Bando, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m actualizo poboación
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 11:
|entidades = 7
}}
'''Santa Eulalia de Bando''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Santiago de Compostela]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 976 habitantes (529 mulleres e 447 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 1. 022 habitantes.
 
== Xeografía ==
É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. É nesta parroquia onde nace o [[Río Sar|río Sar]].
 
Na parroquia de Bando están situadas as instalacións da [[Televisión de Galicia]], da [[Televisión Española]] en Galicia, da [[Radio Galega]] e o refuxio municipal de animais.
 
== Patrimonio ==
Na ''freguesía'' de '''Bando''' destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.
 
É de importancia crucial no urbanismo e na historia da parroquia o paso através dela do [[Camiño de Santiago]] nunha das súas últimas partes. É no [[Monte do Gozo]], situado no lugar de [[San Marcos, Bando, Santiago de Compostela|San Marcos]], desde onde tradicionalmente se podía enxergar por vez primeira, no camiño francés, as torres da [[Catedral de Santiago|catedral]]. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de [[Xoán Paulo II]] e un complexo de albergues de peregrinos e mesmo un auditorio ao aire libre onde tiveron lugar importantes concertos.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Bando ===
{{Lp Bando}}
=== Parroquias de Santiago de Compostela ===
{{Santiago de Compostela}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Santiago de Compostela]]
 
[[Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela]]