Carriarico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 83.165.210.245 (conversa); cambiado á última versión feita por Servando2
Liña 9:
 
== Dúbidas sobre a súa historicidade ==
A pesar de que os frecuentes contactos entre as cortes sueva e [[merovinxia]] e a posición de Tours coma enclave nos movementos comerciais entre Galiza e a [[Galia]] puideron outorgar a Gregorio de Tours abundante información sobre a Galiza de finais do [[século VI]], dubídase sobre a existencia real deste rei Carriarico<ref>Antonino González Blanco, 2006, [http://books.google.es/books?id=nKz6Aov9wYQC ''Espacio y tiempo en la percepción de la antigüedad tardía''], Editum</ref>, cuxo nome é o xermánico *Harjareikaz<ref>Gregorio de Tours representa en xeral o son aspirado xermánico [h] mediante o dígrafo ‘ch’.</ref>.
 
O seu nome coincide curiosamente co doutro rei citado por Gregorio de Tours. Este Carriarico, que tamén tiña un fillo home, foi un rei [[alamáns|alamán]], rival de [[Clodoveo]], que tamén morrería coma católico ao ser feito tonsurar xunto ao seu fillo e ser ordenados presbítero el e diácono o seu fillo por Clodoveo logo da súa vitoria.