Diferenzas entre revisións de «Rogelio Martínez González»

m
Desfixéronse as edicións de 91.116.78.85 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
m (Desfixéronse as edicións de 91.116.78.85 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0)
No ano [[2005]], sendo alcalde da Arnoia, autorizou unha obra prohibida pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Ourense nas inmediacións dun conxunto de [[arquitectura]] relixiosa cualificados como [[Ben de Interese Cultural]] (BIC). Patrimonio impúxolle unha multa de 5.000 euros que saldou con diñeiro das arcas municipais.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/superdelegado/Ourense/autorizo/obra/prohibida/Patrimonio/elpepuespgal/20101207elpgal_4/Tes El 'superdelegado' de Ourense autorizó una obra prohibida por Patrimonio]. www.elpais.com, 07/12/2010. {{es}}</ref>
 
Dende xaneiro do [[2010]] Martínez está sendo investigado por suposta fraude no reparto de fondos europeos. O PSOE entregou ó xuíz facturas de pagos a empresas de Martínez con cargo a subvencións europeas. No 2009 unha sentencia da [[Audiencia Nacional]] acreditou que Martínez certificara falsamente obras nunca realizadas para cobrar 54.000 euros en axudas da UE para un organismo local que el presidía. As facturas acreditan pagos a un restaurante propiedade de Martínez e a unha axencia de viaxes dun irmán seu. O concello da Arnoia tampouco puido xustificar o destino de outros 64.000908 euros procedentes da [[Unión Europea]]. Segundo a fiscalía, cando Martínez era alcalde da Arnoia, e en calidade de presidente do grupo de acción local Ceivam, Martínez certificou axudas europeas do plan Leader para a construción de instalacións que xa existían, o que supón o recoñecemento de que o diñeiro percibido por Ceivam foi desviado. Segundo a documentación aportada polo BNG, en 1999 a sociedade Actuar S.L., da que Martínez era socio maioritario, pediu unha axuda para construír unha planta de biomasa, para o cal adquiriu a cesión de uso duns terreos municipais por 1,2 millóns de pesetas. No convenio asinado polo concello e a SAT (Sociedad Agraria de Transformación) O Carballo consta unha nave existente na parcela, a mesma para cuxa construción solicitou Martínez a subvención da UE.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/cargo/Xunta/beneficio/fondos/UE/elpepiesp/20100106elpepinac_7/Tes Un cargo de la Xunta se benefició de fondos de la UE]. www.elpais.com, 06/01/2010. {{es}}</ref><ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/tecnico/Ourense/confiesa/falseo/certificacion/elpepiautgal/20100702elpgal_4/Tes Un técnico de Ourense confiesa que falseó una certificación]. www.elpais.com, 02/07/2010. {{es}}</ref><ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fiscal/aprecia/delegado/Ourense/falsifico/documento/elpepiautgal/20100701elpgal_9/Tes El fiscal aprecia que el delegado en Ourense falsificó un documento]. www.elpais.com, 01/07/2010. {[{es}}</ref>
 
 
176.687

edicións