Moses Malone: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 55:
Antes de comezar a tempada [[1986]]-[[1987|87]], Malone foi traspasado a [[Washington Bullets]], non sen antes xogar unha tempada xunto co lendario [[Charles Barkley]]. Durante as dúas tempadas que Malone estivo a xogar co equipo da capital, estes chegaron aos playoffs. As dúas tempadas seguintes xogaríaas en [[Atlanta Hawks|Atlanta]] xunto coa estrela [[Dominique Wilkins]] e o carismático [[Spud Webb]], nun equipo adestrado por [[Mike Fratello]]. A partir da tempada [[1990]]-[[91]] até o verán de [[1993]], [[Milwaukee Bucks]] foi o equipo de Moses Malone. Durante un curto período, volveu vestir a camiseta dos 76ers, xogando con [[Manute Bol]] na que sería unha tempada infestada de lesións, a [[1993]]-[[94]]. En [[1994]] foi enviado aos [[San Antonio Spurs|Spurs]] de [[David Robinson]]. A 1994-95 foi a súa última tempada na NBA. Durante o último partido da súa carreira, que lle enfrontou con [[Charlotte Hornets]], anotou un triplo na bucina desde a liña de tiros libres do campo contrario, sendo este o seu oitavo tiro de tres anotado na súa extensa carreira. Tan só xogou 17 partidos con San Antonio, todos eles en [[novembro]] e [[decembro]] de [[1994]].
 
== NotasPalmarés ==
* Campión da NBA (1983).
{{listaref|2}}
* Unha vez [[Premio Bill Russell ao MVP das Finais da NBA|MVP da Finais da NBA]] (1983).
* Tres veces [[MVP da Tempada da NBA]] (1979, 1982–1983).
* Doce veces All-Star da NBA (1978–1989).
* Dúas veces All-Star da ABA (1975–1976).
* Unha vez MVP do All-Star (1965).
* Catro veces no [[Equipo All-NBA|Primeiro equipo da NBA]] (1979, 1982–1983, 1985).
* Catro veces no [[Equipo All-NBA|Segundo equipo da NBA]] (1980–1981, 1984, 1987).
* Unha vez no Primeiro equipo defensivo da NBA (1983).
* Unha vez no Segundo equipo defensivo da NBA (1979).
* Seis veces máximo reboteador da NBA (1979, 1981–1985).
* Nomeado un dos [[50 mellores xogadores da historia da NBA]] (1996).
* Nomeado un dos Mellores xogadores da historia da ABA (1997).
* Membro do [[Basketball Hall of Fame]] como xogador (2001).
* Número 24 retirado polos [[Houston Rockets]].
 
== Véxase tamén ==