Elvin Hayes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 47:
Disputou a [[NCAA|liga universitaria]] entre [[1966]] e [[1968]] cos ''Cougars'' da universidade de [[Houston Cougars|Houston]]. Nese tres tempadas fixo unha considerables medias de 31,0 puntos e 17,2 rebotes por partido. O seu mellor partido disputouno o [[20 de xaneiro]] de [[1968]]. Ese día enfrontábanse aos [[UCLA Bruins|Bruins de UCLA]], liderados por [[Lew Alcindor]], que unha vez convertido ao [[Islam|islamismo]] cambiou o seu nome polo de [[Kareem Abdul-Jabbar]]. Este partido supuxo a primeira vez que se retransmitía un encontro universitario por [[televisión]] a todo o país. Disputouse no [[Houston Astrodome]], e bateu o record de asistencia de público nun partido de baloncesto nese momento, con 52.693 persoas vendo o encontro en directo. Hayes anotou 39 puntos e colleu 15 rebotes, deixando á estrela rival, [[Kareem Abdul Jabbar|Alcindor]], en 15 puntos. Houston gañou 71-69, e ese partido foi vital para que Hayes conseguise ese ano o título de "Xogador do Ano". Ese partido está considerado por moitos como o ''"partido do século"'', xa que ademais, rompía unha serie de 47 partidos sen perder de UCLA. Compre destacar que Hayes foi, xunto a [[Don Chaney]], o primeiro xogador [[afroamericano]] da Universidade de Houston.
 
=== [[NBA]] ===
Foi elixido na primeira posición do [[NBA Draft|draft]] polos [[Houston Rockets|San Diego Rockets]] en [[1968]]. Na súa primeira tempada conseguiu anotar, nun partido contra [[Detroit Pistons]], 54 puntos, acabando a mesma cunha media de 28,4 puntos e 17,1 rebotes, o que lle valeu para entrar o o quinteto ideal de novatos dese ano e ser o máximo anotador da competición. Sorprendentemente, o título de ''Rookie do ano'' levoullo [[Wes Unseld]], con peores estatísticas, mais que tamén obtivo o [[Most Valuable Player (NBA)|MVP]] da liga. Curiosamente ambos foron compañeiros de equipo anos despois, cando Hayes foi traspasado aos [[Baltimore Bullets]], logrando entre os dous levar ao seu equipo a tres finais da [[NBA]], gañando o título na [[Tempada 1977-78 da NBA|tempada 1977-78]].