Scottie Pippen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traxectoria traducida da wikipedia en lingua castelá (es:Scottie Pippen)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 48:
 
== Traxectoria ==
=== Chegada a Chicago Bullse primeiros títulos ===
Pippen criouse no [[Estados dos Estados Unidos de América|Estado de]] [[Arcansas]], onde asistiu á Universidade de Central Arkansas. Asistir a unha universidade menor, fóra do circuíto [[NCAA]] fixo que houbese algunhas sospeitas sobre o seu rendemento ao máximo nivel, mais a súa capacidade defensiva e polivalencia xogaron ao seu favor e nun destacábel último ano na universidade con medias de 26,3 puntos e 10 rebotes por partido, que o levaron a unha boa elección no [[Draft da NBA|Draft]]. Así, en [[1987]] foi elixido polos [[Seattle SuperSonics]] no quinto lugar da primeira rolda, mais Jerry Krause, Director de Operacións dos [[Chicago Bulls]], xa se tiña fixado no talento do xogador e non tardou en acordar un traspaso que levase ao de Arcansas a recalar na principal cidade de [[Illinois]].
 
A aposta dos Bulls tivo unha resposta inmediata, saíndo desde o banco fixo unha media de 7,9 puntos, 3,8 rebotes e 2,1 asistencias por partido, axudando ao equipo de Chicago a alcanzar a segunda rolda dos Play-offs por primeira vez na última década. Aínda que caeron por 4-1 na súa eliminatoria contra os [[Detroit Pistons]] de [[Isiah Thomas]], a franquí tiña motivos para estar contentos, xa que o futuro de Pippen e os Bulls presentábase inmellorable cun equipo novo e de gran talento. Nos seguintes anos Pippen continúa a súa progresión dentro do equipo e establécese como segundo xogador tras [[Michael Jordan]]. En [[1990]] recoñécese a súa valía sendo seleccionado para o [[All-Star Game da NBA|All-Star Game]] por primeira vez. Finalmente logra o seu primeiro título en [[1991]] tras gañar na final ante [[Los Angeles Lakers]]. Pippen xunto ao seu gran amigo Jordan formaban unha destacábel parella que levaría aos Bulls a alzarse con 3 campionatos consecutivos entre [[1991]] e [[1993]].
 
=== Partida e regreso de Jordan ===
A sorprendente retirada de Jordan ao final da tempada [[1993]] deixa a Pippen coa posibilidade de demostrar que é algo máis que un bo complemento para Jordan. Sen a sombra de "''Air''" sobre el, na temporada {{nbay|1993}} desprega o seu mellor xogo liderando aos Bulls en practicamente todos os apartados ofensivos e defensivos, conseguindo mesmo ser nomeado o MVP do All-Star e ser un serio candidato ao [[MVP da NBA|MVP da temporada regular]]. Finalmente levou aos Bulls a unha marca 55 vitorias por 27 derrotas, superarando a primeira rolda de Play-Offs con facilidade ante os [[Cleveland Cavaliers]] por 3-0, mais caendo nun axustado 4-3 contra os [[New York Knicks]] de [[Patrick Ewing]] que contaban co factor campo ao seu favor. Durante esta eliminatoria produciuse o suceso máis rocambolesco da vida profesional de Pippen. A falta de 1,8 segundos para o final do terceiro partido ante os Knicks, co marcador igualado a 102 e 2-0 abaixo na serie para os Bulls [[Phil Jackson]], adestrador de Chicago, solicita un tempo morto para preparar a xogada. Para sorpresa de todos Pippen, indiscutible líder do equipo, non é o elixido para facer este último lanzamento senón que Jackson decide que sexa [[Toni Kukoč]] quen o lance. O enfado de Pippen é tal que se nega a entrar á pista para esa última xogada, senta no banco e con xesto contrariado presencia a xogada. Kukoč recibe o balón a algo máis de 6 metros da canastra, lanza e anota. Todo son caras de alegría nos Bulls excepto en Pippen e Jackson.
 
