Raxó, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 29:
== Historia ==
=== Orixes ===
A parroquia de Raxó está vencellada ó [[mosteiro deda Armenteira]], que segundo a tradición, foi fundado por [[Ero deda Armenteira]] no século XII. Durante o mandato do abade nº 21, Domingo (1308-1338), existe a primeira referencia documental de Raxó. Segundo o P. Duarte acontece o milagre da curación de "Gonzalo Pérez de Rajó, escribán que foi deste mosteiro".
 
Na referencia que fai do abade nº 28, Juan de Castro (1449-1477), aporta unha descrición dos límites da parroquia dicindo que "dita herdade formaba coto, e os seus confíns eran desde Fontemaior, xunto o mar, ata o Outeiro da Pedreira, e de alí o marco de Tabuelas e o marco dos Outeiros de Dorrón, e de alí o marco da Torre, e o marco dos Bandos e o couto da viña de Juan Minez, clérigo, e de alí o muro abaixo ao mar, tornando mar arriba ata onde empezou, entrando tamén no mar, como din os marcos".
Liña 43:
Tamén son desta época, 1583, as noticias que sobre preitos entre a Confraría do Corpo Santo e os mariñeiros de Raxó pola pesca con sacadas. Nesta zona o emprego das distintas [[arte (pesca)|artes]] estaba dividida por mares. O Mar de Raxó estaba comprendido entre punta Sinás e a punta de Festiñanza. En 1594, os mareantes da Moureira prenderon en Raxó por faenar con redes de xeito durante a temporada dos cercos ó barco con redes e peixe que a veciña de [[Portonovo]], Maior García, lle alugara ó pontevedrés Juan González. ''Olló decir que abían llegado al dicho puerto de Rajó''.
 
Ó abade nº 40 deda Armenteira, Eugenio Gerrero (1560-1563), tocoulle ''aclarar un asunto que preocupaba as conciencias de moitos fieis de Raxó e doutros cotos do mosteiro, os cales tiñan a obriga de acudir a igrexa do mosteiro para recibir os sacramentos''. En 1561, o abade compadecido deles e para facilitarlles o cumprimento dos seus deberes relixiosos, autorizoulles a que puideran oír misa e recibilos sacramentos na ermida que o mosteiro tiña dentro da granxa de Raxó ''agás por pascua de resurrección''.
 
O abade nº 68, Felix de Barcena (1632-1635), fixo a cerca de Raxó e o lugar e edificios da Granxa.