Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Modificación de formato
Liña 1:
{{Xornalismo en progreso}}
{{Título en cursiva}}'''''Luzes de Galiza''''' é unha revista cultural galega publicada entre 1985 e 1997 e retomada no ano 2013. Nun principio tiña unha saída trimestral, mais a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que cunha periodicidade moi irregular. Na actualidade, ten un carácter mensual, coa excepción do número 8 ([http://www.revistaluzes.com/numero/08) número 8], que liga os meses de xullo e agosto nunha mesma publicación.
{{Título en cursiva}}
'''''Luzes de Galiza''''' é unha revista cultural galega publicada entre 1985 e 1997 e retomada no ano 2013. Nun principio tiña unha saída trimestral, mais a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que cunha periodicidade moi irregular. Na actualidade, ten un carácter mensual, coa excepción do número 8 (http://www.revistaluzes.com/numero/08), que liga os meses de xullo e agosto nunha mesma publicación.
 
Nace en xullo de 1985 na cidade de Sada baixo a dirección de [[Manuel Rivas]] e co patrocinio de [[Ediciós do Castro]], do Grupo Sargadelos. Trátase dunha iniciativa dos membros do denominado Grupo Coruñés (refírese a autores que entre 1984 e 1985 publican os volumes colectivos ''De amor e desamor'' ''I ''e ''II'', destacando [[Xavier Seoane]], [[José-Maria Monterroso Devesa|Xosé Devesa]], [[Pilar Pallarés]], [[Xulio Valcárcel]], [[Lino Braxe]], [[Lois Pereiro]], [[Miguel Anxo Mato Fondo|Miguel Mato Fondo]], [[Francisco Salinas Portugal|Francisco Salinas]] e [[Miguel Anxo Fernán Vello]]). Os estudantes que forman este colectivo, con sede no Centro de Información de Isaac Díaz Pardo, comparten unhas experiencias estéticas comúns, unha ideoloxía semellante (podería dicirse que nacionalista de esquerdas) e unha procedencia: a cidade da Coruña. Este núcleo urbano aparece explicitamente no seu proxecto, como é visible no artigo “Miseria e hernia cultural” de Manuel Rivas, publicado na revista en 1987, no que se critica a falta de actividade cultural nesa zona. <blockquote>Nós medramos culturalmente nunha cidade sen apenas pontes. É esa carencia de vínculo, de referencia adulta, unha das ervas que fai da Coruña un ermo onde campan ao seu aire os cipallos provincianos e a súa cultura cascarilleira </blockquote><blockquote>[Manuel Rivas, 1987]</blockquote>Ante este problema, a súa resposta é combater a situación directamente coa publicación de ''Luzes de Galiza''. Mais, a pesar de que A Coruña cobra un gran protagonismo nesta revista, non se trata dunha iniciativa localista, senón que a partir desa cidade, unha das máis castelanizadas de Galiza e na que primaba un maior descoñecemento da cultura galega, extrapólase a estratexia de combate intelectual a toda a comunidade.
 
