Isaac Newton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi substituído por "{{1000}} * {{ORDENAR:Newton, Isaac}} Categoría:Personalidades da física Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Químicos do..."
m Desfixéronse as edicións de 193.144.37.215 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Liña 1:
{{1000}}
{{Científico
*
|nome = Isaac Newton
|imaxe = GodfreyKneller-IsaacNewton-1689.jpg
|ancho_imaxe = 200px
|nome_completo = Sir Isaac Newton
|nacemento = [[4 de xaneiro]] de [[1643]]
|lugar_nacemento = {{ENGb}} [[Woolsthorpe]], [[Inglaterra]]
|morte = [[31 de marzo]] de [[1727]] <small>(84 anos)</small>
|lugar_morte = [[Gran Londres|Kensington]], [[Reino de Gran Bretaña|Gran Bretaña]]
|soterrado = [[Abadía de Westminster]]
|residencia = {{ENG}}
|nacionalidade = [[Inglaterra|Inglés]] <small>(despois británico)</small>
|campo = [[Física]], [[Matemáticas]], [[Filosofía da natureza|Filosofía natural]], [[Astronomía]], [[Teoloxía]], [[Alquimia]] e [[Economía]]
|alma_mater = Trinity College, [[Universidade de Cambridge|Cambridge]]
|institucións = [[Universidade de Cambridge]]<br>[[Royal Society]]<br>Royal Mint
|alumnos_doctorais = Roger Cotes<br />William Whiston
|coñecido = [[Leis de Newton]], [[mecánica clásica]], [[cálculo infinitesimal]], [[óptica]], ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica|Principia Mathematica]]''
|influído = [[Johannes Kepler]], [[Robert Boyle]]
|influíu = Fatio de Duillier, John Keill
|relixión =
|sinatura = Isaac Newton signature.svg
}}
'''Isaac Newton''', nado en Woolsthorpe, [[Lincolnshire]], o [[4 de xaneiro]] de [[1643]] e finado en [[Londres]] o [[31 de marzo]] de [[1727]], foi un [[Física|físico]], [[matemáticas|matemático]] e [[astronomía|astrónomo]] inglés. A súa contribución máis notable foi a [[lei da gravitación universal]], sobre a que [[Joseph Louis Lagrange|Lagrange]] escribiu: "o sistema do mundo descúbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con [[Leibniz]], do [[cálculo infinitesimal]]. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a [[lei da gravidade]]. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.
 
== Traxectoria ==
Naceu o día de Nadal de 1642. Aos 18 anos foi enviado a [[Cambridge]], onde se distinguiu pouco a pouco dos demais alumnos e fixo moitas contribucións importantes á ciencia, sendo os chamados [[Principios de Newton]] os máis coñecidos. Estudou no [[Trinity College]], en [[Cambridge]], graduándose en [[1665]]. Un dos principais precursores da [[Ilustración]], o seu traballo científico sufriu forte influencia do seu profesor e orientador [[Isaac Barrow]] (desde 1663), e de [[Frans van Schooten]], [[François Viète]], [[John Wallis]], [[Descartes]], [[Pierre de Fermat|Fermat]] e [[Bonaventura Cavalieri]], das concepcións de [[Galileo Galilei|Galileo]] e [[Johannes Kepler|Kepler]], da teoría de [[Aristóteles]] sobre rectas tanxentes ás curvas, do traballo de [[Apolonio de Perge|Apolonio]] sobre cónicas e da xeometría de [[Euclides]].
 
=== Binomio de Newton ===
En [[1663]], formulou o teorema hoxe coñecido como [[binomio de Newton]]. Fixo as súas primeiras hipóteses sobre gravitación universal e escribiu sobre series infinitas e teoría do fluxo ([[1665]]). Por causa da peste, o Trinity College foi pechado en [[1666]] e o científico foi para casa, á súa facenda. Foi neste ano de retiro cando construíu catro das súas principais descubertas: o teorema binomial, o cálculo, a lei da gravitación e a natureza das cores. Construíu o primeiro telescopio de reflexión en [[1668]], e foi quen primeiro observou o [[espectro electromagnético|espectro]] visible que se pode obter pola descomposición da luz solar ao incidir sobre unha das faces dun prisma triangular transparente (ou outro medio de refracción ou de difracción), atravesándoo e proxectándose sobre un medio ou un anteparo branco. Optou, entón pola [[teoría corpuscular]] de propagación da luz, enunciándoa ([[1675]]) e contrariando a teoría ondulatoria de [[Huyges]].
 
