Corán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 50:
Estes recitados difiren na vocalización (''tashkil'' تشكيل) dunhas poucas palabras, o que lle dá un significado complementar á palabra en cuestión de acordo coas regras da gramática do árabe. Por exemplo, a vocalización dun verbo pódeo facer mudar entre as súas [[voz activa|voces activa]] e [[voz pasiva|pasiva]]. Pode modificar tamén a formación léxica, implicando intensidade, por exemplo. As vogais pódense facer longas ou curtas e as [[parada glotal|paradas glotais]] (''[[hamza]]s'') pódense engadir ou eliminar, de acordo coas regras de cada recitado concreto. Por exemplo, o nome do arcanxo Gabriel pronúnciase diferente nos diferentes recitados: Jibrīl, Jabrīl, Jibra'īl, e Jibra'il. O nome "Qur'ān" pronúnciase sen a parada glotal ("Qurān") nun dos recitados e o nome do profeta Abraám pronúnciase Ibrāhām noutro.
 
As narracións máis usadas son as de [[Hafs]] (حفص عن عاصم), [[Warsh]] (ورش عن نافع), [[Qaloon]] (قالون عن نافع) e [[Al-Duri]] (الدوري عن أبي عمرو). Os musulmáns cren ferventemente que todos os recitados canónicos foron recitados polo Profeta mesmo, citando a cadea da narración [[isnad]] propia, e acéptanas como válidas para o culto e como referencia para as regras da [[Shariaxaria]]. Os recitados non canónicos chámanse "explicativos" polo seu papel de dar unha perspectiva diferente dun [[ayah]] concreto. Varias ducias de persoas hoxe en día receben o titulo de "Memorizador dos Dez Recitados", considerado como a honra suprema nos estudos coránicos.
 
== A Crítica Textual e o Corán ==