Sefardí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
[[Ficheiro:Sefardies1Sephardic family in Bosnia, 19th century.jpg|miniatura|dereita|Retrato dunha familia sefardí]]
Os '''sefardís''', do [[lingua hebrea|hebreo]] ספרדים, son os descendentes dos [[xudeu]]s que viviron nos distintos territorios da [[Península Ibérica]] até [[1492]], e que están ligados á cultura hispánica mediante a [[lingua]] e a [[tradición]]. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en [[Israel]], [[Francia]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Turquía]]. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en [[México]] e ao longo de Sudamérica, principalmente na [[Arxentina]], onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades [[España|españolas]].