Islamismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3384861 de 187.127.112.101 (conversa): Vandalismo
Sen resumo de edición
Liña 7:
O islamismo é moi diverso e dificilmente pode ser asimilado a ningún movemento relixioso ou político occidental. Ten a súa orixe na organización [[Irmáns Musulmás]] fundada no [[Exipto]] no [[1928]], e experimentou un auxe crecente desde os [[anos oitenta]]. Iso é froito, por unha parte, do fracaso do modelo [[Socialismo|socialista]] do [[nacionalismo]] árabe, encarnado polo partido [[Baaz]] ou polo [[Nasser|naserismo]], que durante moitos anos encarnou as aspiracións de transformación social no mundo árabe; e por outra, do triunfo da revolución islámica en [[Irán]], que marcou un modelo a seguir.
 
Durante os anos oitenta e noventa o retorno á esencia do islam e a busca da propia identidade víronse favorecidos pola crise socioeconómica, a occidentalización do modo de vida na maioría dos países musulmás e a [[globalización]] da [[economía]]. Trala instauración en [[1969]] da [[República Árabe Libia Popular e Socialista]] (obra de [[Muammar al-Gaddafi]], que implantou un réxime onde se conxúgan panislamismo e socialismo), a [[Revolución Islámica de Irán]] ([[1979]]), dirixida polo [[aiatolá]] [[Ruhollah JomeiniKhomeini]] e que supuxo a implantación dunha república islámica naquel país, ofreceu o primeiro modelo específico aos movementos e partidos islámicos. Outros lugares en onde se adoptou con éxito un islamismo de maior ou menor radicalidade foron [[Arabia Saudita]], o [[Sudán]], [[Chechenia]] e, desde [[1996]] a [[2001]], gran parte do territorio de [[Afganistán]] controlado polos [[talibán]]s.
 
Os islamitas pretenden conquistar a opinión pública dos países musulmáns por medio dunha acción social. Dunha eficacia limitada, as redes de axuda mutua destinadas a remediar o paro e a pobreza, así como a carencia de servizos sociais, contribúen a manteren a súa influencia, especialmente entre os mozos, primeiras vítimas das crises económicas.