Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Durante os últimos 25 anos do século XII, Muhammad de Ghor invadiu a chaira do Indo-Ganges conquistando Ghazni, Multan, Sindh, Lahore e Delhi. Un dos seus xenerais, Qutab-ud-din Aybak proclamouse Sultan de Delhi. No século XIII, Shams ud din Iltumish (1211-1236), anteriormente un traficante de escravos, estableceu o reino turco de Delhi, o cal permitiu a outros sultáns nos 100 anos seguintes estendérense, chegando ao leste da Bengala e ao sur ata o Deccan. Este sultanato estivo suxeito a continuas conmocións, no momento en que cinco dinastías xurdiron e sucumbiron; a dinastía Slave ([[1206]]-[[1290|90]]), a dinastía Khalji (1290-1320), a dinastía Tughlaq ([[1320]]-[[1413]]), a dinastía Sayyid (1414-51) e a dinastía Lodi ([[1451]]-[[1526]]). A dinastía Khalji baixo 'Á ud-Din ([[1296]]-[[1315]]) logrou rexentar o sur da India por un tempo, pero as loitas internas desmembraron as áreas conquistadas rapidamente. O poder en Delhi frecuentemente acadábase a través da violencia (16 dos 35 sultáns rexentes nesa época foron asasinados) e lexitimados grazas a lealdades tribais. As loitas internas e as intrigas na corte era tan frecuentes como traizoeiras; Os territorios que controlaba o sultán expandíanse e reducíanse dependendo da súa personalidade e fortuna.
 
Tanto o Corán como o Sharia[[xaria]] (lei islámica) trataron de substituír a relixión hindú, pero sen moito éxito. O sultán Á ud-Din tratou de instalar un sistema centralizado de goberno, o cal non logrou. Aínda que os musulmáns introduciron melloras na agricultura, mediante a construción de canles e outros métodos de irrigación, a inestabilidade política e os métodos de cobro de impostos influíron negativamente sobre a clase campesiña. Non obstante, os elevados gastos das clases aristocráticas favoreceron ao comercio nesta área, onde se viron favorecidos os artesáns que traballaban o metal e a pedra e os teceláns. Durante este período a lingua [[lingua persa|persa]] e moitos aspectos culturais de Persia fixéronse presentes nos centros de poder da India.
 
=== Os sultanatos do Sur ===
67.950

edicións