e o oito de setembre, en honor ou honra da Virxen dos Remedios. Ultimamente, se ben se celebran os ritos relixiosos (procesión, misa solemne, etc) e a festa de pote (gastronómica), xa non se fai baile; é muy normal, como non quedan mozos, quen vai facer a festa. Comentan que nalgun tempo, a festa dos Remedios de Vilamaior era mais grande (viña mais xente a festa) que a da capital do concello, que tamén e misma virxe a que honran. A parroquia ten posibilidades de acoller turismo rural, pero, polo momento (marzo 2007) ainda naide se atreveu o viu a oportunidad de montar un negocio de hospedaxe que permita a estancia de posibles turistas gustadores da naturaleza, do campo, do rural. Sin embargo, dado o caracter amistoso e hospitalario de xente, calquer visitante con boas intencios, pode ser atendido por calquer veciño para facilitarlle informacion e posiblemente outros servicios.


Iste articulo escribese en galego, utilizandose nos máximos terminos posibles, o que se fala (ou como se fala) na zona donde radica a parroquia, non o galego “normativo”. Pra atopar información relacionada, entre outros, podese consultar na propia wikipedia o termino “castro caldelas”. Publicado por Ourencio.