Parede celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
A [[pectina]] é outro compoñente importante das paredes celulares . Hai pectinas ácidas e básicas. É un polisacárido non fibrilar, rico en [[ácido galacturónico|ácido D-galacturónico]], heteroxeneamente ramificado e moi hidratado. Os compoñentes maioritarios da pectina son: os [[homogalacturonano]]s e [[ramnogalacturonano]]s I. A matriz de pectina determina a porosidade da parede e proporciona cargas que modulan o [[pH]] da parede.
 
A [[lignina]] e a [[suberina]] son [[polímero]]s complexos compostos por [[fenilpropanoide]]s e alcohois [[composto aromático|aromáticos]]. Acumúlanse nalgunhas paredes secundarias e, en casos excepcionais, en paredes primarias. A lignina, a suberina e ceras como a [[cutina]], confírenlle impermeabilidade á auga aos tecidos nos que se depositan. A lignificación masiva converte os tecidos en madeira, e a suberificación en cortiza. Pode haber depósitos de suberina en só unha parte da parede da célula, como sucede nas [[banda de Caspary|bandas de Caspary]] da [[endoderme]].
 
==== Proteínas ====