Ansiedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 2:
A '''ansiedade''' (do [[latín]] anxietas, 'angustia, aflición'), '''ansia''' ou '''nerviosismo''', é unha resposta emocional ou conxunto de respostas que engloban aspectos subxectivos ou cognitivos de carácter displacenteiro, aspectos corporais ou fisiolóxicos caracterizados por un alto grao de activación do sistema periférico, aspectos observables ou motores que acostuman implicar comportamentos pouco axustados e escasamente adaptativos.<ref>Tobal, M. 1996</ref> É unha característica [[Bioloxía|biolóxica]] do [[ser humano]], que antecede momentos de perigo real ou imaxinario, marcada por sensacións corporais desagradables tales como unha sensación de baleiro no [[estómago]], [[corazón]] batendo rápido, medo intenso, aperto no [[tórax]], [[transpiración]], etc
 
A ansiedade ten unha función moi importante relacionada coa [[supervivencia]], canda o [[medo]], a [[ira]], a [[tristeza]] ou a [[felicidade]]. Actualmente estímase que un 20.,5% ou máis da poboación mundial sofre algún tipo de trastorno de ansiedade, xeralmente sen sabelo.
 
A nivel patolóxico, a ansiedade non xorde na vida da persoa por unha escolla. Existen vivencias interpersoais e problemas na primeira infancia que poden ser importantes e causas desta. Alén diso, existen causas biolóxicas como anormalidades químicas no [[cerebro]] ou problemas [[hormona]]is. As persoas ansiosas teñen un vasto número de síntomas. Moitos resultan dun aumento da estimulación do [[sistema nervioso vexetativo]] ou autónomo, que controla o reflexo ataque-fuga. Outros son somatizacións, é dicir, que os doentes converten a ansiedade en problemas físicos, incluíndo dores de cabeza, males intestinais, tensión muscular, etc
Liña 8:
Cerca da metade das persoas con ansiedade sofren principalmente de síntomas físicos, normalmente localizados nos intestinos e no peito. Conforme a sintomatoloxía, a ansiedade pode ser clasificada en varios trastornos, mais sempre e cando haxa un grao patolóxico, definido como aquel que causa interferencia nas actividades normais do individuo.
 
== Descrición xeral ==
Ante unha situación de alerta, o organismo pon a funcionar o [[sistema adrenérxico]]. Por exemplo, cando o organismo considera necesario [[alimentación|alimentarse]], este sistema entra en funcionamento e libera sinais de alerta a todo o [[sistema nervioso central]]. Cando se detecta unha fonte de alimento para a cal se require certa actividade física, dispáranse os mecanismos que liberan adrenalina, e fórzase a todo o organismo a achegar enerxías de reserva para a consecución da fonte enerxética e que normalizará os valores que dispararon esta "alerta amarela". Neses momentos, o organismo, grazas á adrenalina, pasa a un estado de "alerta vermella".
 
Liña 15:
Desde este punto de vista, a ansiedade considérase un sinal positivo, de saúde, que axuda na vida cotiá, sempre que sexa unha reacción fronte a determinadas situacións que teñan a súa cadea de sucesos de forma correlativa: alerta amarela, alerta vermella e consecución do obxectivo. Se a cadea se rompe nalgún momento e esas situacións se presentan con asiduidade, entón o organismo corre o risco de intoxicarse por dopaminas ou por outras catecolaminas.
 
== Ansiedade a niveis patolóxicos ==
Todas as persoas poden sentir ansiedade, principalmente coa vida atribulada actual, mais cando a ansiedade se acaba tornando constante na vida, dependendo do grao ou da frecuencia, tórnase patolóxica e pode carrexar moitos problemas posteriores, mais non sempre é patolóxica.
 
Liña 26:
A ansiedade en niveis moi altos, ou cando se presenta coa [[timidez]] ou [[depresión (psicoloxía)|depresión]], impide que a persoa desenvolva o seu potencial intelectual. O aprendido é bloqueado e iso interfire non só no aprendido da educación tradicional, senón tamén na intelixencia social. O individuo fica sen saber como comportarse en ocasións sociais ou no traballo, o que pode levar a un estancamento vital.
 
== Síntomas ==
Os síntomas da ansiedade son moi diversos e talvez os máis comúns consistan na hiperactividade vexetativa, que se manifesta con taquicardia, taquipnea, midríase, sensación de afogo, tremores de extremidades, sensación de perda de control ou do coñecemento, transpiración, náusea, rixidez muscular, debilidade muscular, insomnio, inquietude motora, dificultades para a comunicación, pensamentos negativos e obsesivos, etc
 
Liña 43:
* [[Arrepío]]s, [[suor]]es, frío, [[man]]s húmidas
* [[Boca]] seca
* [[Contracción muscular|Contraccións]] ou [[Tremor (Psicoloxía)|tremortremores]]es incontrolables
* [[Tensión nerviosa|Tensión]] [[Músculo|muscular]], [[dor]]es
* Necesidade urxente de [[feces|defecar]] ou [[ouriños|ouriñar]]
Liña 54:
* Sensación de impotencia
 
== Tratamento ==
En xeral, considérase que a ansiedade é unha condición que existe de por vida en certo grao. Non todos os pacientes responden da mesma forma aos tratamentos, pero unha porcentaxe importante deles poden lograr unha recuperación parcial ou case completa a longo prazo coa axuda de terapia psicolóxica (terapia cognitivo-condutual). Crese que a prognose da ansiedade vese afectada pola crenza común (posiblemente unha crenza negativa e incorrecta) por parte dos pacientes de que a súa condición é especialmente grave, máis grave que a de calquera outra persoa que xa se recuperara.
 
Liña 65:
# Observar os pensamentos e direccionalos para que sexan agradables.
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://ansiedadesindromedopanico.wordpress.com/ Ansiedade: Sinais e sintomas] {{pt}}