192.219
edicións
{{Templo
|pé = Igrexa de San Pedro de Bembibre
|px = 260px
|país = [[Galicia]]
|advocación = [[Pedro, papa|San Pedro]]
|catalogación = Monumento Nacional
|culto = [[Igrexa Católica]]
|diocese = [[Diocese de Lugo|Lugo]]
|construción = 1191
|estilo = [[Románico]]
}}
A '''Igrexa de San Pedro de Bembibre''' é unha igrexa románica da parroquia de [[Bembibre, Taboada|Bembibre]], no concello de [[Taboada]] ([[provincia de Lugo]]). É o máis destacado exemplo de [[arquitectura románica]] do concello de Taboada, tanto pola súa monumentalidade como polo seu estado de conservación. Está declarada [[Ben de Interese Cultural]].
== Historia ==
A inscrición na porta lateral indica que foi erguida no ano [[1229]] da era hispánica, polo que a data correcta é a de 1191. Algunhas fontes indican que formaba parte dun complexo monástico hoxe desaparecido, cuxa pedra foi empregada para construír, no século XV, o pazo dos condes de San Pedro. Isto explicaría a súa situación, afastada a case un quilómetro de calquera núcleo de poboación.
No ano 1681 recibiu sepultura neste templo Don Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada, nun sartego que representa a figura do finado e inclúe unha
== Exterior ==
Conta cunha única nave rectangular, cuberta por un tellado a dúas augas, e unha [[ábsida]] semicircular con [[bóveda de canón]]. No lado sur construíuse, contemporaneamente, unha sacristía. Ten dous [[contraforte]]s a cada lado do edificio, polo que nun principio a igrexa puido ser concibida con idea de facela máis alta ou mesmo abovedada completamente.
[[Ficheiro:Iglesia de San Pedro de Bembibre (4438877850).jpg|
A portada principal e frontal está formada por tres arcos sostidos por cadansúas columnas e protexidos por outro arco de dentes de serra; os fustes están decorados case todos eles con estrías verticais, e en ocasións, con bólas; os capiteis teñen ornamentación figurada ou vexetal, salientando o terceiro deles, que mostra unha figura dun home que leva unha especie de bolsa ó pescozo, mentres que na súa man esquerda aparece unha ave e baixo a súa man dereita aparece un can. Segundo algunhas interpretacións, podería tratarse da representación da avaricia,
[[Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Bembibre - Taboada (Lugo) - Porta Lateral.jpg|
A portada sur ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con motivos
A espadana é sinxela e é do século XVIII (a orixinal debeu ser destruída por un lóstrego) e o cruceiro que hai fóra do recinto, do XIX.
== Galería de imaxes ==
{{Galería
}}
▲File:Igrexa de San Pedro de Bembibre - Taboada (Lugo) - Detalle porta principal.jpg
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*{{cita libro|apelidos={{Smallcaps|Castillo}}|nome={{Smallcaps|Ángel del}}|ligazónautor=Ángel del Castillo |título=Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia)<sup>[http://www.fundacionbarrie.org/index.php?page=shop.product_details&flypage=flypage.tpl&category_id=8&product_id=163&vmcchk=1&option=com_virtuemart&Itemid=64]</sup>|ano=1987|anoorixinal=1972|edición=2ª|editor=[[Fundación Pedro Barrié de la Maza|Fundación Barrié]]|isbn=84-85728-62-9|localización=A Coruña|páxina=59}}
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5439&ctre=31 Igrexa Parroquial de San Pedro de Bembibre] en [[Turgalicia]]
*{{Smallcaps|Tobal Oubiña, Eva}}: [http://www.concellodetaboada.com/San%20Pedro%20socrates.htm San Pedro de Bembibre] na páxina do concello.
*[https://patrimonioribeirasacra.wordpress.com/igrexa-de-san-pedro-de-bembibre/ Patrimonioribeirasacra.wordpress.com]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo]]
|
edicións