José María Chao Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*botiquín>caixa de auxilios
Liña 10:
A Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e en 1843 a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o Ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo.
 
Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera morbo que padeceu a [[provincia de Pontevedra]] arredor en 1854, polo que recibiu o recoñecemento da Xunta de Sanidade. Por este motivo publicou ''Específico contra el cólera'' (1854), na que expón os síntomas do cólera e o emprego dun medicamento co que obtivo beneficiosos resultados entre a poboación afectada. A preocupación polo tema sanitario, manifestada tamén nas denuncias contra a violación das disposicións sanitarias e as irregularidades que se cometían no lazareto da [[illa de San Simón]], fixo que en 1858 a Xunta provincial de Sanidade lle confiase a dirección facultativa do botiquíncaixa de urxencias que debía establecerse neste lazareto e a subministración das fumigacións.
 
Pai de [[Eduardo Chao Fernández|Eduardo]] e [[Alejandro Chao Fernández]].