Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
m Bot: Cambio o modelo: Cz; cambios estética
Liña 1:
{{Linguas Indoeuropeas}}
A '''indoeuropeística''' (ou '''lingüística indoeuropea''') é a rama da [[lingüística histórica]] e da [[lingüística comparada]] que se ocupa da reconstrución da [[lingua indoeuropea]] e das evolucións históricas das [[linguas indoeuropeas]]. Xurdida con base científica no segundo decenio do [[século XIX]], ten elaborado e válese principalmente do [[método comparativo]] que permite, a través da comparación entre as linguas coñecidas, a identificación de correspondencias estruturais sistemáticas, a través das cales é posíbel elaborar un cadro de conxunto da lingua indoeuropea que non nos é coñecida ''per se'', xa que é unha lingua [[Prehistoria|prehistórica]] que non deixou testemuños directos. Xunto coa [[arqueoloxía]] e a [[historia]], a indoeuropeística tenta tamén reconstruír, sempre por vía indutiva, as características do [[indoeuropeos|pobo indoeuropeo]] que falou tal lingua, e o seu posterior espallamento que deu orixe aos [[pobos indoeuropeos]] historicamente coñecidos.
== Historia ==
=== A fase pioneira (séculos XVII-XVIII) ===
A finais da [[Idade Media]] viaxeiros e mercadores notaron, casualmente e esporadicamente, algunhas semellanzas entre as linguas europeas e [[Linguas indoiranias|as da India]], sen estar porén en condicións de fornecer explicacións para tal afinidade. En particular, foi o [[Florencia - Firenze|florentino]] [[Filippo Sassetti]] quen notou no [[1585]] singulares semellanzas entre o sistema dos numerais [[lingua latina|latinos]] e os do [[lingua sánscrita]]. Nesa época non foi posíbel captar a importancia da observación, que non atinxía a coincidencias casuais senón sistemáticas; analogamente, permaneceron no nivel de mera curiosidade as observacións de outras tantas correlacións no campo do sistema da terminoloxía de [[parentesco]]. A primeira formulación da existencia dun devanceiro común de gran parte das linguas históricas de [[Europa]] e da [[Asia]] centro-occidental aparece en [[1686]], cando [[Andreas Jäger]] presentou, no seu ''De lingua vetustissima Europae'', a hipótese de que o [[Lingua grega|grego]], o latín, as [[linguas xermánicas]], as [[linguas célticas]],o [[linguas eslavas|eslavo]] e o [[Lingua persa|persa]] fosen o resultado da evolución dunha lingua extinta, parlada antigamente nas proximidades do [[Cáucaso]] e á que deu o nome de "escitocéltico"<ref name=villar>Francisco Villar, ''Los indoeuropeos y los orígenes de Europa'', pp. 19-33.</ref>.
 
[[Ficheiro:Sir William Jones.jpg|miniatura|William Jones]]
No curso do [[século XVIII]] os progresos no campo foron limitados, se ben paralelamente se foi asentando entre os europeos o coñecemento, ata agora bastante superficial, da lingua sánscrita. Decisiva, neste senso, foi a [[Historia da India#A dominación británica|dominación británica da India]]. O [[2 de febreiro]] de [[1786]] [[William Jones]], orientalista [[Reino Unido|británico]] que na India traballaba como xuíz no Tribunal Supremo de [[Calcuta]], pronunciou, ante a [[Asiatic Society]] de [[Bengala]] que el mesmo fundara e da que era presidente, o discurso que se considera o punto de inflexión no camiño do nacemento da indoeuropeística.
<ref name=watkins>Calvert Watkins, ''El proto-indoeuropeo'', pp. 45-47.</ref>:
 
Liña 13:
Independente e contemporaneamente, en Europa viñeron importantes contribucións por parte dos irmáns Schlegel: [[August Wilhelm von Schlegel|August Wilhelm]] editou o ''[[Bhagavad Gita]]'' e o ''[[Ramayana]]''; [[Friedrich von Schlegel|Friedrich]] no [[1808]] publicou ''Über die Sprache und Weisheit der Indier'', considerado un dos textos fundacionais da [[tipoloxía lingüística]]. No seu ensaio, Schlegel apuntou unha clasificación [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxica]] ([[linguas flexivas]], [[linguas aglutinantes]], etc.) e, no campo específico da protoindoeuropeística, reafirmou a existencia dun parentesco xenético entre sánscrito, persa, grego, latino, etc. A profunda influencia de Schlegel sobre cultura europea contemporánea foi decisiva para dirixir a atención da comunidade científica cara á elaboración das primeiras bases da indoeuropeística. Tras a primeira e mediocre gramática de [[Paulino de San Bartolomeu]] (''Sidharubam seu Gramática Samscrdamica'', publicada en [[Roma]] no [[1790]]), no [[1805]] [[Henry Thomas Colebrooke]] deu ao prelo ''A Grammar of the Sanscrit Language'', que se converteu no punto de referencia de toda a lingüística europea e que fixo posíbel a fundación mesma da indoeuropeística<ref name=villar />.
 