Tras este momento de tensión Jerry Krause empeza a barallar a opción de traspasar a Pippen a Seattle a cambio de [[Shawn Kemp]], mais a volta a metade de da temporada {{nbay|1994}} de Jordan cos Bulls fai que as augas volten á súa canle. Nesta tempada os Bulls volven caer en segunda rolda, esta vez ante os [[Orlando Magic]] liderados por [[Shaquille O'Neal]] e [[Anfernee Hardaway]]. Aínda con Jordan de volta, os Bulls e Pippen vense por segundo ano consecutivo fóra da loita polo título. Ao ano seguinte a chegada de [[Dennis Rodman]] e con Pippen e Jordan en gran forma conseguen un fito histórico, unha marca de 72-10 na fase regular, a mellor até a data na NBA. Con este equipo como base axudados por xogadores como [[Toni Kukoč|Kukoč]], [[Ron Harper]] ou [[Luc Longley]], os Bulls conseguen de novo tres campionatos consecutivos entre 1996 e 1998.
 
=== Últimos anos ===
A pesar destes éxitos deportivos o desacordo entre os xogadores e Jerry Krause é manifesto, e ao final da temporada {{nbay|1997}} o equipo queda totalmente desmembrado. [[Michael Jordan]] anuncia unha nova retirada do baloncesto, Rodman pon rumbo cara aos Lakers e Pippen é traspasado aos [[Houston Rockets]] durante a tempada do "''lockout''" (bloqueo) a cambio de Roy Rogers e unha rolda do draft condicional. Grazas á chegada aos Rockets de Pippen, que xa contaban con [[Hakeem Olajuwon]] e [[Charles Barkley]], o equipo parece un dos máis firmes candidatos ao título, mais nesta atípica tempada só conseguen unha marca de 31-19 e caen en primeira rolda de playoff ante os Lakers por 3-1. A súa mala relación con Barkley lévalle a abandonar o equipo, sendo ese verán traspasado aos [[Portland Trail Blazers]] a cambio de Kelvin Cato, Stacey Augmon, Walt Williams, Brian Shaw, Ed Gray e Carlos Rogers.
 
Xa en Portalnd para a temporada {{nbay|1999}}, un xa veterán Pippen axuda ao equipo a acadar a final da [[Conferencia Oeste da NBA|Conferencia Oeste]], onde caen nun apertado 4-3 contra os Lakers. Tras permanecer até a temporada {{nbay|2002}} no equipo de [[Oregón]], o seu antigo compañeiro nos Bulls, [[John Paxson]], ofrécelle voltar a Chicago co papel de apoiar e ensinar a uns mozos que deben ser o futuro do equipo. O seu papel na pista é meramente testemuñal, participando en 23 partidos e con moitos problemas de lesións ao longo da campaña, anunciando a súa retirada ao final do ano á idade de 39 anos. O [[9 de decembro]] de [[2005]] o seu número foi retirado polos Bulls e pasou a unirse ao 23 de Jordan, ao 4 de [[Jerry Sloan]] e ao 10 de [[Bob Love]]. Tras especular moito coa súa volta ás canchas na NBA, en xaneiro de [[2008]] Pippen fai unha pequena xira por [[Escandinavia]] con 42 anos. Xogaría dous partidos para o Torpan Pojat da [[Korisliiga]] [[Finlandia|finlandesa]] e para o equipo [[Suecia|sueco]] Sundsvall. No seu primeiro partido, o [[4 de xaneiro]], Pippen anota 12 puntos na vitoria do ToPo por 93–81 ante o Porvoo. Ao día seguinte anota nove puntos e captura nove rebotes na vitoria do seu equipo por 98–85 ante o Honka. Xa en Suecia, no seu terceiro partido da xira, fai 21 puntos, colle 12 rebotes, fai tres asistencias e realiza tres roubos en 30 minutos na vitoria por 102–74 dps Sundsvall Dragons ante o Akropol de Rinkeby. Os Dragons pagaron a Pippen 66.000 [[dólar estadounidense|dólares]] pola súa aportación.
 
== Notas ==