Diferenzas entre revisións de «Teatro García Barbón»

sen resumo de edición
m (elimino a Categoría:Novacaixagalicia; engado a Categoría:Abanca mediante HotCat)
| estilo =
| uso_actual =
| sitio_web = {{URL|http://http://www.obrasocialncgafundacion.comorg/gaes/centro/cultural/centro_cultural_novacaixagalicia_vigocentro_cultural_afundacion_vigo|Páxina web}}
}}
O '''Centro Cultural Afundación Vigo''' é un centro cultural cuxa sede se atopa no '''Teatro García Barbón''' no concello de [[Vigo]]. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.
Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto [[Antonio Palacios]], un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da [[Opera de París]] e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano [[1913]] no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o [[23 de abril]] de [[1927]] coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.
 
A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de [[granito]], material típico do [[O Porriño|Porriño]] natal do arquitecto. O seu estilo califícase como [[neobarroco]], dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado<ref name=Teatro_Garcia_Barbon>[http://www.caixanovaafundacion.org/es/instalacionescentro/centrocultural/01index.htm Centrocentro_cultural_afundacion_vigo CulturalTetaro CaixanovaAfundación].{{Ligazón morta}}</ref>.
 
Entre os anos [[1982]] e [[1984]] o inmoble foi restaurado polo arquitecto [[Desiderio Pernas]] ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actualmente [[AbancaAfundación]]) que pretendía convertelo nun centro cultural.
 
Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de [[cobre]] engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de [[Juan Oliveira Viéitez]] nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de [[Manuel García Buciños]], alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música<ref name=Teatro_Garcia_Barbon/>. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o [[22 de marzo]] de [[1984]]<ref name=Cultura_Galega>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=4253&soportal=ningun O Centro Cultural Caixanova de Vigo fai balance dos seus vinte anos de actividade.]</ref>. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día<ref name=Cultura_Galega/>.
Usuario anónimo