Pan de Cea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
descrición
Liña 8:
==Ingredientes==
O pan de Cea leva como ingredientes [[fariña]] do país, [[auga]], [[cloruro de sodio|sal]] e [[fermento]].
 
===Preparación===
O proceso de preparación do pan ten varias fases segundo a indicación xeográfica e da denominación de orixe<ref>[http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2004:098:0029:0033:ES:PDF Publicación de una solicitud de registro con arreglo al apartado 2 del artículo 6 del Reglamento(CEE) 2081/92 del Consejo, relativo a la protección de las indicaciones geográficas y de las denominaciones de origen (2004/C 98/09) Diario Oficial de la Unión Europea N CE: ES/00310/20.8.2003]</ref>
* Amasado manual durante un mínimo de 60 minutos, 45 se é a máquina.
* Reposo («Durmi-lo neno») durante uns 45 ou 60 minutos, segundo as condicións ambientais.
* División da masa («Tasar») de xeito manual en porcións de 1,5 kg ou 0,75 kg.
* Reamasado («Tendas»), volta a amasar o pan 25 a 30 minutos en tres xeiras ou só dúas se as condicións ambientais o permiten.
* Enfornado, faise un corte transversal («fenda») no centro da parte superior da masa e vai para o forno.
* Cocción, cheo o forno quedan as pezas un mínimo de 120 minutos co forno pechado.
* Rever, as pezas de pan, unha vez sacadas do forno, deben permanecer en maduración, enfriando un mínimo dunha hora en estanterías de madeira.
 
===Características===
Os bolos de pan de Cea teñen forma longa e redondeada nos extremos, cuhna fenda transversal enriba.
A forma dos pans ten dúas medidas e formas características:
* A peza ou «Poia» dun peso entre 1 e 1,2 kg. Dunhas medidas aproximadas do dobre de longas que anchas: ancho entre 15 e 18 cm e longo entre 32 e 38 cm.
* A media peza ou «Molete» 0,5 ou 0,6 kg. Dobre de longo que ancho: 9 e 11 cm e un longo entre 22 e 27 cm.
 
A codia é grosa, de espesor variable de entre 0,5 e 1 cm. Consistencia dura e ríxida, con rotura cruxente e con tendencia a facer lascas. A cor vai dende o dourado ata castiñeiro escuro, de sabor a tostado.
É un pan de miga con textura esponxosa, fibrosa e firme. Alveolado non moi abundante, distribuido de forma irregular e de tamaño moi variable, non uniforme. Ten cor apergamiñada, lembra ao gran de trigo enteiro, é de sabor intenso a trigo.
 
==Notas==