Código xenético: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
A dexeneración aparece porque o código xenético designa 20 aminoácidos e mais o sinal de parada. Debido a que hai catro bases, os codóns de tripletes deberán producir polo menos 21 códigos diferentes. Por exemplo, se houbese dúas bases por codón, entón só poderían codificarse 16 aminoácidos (4²=16). E dado que polo menos se necesitan 21 códigos, 4³ dá 64 codóns posibles, indicando que debe haber dexeneración.
Esta propiedade do código xenético faino máis tolerante aos fallos das [[mutación]]s puntuais. Por exemplo, en teoría, os codóns catro veces dexenerados poden tolerar calquera mutación puntual na terceira posición, aínda que o codón de uso nesgado restrinxe isto na práctica en moitos organismos; os que son dúas veces dexenerados poden tolerar unha das tres posibles mutacións puntuais na terceira posición. Debido a que as mutacións de [[transición (xenética)|transición]] ([[purina]] a purina ou [[pirimidina]] a pirimidina) son máis probables que as de [[transversión]] (purina a pirimidina ou viceversa), a equivalencia de purinas ou de pirimidinas nos lugares dobres dexenerados engade unha tolerancia complementaria aos fallos.
==== Agrupamento de codóns por residuos aminoacídicos, volume molar e hidropatía ====
|