Diferenzas entre revisións de «Teatro García Barbón»

sen resumo de edición
{{Teatro
| nome = Centro CulturalTeatro Afundación Vigo
| imaxe = Teatro García Barbón.jpg
| tamaño_imaxe = 300px
Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto [[Antonio Palacios]], un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da [[Opera de París]] e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano [[1913]] no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o [[23 de abril]] de [[1927]] coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.
 
A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de [[granito]], material típico do [[O Porriño|Porriño]] natal do arquitecto. O seu estilo califícase como [[neobarroco]], dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado<ref name=Teatro_Garcia_Barbon>[http://www.afundacion.org/es/centro/centro_cultural_afundacion_vigo TetaroTeatro Afundación].{{Ligazón morta}}</ref>.
 
Entre os anos [[1982]] e [[1984]] o inmoble foi restaurado polo arquitecto [[Desiderio Pernas]] ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actualmente [[Afundación]]) que pretendía convertelo nun centro cultural.
Usuario anónimo