Alcohol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amplío cabeceira traducindo de es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
+tradución de es.wiki
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Alcohol.png|miniatura|Modelo do [[Grupo hidroxilo|grupo funcional hidroxilo]] (-OH) nunha [[molécula]] de '''alcohol'''. Os tres ''R'' representan [[carbono]]s substituíntes ou [[átomo]]s de [[hidróxeno]].]]
O '''alcohol''' ou '''alcol'''<ref>{{DRAG|alcohol}}</ref> (do [[Lingua árabe|árabe]] al-khwl '''الكحول''', ou al-ghawl '''الغول''', ‘o espírito’, ‘toda substancia pulverizada’, ‘líquido destilado’) refírese case sempre ao etanol, e por extensión a calquera bebida que conteña etanol ([[bebida alcohólica]]). En química, alcohol é un termo máis xeral, aplicado a calquera compoñente orgánico no cal un dos carbóns está ligado a un [[grupo hidroxilo]] (-OH) substituíndo a un átomo de hidróxeno. A fórmula xeral é '''C<sub>n</sub>H<sub>2n+1</sub>OH'''. Ademais este carbono debe estar saturado, é dicir, debe ter só ligazóns simples a sendos átomos;<ref>{{cita libro| título= Compendium of Chemical Terminology|autor= [[Unión Internacional de Química Pura e Aplicada]]|url=http://goldbook.iupac.org/A00204.html}} {{en}}</ref>
isto diferenza ós alcohois dos [[compuesto fenólico|fenois]].
 
Se conteñen varios grupos hidroxilos denomínanse polialcois. Os alcois poden ser primarios, secundarios ou terciarios, en función do número de átomos de hidróxeno substituídos no átomo de carbono ó que se atopa ligado o grupo hidroxilo.
 
== Historia ==
A palabra ''alcohol'' provén do árabe الكحول ''al-kukhūl'' 'o espírito', de ''al-'' ([[determinante (lingüística)|determinante]]) e ''kuḥūl'' que significa 'sutil'. Isto débese a que antigamente chamábase "espírito" ós alcois. Por exemplo "espírito de viño" ó etanol, e "espírito de madeira" ó metanol.
 
Os árabes coñeceron o alcohol extraído do viño por destilación. Con todo, o seu descubrimento remóntase a principios do [[século XIV]], atribuíndose ó [[médico]] [[Arnau de Villanova]], sabio [[alquimista]] e profesor de medicina en [[Montpellier]]. A quinta esencia de [[Ramon Llull]] non era outra cousa que o alcohol rectificado a unha temperatura máis suave. [[Lavoisier]] foi quen deu a coñecer a orixe e a maneira de producir o alcohol por medio da fermentación vínica, demostrando que baixo a influencia do [[fermento]] de cervexa o azucre de uva transfórmase en [[ácido carbónico]] e alcohol. Foi ademais estudado por [[Carl Wilhelm Scheele|Scheele]], [[Gehle]], [[Louis Jacques Thénard|Thénard]], Duma e [[Boullay]] e en [[1854]] [[Berthelot]] obtívoo por síntese.<ref>Dicionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)</ref>
 
== Metanol e etanol ==