Lingua catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
mSen resumo de edición
Liña 32:
As primeiras testemuñas de catalán escrito son do [[século IX]], aínda que o primeiro documento considerado literario en catalán son as [[Homilies d'Organyà]], do [[século XIII]]. Ata os séculos [[Século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]], cando empeza o retroceso da lingua en favor do [[lingua castelá|castelán]], o catalán esténdese e a súa literatura é desenvolvida por autores como [[Ramon Llull]] (s.XIII-XIV), [[Ausiàs March]] e [[Joanot Martorell]] (s.XV).
 
O uso do catalán foi prohibido no [[Cataluña|Principado de Cataluña]] no campo oficial desde o [[Decretos de Nueva Planta|Decreto de Nova Planta]] ([[1716]]), no [[País Valenciano]] ([[1707]]) e en [[Mallorca]] e [[Eivissa]] ([[1715]]). Na [[Cataluña Norte]] estaba prohibido desde [[1700]]. [[Menorca]] pasou a soberanía británica en [[1713]]. Estas prohibicións mantivéronse excepto durante a primeira e a segunda república nos territorios cataláscataláns de España e ata a entrada dos diferentes estatutos de autonomía entre [[1978]] e [[1983]], excepto na [[Franxa de Aragón]]. Esta oficialidade é compartida co [[lingua castelá|castelán]] en tódolos territorios.
 
O catalán foi a lingua habitual en parte do [[Murcia|Reino de Murcia]] e na cidade de [[Cagliari]], en [[Sardeña]], ata o [[século XVIII]]. Durante o [[século XIX]] houbo importantes colonias de catalanofalantes en [[Florida]] e [[Alxeria]], co dialecto extinto coñecido como ''patuet''.