Tornouse profesor de matemática en Cambridge ([[1669]]) e entrou na [[Royal Society]] ([[1672]]). A súa principal obra foi a publicación ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos dunha filosofía da natureza'' - [[1687]]), en tres volumes, un verdadeiro monumento científico, en que enunciou a [[lei da gravitación universal]], xeneralizando e ampliando as constatacións de [[Johannes Kepler]] ([[Leis de Newton]]), e resumiu as súas descubertas, principalmente o cálculo. Tratando esencialmente sobre física, astronomía e mecánica (leis dos movementos, movementos de corpos en medios resistentes, vibracións isotérmicas, velocidade do son, densidade do ar, queda dos corpos na atmosfera, presión atmosférica, etc), todo tratado con matemática pura, foi a súa consagración como maior científico da súa época.
 
En [[1696]] Foi nomeado ''Warden of the Mint'' e en [[1701]] ''Master of the Mint''. Foi elixido socio estranxeiro da [[Académie des Sciences]] en [[1699]] e tornouse presidente da Royal Society en [[1703]]. Publicou, en Cambridge, ''Arithmetica universalis'' ([[1707]]), unha especie de libro de texto sobre identidades matemáticas, análise e xeometría, posibelmente escrito moitos anos antes (talvez en [[1673]]).
 
Escribiu ([[1669]]) e publicou ([[1711]]) ''De analysi per aecuationes numero terminorum infinitas'', sobre series e cálculo. Escribiu ([[1671]]) e publicou ([[1742]]) ''Methodus fluxionum et serierun infinitorum'', sobre fluxos. Especialista en gravitación universal, na mecánica as súas principais contribucións foron a descuberta das terceira e última lei de movemento, despois chamada de [[principio da acción e reacción]], a lei da gravitación universal e a conceptualización precisa de masa, momento, inercia, forza e aceleración. coa demostración da lei da gravitación estaba creada a teoría da [[Mecánica Celeste]], movendo a descrición do mundo do terreo cinemático para o dinámico.
 
Estudou aínda forzas de resistencia e de viscosidade nos fluídos en repouso e en movemento, establecendo principios e relacións, e estableceu o cálculo da contracción dos chorros en descargas por orificios. Publicou tamén conclusións sobre escoamento en canais, velocidade de ondas superficiais e deslocamento do son no ar. Tamén escribiu sobre [[química]], [[alquimia]], [[cronoloxía]] e [[teoloxía]]. Esta preocupación de Newton con cuestións filosóficas, relixiosas e teolóxicas e seu envolvemento coa alquimia pode estar relacionado co feito que el pertenceu a unha [[Rosa-cruz|Orde Rosacruz]]. Modestamente caracterizouse por nunca dar moita importancia á publicacións das súas descubertas.
 
== As leis da dinámica ==
{{Artigo principal|Leis de Newton}}
Un dos temas tratados en ''Principia'' foron as tres leis da [[dinámica]] ou [[leis de Newton]], nas que explicaba o movemento dos corpos así como os seus efectos e causas. Estas leis son:
 
* '''A primeira lei de Newton ou lei da [[inercia]]'''
 
"Todo corpo permanecerá no seu estado de repouso ou movemento uniforme e rectilíneo a non ser que sexa obrigado por forzas externas a cambiar o seu estado".
 
Nesta, Newton afirma que un corpo sobre o que non actúan forzas externas (ou as que actúan se anulan entre si) permanecerá en repouso ou movéndose a [[velocidade]] constante.
 
Esta idea, que xa fora enunciada por [[Descartes]] w [[Galileo Galilei|Galileo]], supoñía romper coa [[física aristotélica]], segundo a cal un corpo só se mantiña en movemento mentres actuara unha forza sobre el.
 
* '''A segunda lei de Newton ou lei da interacción e a forza'''
 
"O cambio de movemento é proporcional á forza motriz externa e ocorre segundo a liña recta ao largo da cal aquela forza se exerce".
 