En canto ao carácter de ''Luzes'', trátase dunha publicación heteroxénea e aberta na que se tratan temas variados dentro do eido da cultura e do pensamento, sendo especialmente importantes o ensaio, a fotografía, a filosofía, as artes plásticas, a arquitectura, a literatura, a música, o cine e o deseño. Por esta razón, ademais de con diversas xeracións de escritores e ensaístas, a revista contaba nas súas filas con fotógrafos como Xurxo Lobato, Moncho Rama, Chus García, Xulio Correa, Xan Piñón, Luís Suárez Canal, Xosé Abad, Caruncho, Delmi Álvarez e Vari Caramés, así como con ilustradores como Luís Seoane, Alfonso Sucasas, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Alfonso Costa, Xulio Maside, Din Matamoro, César Fernández Arias, Álvaro de la Vega, Antón Lamazares, Correa Corredoira, Xaquín Martín, Miguel Anxo Prado e Alerto Datas, encargados de converter a revista nun referente tamén artístico e gráfico. Destacan alén diso os frecuentes artigos literarios e a análises críticas da actualidade co obxectivo de renovar a prensa cultural galega desde dentro.
Liña 12 ⟶ 11:
<blockquote>Estamos un tanto ás escuras. Cada sociedade, en cada momento, ten a súa visión do mundo, que se concreta nunha literatura, nunha música, nuns medios de comunicación. Un periódico, a prensa, dicía Arthur Miller, é unha nación mirándose a si mesma. Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso. Quitando a quen lle interese a capacidade dalgunha xente de chegar ás máis altas cotas de miseria con tal de expoñela ante centos de milleiros de persoas. Ou a quen lle preste a habilidade das clases dirixentes de contrarrestar as propias carencias poñendo en evidencia as dos rivais. </blockquote><blockquote>Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban. Que os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos periodistas, senón aos lectores, que son os verdadeiros donos dun medio de comunicación. Pero tamén sabemos que nós somos como somos, e o que pretendemos non é satisfacer a demande do que xa se quere, senón incrementar a oferta do que non hai.</blockquote><blockquote>'''Prendamos as Luzes do xornalismo.'''</blockquote>
 
=== Significado e orixe do nome ===
Respecto á denominación da revista, esta xa nos ofrece información relevante sobre o carácter da publicación.
 
Liña 19 ⟶ 18:
En segundo lugar, “Luzes” reforza os ideais de renovación dos autores. Búscase iluminar unha tradición cultural e sobre todo literaria, a galega, que foi escurecida durante séculos pola castelá. Ademais, pode entenderse como unha referencia á Ilustración, en que todos os eidos do saber eran tratados como importantes e se cría na necesidade de crear enciclopedias nas que se recollese o saber humano global. Isto explicaría a diversidade de asuntos e temas que se tratan en ''Luzes de Galiza''. De novo estase a empregar a normativa reintegracionista (“Luzes” e non “Luces”).<blockquote><span lang="GL">Necesitamos LUZES, ALTAS LUZES solares combatendo como os arcánxeles a súa heliomaquía, rotundas LUZES, fontes de LUZES, corpos feridos de LUZES, ebrios de LUZES, derramando LUZES porque no principio foi a LUZ e sempre estamos no principio, nacendo cada intre</span></blockquote><blockquote><span lang="GL">[“O cavalo do orgulho”, número 0, 1985]</span></blockquote>Finalmente, no número 24, publicado en 1994, engádese o subtítulo “Revista de liberdades, crítica e cultura”, que marcará o comezo e o talante da revista na súa segunda etapa.
 
=== Redactores e colaboradores ===
''Luzes de Galiza'' contou como redactores con Xavier Seoane, Lino Braxe, Antón Baamonde, Mato Fondo, Miguel Anxel Murado e Xulio Valcárcel, membros do equipo xa nos anos de fundación ou engadidos máis adiante. 
 
Liña 47 ⟶ 46:
En canto aos diversos colaboradores da revista ao longo dos anos, en ''Luzes de Galiza ''participaron varias xeracións de escritores e ensaístas, maioritariamente nados a partir dos anos cincuenta e identificados coa renovación cultural. Contaba con nomes como Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Alberto Avendaño, Carmen Blanco, Antón Capelán, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Xesús González Gómez, Xosé M. Martínez Oca, Gonzalo Navaza, Antón Reixa, Claudio Rodríguez Fer, Xurxo Souto, Manuel Vilanova, Méndez Ferrín, Manuel María, Xosé Manuel Beiras etc.  
 
=== Etapas ===
Na evolución da produción da revista ''Luzes de Galiza'', distínguense dúas etapas: dende a súa creación no ano 1985 até o 1993, e dende este último ano até o 1997, ano da súa paralización. Deste xeito, malia non poder falarse dunha mudanza radical, si cómpre apuntar unha evolución notable a partir do número 24 da revista.
 
Liña 85 ⟶ 84:
* Ademais, mantéñense as seccións da primeira etapa “Crítica” e “Mitos, Santos, Herois”.
 
=== Bibliografía ===
Rodríguez, María Jesús. "Luzes de Galiza". Tese de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela. 1999.