Abú Muzab al Zarqaui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Abú Muzab al Zarqaui''', en árabe: أبومصعب الزرقاوي‎, nado en [[Xordania]] o [[20 de outubro]] de [[1966]] e morto o [[7 de xuño]] de [[2006]] na cidade de [[Baquba]], en [[Iraq]], foi o autoproclamado líder de [[Al QaedaQaida]] en [[Iraq]].
 
== Traxectoria ==
Liña 6:
Al Zarqaui, seareiro do movemento [[salafí]] opúñase á presenza das tropas de países occidentais nos países islámicos, especialmente Iraq, así como ao recoñecemento da existencia do estado de Israel. Al Zarqaui, que era musulmán [[suní]], tamén entendía que os [[xií]]s de Iraq estaban tendo unha actitude colaboracionista coa ocupación occidental, e por esa razón declaroulles a guerra en [[setembro]] de [[2005]].
 
Al Zarqaui recoñecíase seareiro de [[Ben Laden]], e dende [[outubro]] de [[2004]] referíase á súa propia organización, [[Iama'at al Tauhid ual Xihad]], como célula de [[Al QaedaQaida]] en Iraq. O propio Ben Laden cualificou a Al Zarqaui de ''príncipe de Al QaedaQaida'' en Iraq.
 
Al Zarqaui era o home máis buscado polas tropas occidentais en [[Xordania]] e [[Iraq]]. O goberno dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ofrecera 25 millóns de dólares a quen puidera dar información para a súa captura, a mesma cantidade ca por [[Ben Laden]]. O [[15 de outubro]] [[2004]] o goberno dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] engadiu a Al Zarqaui e a o seu grupo, o [[Iama'at al Tauhid ual Xihad]], na lista de organizacións terroristas estranxeiras.