Diferenzas entre revisións de «ARN transferente-mensaxeiro»

==Elementos xenéticos móbiles e o xene do ARNtm==
[[Ficheiro:ssraHistory2-gl.jpg|miniatura|dereita|400px|Historia do ''ssrA''. Móstranse os ARN precursores, cuxas porcións en trazo descontinuo son escindidas durante a maduración. Os xenes permutados producen tanto a peza aceptora (en vermello) coma a codificante (en azul); as liñas punteadas marcan as estruturas secundarias que non sempre están presentes. As abreviaturas son: TLD, dominio de tipo ARNt; MLR, rexión de tipo ARNm; ITS, espazador transcrito interno; P, rexión apareada; PK, pseudonó; RF, marco de lectura.]]
O ''ssrA'' é tanto unha diana para algúns [[ADN]] móbiles coma un pasaxeiro doutros. Pode ser interrompido por tres tipos de elementos móbiles. Por medio de distintas estratexias ningún deles interrompe a función do xene: os [[intrón]]s do grupo I elimínanse eles mesmos por [[auto-[[splicing]], os [[elementos palindrómicos de rickettsias]] (RPEs) insírense en sitios inocuos, e as [[illa xenómica|illas xenómicas]] que codifican integrases cortan o seu ''ssrA'' diana pero restauran a porción cortada.<ref>{{cite journal |author=Kirby JE, Trempy JE, Gottesman S |title=Excision of a P4-like cryptic prophage leads to Alp protease expression in Escherichia coli |journal=J. Bacteriol. |volume=176 |issue=7 |pages=2068–81 |year=1994 |month=April |pmid=7511583 |pmc=205313 |doi= |url=http://jb.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=7511583 |accessdate=2010-07-14}}</ref><ref>{{cite journal |author=Williams KP |title=The tmRNA Website: invasion by an intron |journal=Nucleic Acids Res. |volume=30 |issue=1 |pages=179–82 |year=2002 |month=January |pmid=11752287 |pmc=99078 |doi= 10.1093/nar/30.1.179|url=http://nar.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=11752287 |accessdate=2010-07-14}}</ref><ref>{{cite journal |author=Dwyer DS |title=Selfish DNA and the origin of genes |journal=Science |volume=291 |issue=5502 |pages=252–3 |year=2001 |month=January |pmid=11253208 |doi= 10.1126/science.291.5502.252|url=http://www.sciencemag.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=11253208 |accessdate=2010-07-14}}</ref><ref>{{cite journal |author=Williams KP |title=Traffic at the tmRNA gene |journal=J. Bacteriol. |volume=185 |issue=3 |pages=1059–70 |year=2003 |month=February |pmid=12533482 |pmc=142792 |doi= 10.1128/JB.185.3.1059-1070.2003|url=http://jb.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=12533482 |accessdate=2010-07-14}}</ref>
 
Os ''ssrA'' non cromosómicos foron detectados nun estudo xenómico de micobacteriófagos (no 10% dos [[fago]]s).<ref name="Hat06">{{cite journal |author=Hatfull GF, Pedulla ML, Jacobs-Sera D, ''et al.'' |title=Exploring the mycobacteriophage metaproteome: phage genomics as an educational platform |journal=PLoS Genet. |volume=2 |issue=6 |pages=e92 |year=2006 |month=June |pmid=16789831 |pmc=1475703 |doi=10.1371/journal.pgen.0020092 |url=http://dx.plos.org/10.1371/journal.pgen.0020092 |accessdate=2010-07-14}}</ref> Outros [[transposón|elementos móbiles]] como os [[plásmido]]s e illas xenéticas poden ser portadores de ''ssrA''. Un caso interesante é ''[[Rhodobacter sphaeroides]]'' cepa ATCC 17025, cuxo xene de ARNtm nativo está interrompido por unha illa xenómica; a diferenza doutras illas xenómicas nos xenes do ARNtm (ou do ARNt), esta illa ten inactivado o xene diana nativo sen restauración, pero compénsao ao portar o seu propio xene de ARNtm. Un parente do ''ssrA'' moi pouco usual encóntrase no micobacteriófago lítico DS6A, que codifica pouco máis que o TLD.
190.108

edicións