Manuela Carmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m incorporo ligazón ao episodio da matanza de Atocha
Liña 1:
[[Ficheiro:Manuela Carmena 2015b (cropped).jpg|thumb|right|Manuela Carmena (2015)]]
'''Manuela Carmena Castrillo''', nada en [[Madrid]] en [[1944]]<ref>[http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/10/madrid/1425993593_832675.html ''La exjuez Manuela Carmena, candidata de Podemos en Madrid''], nova aparecida en ''[[El País]]'' o 10 de marzo de 2015. {{es}}</ref>, é unha [[xurista]] [[España|española]], xuíza emérita do [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]].

Como avogada, e canda outros militantes comunistas, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha, en Madrid, escenario da coñecida [[Matanza de Atocha de 1977|matanza de Atocha]].

Foi vogal do [[Consello Xeral do Poder Xudicial]] a proposta de [[Esquerda Unida]] e unha das fundadoras da asociación progresista [[Xuices p|Jueces para la Democracia]]. En setembro de 2011 foi designada asesora do [[Goberno vasco]] presidido polo socialista [[Patxi López]] sobre atención ás vítimas de abusos policiais. Retirada da xudicatura dende [[2010]], Carmena en 2015 era membro do padroado da [[Fundación Alternativas]], un [[think tank]] próximo ao [[PSOE]].
 
En marzo de 2015 foi designada candidata de [[Podemos (España)|Podemos]] ás primarias da candidatura de coalición [[Ahora Madrid]] para as [[Eleccións municipais de España de 2015|eleccións municipais de Madrid]] dese ano.