Esta lei explica as condiciones necesarias para modificar o estado de movemento ou repouso dun corpo. Segundo Newton estas modificacións só teñen lugar se se produce unha interacción entre dous corpos, entrando ou non en contacto (por exemplo, a [[gravidade]] actúa sen que haxa contacto físico). Segundo a segunda lei, as interaccións producen variacións no [[momento lineal]], a razón de
 
<math>\vec F= \frac {d{\vec p}}{dt}</math>
 
Sendo <math>\vec F</math> a fuerza, <math>d{\vec p}</math> o diferencial do momento lineal, <math>{dt}</math> o diferencial do tempo.
 
A segunda lei pode resumirse na fórmula
 
<math>\vec F = {m} \vec a</math>
 
sendo <math>\vec F</math> a forza (medida en newtons) que hai que aplicar sobre un corpo de masa m para provocar unha aceleración <math>\vec a</math>.
 
* '''A terceira lei de Newton ou lei de acción-reacción'''
 
"Con toda acción ocorre sempre unha reacción igual e contraria; as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en sentidos opostos".
 
Esta lei reflíctese constantemente na natureza: tense unha sensación de [[dor]] ao golpear unha mesa, posto que a mesa exerce unha forza sobre ti coa mesma intensidade; o impulso que consegue un [[natación|nadador]] ao exercer unha forza sobre o borde da [[piscina]], sendo a forza que lle impulsa a reacción do borde á forza que el está exercendo.
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Isaac Newton}}
{{Wikiquote|Isaac Newton}}
=== Bibliografía ===
* Christianson, G.E. (1984): ''In the Presence of Creator, Isaac Newton and His Times''. The Free Press. ISBN 0-02-905190-8 [''Newton'' (2 vol.). Salvat Editores, S.A. Biblioteca Salvat de Grandes Biografías, '''99''' y '''100'''. 625 págs. Barcelona, 1987 ISBN 84-345-8244-9 e ISBN 84-345-8245-7]
* [[Martin Gardner|Gardner, M.]] (2001): ''Isaac Newton, alquimista y fundamentalista''. En: ''Did Adam and Eve Have Navels?: Debunking Pseudoscience'' W.W. Norton & Company. 333 págs. ISBN 0-393-04963-9 ''¿Tenían ombligo Adán y Eva?''. Editorial Debate. 384 págs. Barcelona, 2001 ISBN 84-8306-455-3
* Westfall, R.S. (1980): ''Never at Rest''. Cambridge University Press. 908 págs. ISBN 0-521-27435-4
* Westfall, R.S. (1993): ''The life of Isaac Newton''. Cambridge University Press. 328 págs. ISBN 0-521-43252-9. ''Isaac Newton, una vida''. Cambridge University Press. 320 págs. Madrid, 2001 ISBN 84-8323-173-5 Versión resumida de ''Never at Rest'', centrada na biografía máis que na obra.
* White, M. (1997): ''Isaac Newton: The Last Sorcercer''. Addison-Wesley, Helix books. 402 págs. Reading, Mass. ISBN 0-201-48301-7
* {{cita libro|apelidos=Westfall|nome=Robert S.|título=Isaac Newton, una vida|editor=ABC, S.I.|isbn=8-424499-290247}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://axxon.com.ar/rev/127/c-127Divulgacion.htm "La garra del león"] Anécdotas sobre a vida de Isaac Newton. ''(en [[lingua castelá|castelán]])''
* [http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/pdf/414/41400705.pdf Newton organicista: más allá de lo probable] ''(en [[lingua castelá|castelán]])''
* [http://www.newtonproject.ic.ac.uk/catalogue/D.htm Imperial College de Londres]. ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
* [http://plato.stanford.edu/entries/newton-stm/ Stanford Encyclopedia of Philosophy] A visión de Newton do espazo, do tempo e do movemento. ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
* [http://cudl.lib.cam.ac.uk/collections/newton Cambridge Digital Library - Newton Papers]. Manuscritos dixitalizados de Isaac Newton gardados na [[Universidade de Cambridge]]. ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
* [http://members.tripod.com/~gravitee/toc.htm ''Principia Mathematica'' (on line)] ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
 
{{ORDENAR:Newton, Isaac}}