Art Farmer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Liña 22:
Era fillo dun traballador do aceiro. Farmer comezou a traballar como músico pasada a metade da década de 1940. Asentado nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], formou parte das bandas de Benny Carter e Jay McShann, entre outros.
 
Uniuse á orquestra de Lionel Hampton arredor [[1953]] (trompetistas como Clifford Brown e Quincy Jones tamén formaron parte da orquestra de Hampton naquela época) e tras o seu traslado a [[Nova York]], traballou máis tarde con Gigi Gryce, Horace Silver e Gerry Mulligan, entre outros. A partir de mediados da década de 1950, figurou en gravacións dos principais [[arranxo|arranxistas]] da época, incluíndo a George Russell, Jones e Oliver Nelson. Tamén formou The Jazztet co compositor e [[saxofón tenor|saxofonista tenor]] Benny Golson; ambos homes por separado tomaran a decisión de que o outro debería ser un membro do seu grupo. The Jazztet non tivo contratos con clubesclubs suficientes para durar máis aló de [[1962]], aínda que si axudou ás carreiras de diversos músicos, como o [[piano|pianista]] McCoy Tyner ou o [[Trombón|trombonista]] Grachan Moncur III, gravando o grupo varios [[álbum musical|álbums]] para Argo e Mercury Records. Farmer e Golson reviviron The Jazztet nos anos 80 para unha serie de contratos, co trombonista orixinal Curtis Fuller.
 
A comezos dos anos 60, Farmer formou un trío co [[guitarra|guitarrista]] Jim Hall e o [[baixo|baixista]] Steve Swallow. Despois trasladáronse a [[Europa]], asentándose finalmente en [[Viena]] ([[Austria]]), onde traballou con The Kenny Clarke-Francy Boland Big Band. Tamén realizou gravacións como líder na transcurso da súa carreira posterior.