Motocrós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q215862
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
==Variantes e derivados do motocross==
Co paso do tempo e o avance da tecnoloxía esta disciplina pasou a ser moito máis espectacular, xa que permite saltos máis longos e máis altos e derivou en distintas disciplinas paralelas, como o [[freestyle]] ou o [[supermotard]]. Esta última é unha disciplina moi similar ao motocross pero que se realiza sobre terreo mixto (asfalto e terra); xa que logo, as motocicletas e o equipamento de protección do piloto son unha mestura entre os de motocross e de motociclismo de velocidade. A variante do freestyle consiste en que cunha moto similar ás de motocross (normalmente con motor 250cc de dous tempos) e co gardalama de atrás recortado han de facer saltos e [[acrobacia]]s no aire, canto máis espectaculares máis puntúan e puntúan, aínda máis se as acrobacias fanas sen suxeitar o [[guiador]] da moto.
 
Tamén existe outra disciplina parecida ao motocross chamada "[[supercross]]", que se disputa en recintos máis pequenos (normalmente rodeados de tribunas ou interiores de instalacións fixas), e os cotarelos de terra onde os pilotos saltan sobre as súas motos son moito máis grandes e distribuídos especificamente para esta especialidade.