=== Nacemento e desenvolvemento da indoeuropeística como ciencia (século XIX) ===
[[Ficheiro:Franz Bopp (2).jpg|miniatura|esquerda|Franz Bopp]]
[[Ficheiro:Rasmus Rask2.jpg|miniatura|Rasmus Christian Rask]]
Liña 20:
Cronoloxicamente anterior, pero non difundido ata o traballo de Bopp foi o do [[Dinamarca|danés]] [[Rasmus Christian Rask]], ''Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse'' (redactado no [[1814]], publicado en [[1818]]). Os resultados de Rask son en gran parte semellantes aos de Bopp; porén, o diverso camiño seguido polos dous estudosos (Bopp era orientalista, Rask xermanista) levou aos dous traballos a solucións complementarias: se a Bopp lle debemos a identificación das correspondencias sistemáticas dos sistemas morfolóxicos, a Rask vai o mérito de ter identificado análogas correspondencias no campo da [[fonética]]<ref name=villar />.
 
Con Bopp e Rask establecéronse os fundamentos da indoeuropeística. Grazas ao [[método comparativo]], situado entre os instrumentos máis rigorosos e dignos de confianza ao dispor das ciencias humanas, foi inmediatamente posíbel identificar como membros da familia lingüística indoeuropea o grego, o latín, as linguas xermánicas e as [[linguas indoiranias]]; a pertenza ao grupo das [[linguas célticas]], sostida por Rask e posta como hipótese desde os momentos pioneiros da indoeuropeística, foi demostrada definitivamente por Bopp no [[1838]], cando o lingüista alemán puidera xa, grazas ao desenvolvemento contemporáneo das respectivas filoloxías, incluír no elenco sen dúbida tamén as [[linguas bálticas]] e as [[linguas eslavas]]. Tamén foi Bopp que recoñeceu a indoeuropeidade da [[lingua albanesa]], mentres a da [[Lingua armenia]] como rama propia, particularmente problemática a causa da extrema evolución do material lingüístico indoeuropeo orixinario, non chegou ata o [[1875]] grazas a [[Heinrich Hübschmann]]<ref name=watkins />.
==== Reconstrución ====
{{Ver tamén|Fonoloxía do indoeuropeo|Morfoloxía do indoeuropeo|Neogramáticos}}
Unha vez establecida a existencia mesma da familia lingüística indoeuropea, a neonata disciplina dedicouse ao intento de [[Reconstrución lingüística|reconstruír]] a [[protolingua]] común - o [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]], - a través da rigorosa aplicación do [[método comparativo]]<ref name=watkins />. Os primeiros indoeuropeístas como Bopp non pensaron tampouco na posibilidade de tal reconstrución, pero a xeración seguinte de lingüistas foi bastante máis optimista: [[August Schleicher]] mesmo chegou a compoñer en “indoeuropeo” unha fábula, ''[[A ovella e os cabalos]]''<ref>Villar, pp. 200-201.</ref>.
Alén dos excesos de optimismo, a obra de reconstrución levouna adiante principalmente a [[Escola neogramática]] alemá (os ''Junggrammatiker'': [[Hermann Osthoff]], [[Karl Brugmann]], [[August Leskien]], [[Berthold Delbrück]], [[Hermann Paul]]), que chegou a definir unha primeira, "clásica" reconstrución do indoeuropeo. Os neogramáticos, inspirados polas investigacións contemporáneas no campo da [[filoloxía xermánica]] que arribaron á definición da [[Lei de Grimm]] e da [[Lei de Verner]], identificaron unha serie de leis que regulaban as relacións fonéticas no paso do indoeuropeo reconstruído ás linguas indoeuropeas históricas; particular relevo ten a [[Lei de Leskien]], segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, ten sempre o mesmo resultado, sen excepcións. Ademais,os neogramáticos introduciron tamén os principios, complementarios á Lei de Leskien, da [[analoxía]] e do [[Préstamo lingüístico|préstamo]]. A reconstrución neogramática atopou a súa síntese definitiva na monumental ''Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen'' ([[1897]]-[[1916]]) de Brugmann, que representou por decenios o punto de referencia da indoeuropeística<ref name=villar2>Villar, pp. 213-221, 340.</ref>.
 
=== Os debates da indoeuropeística contemporánea (século XX) ===
==== Reducionismo ====
Nos primeiros decenios do [[século XX]] a síntese neogramática foi obxecto de repetidos intentos de reducionismo: o complexo fonolóxico e morfosintáctico do indoeuropeo reconstruído polos neogramáticos resultaba cada vez máis insatisfactorio, quer pola súa excesiva rixidez, quer pola súa excesiva riqueza de estruturas. Tal tendencia reducionista recibiu un decisivo impulso tras o desciframento da [[lingua hitita]], levada a cabo polo [[Chequia|checo]] [[Bedřich Hrozný]] no [[1917]]: o hitita resultou ser non só a lingua indoeuropea de testemuño máis antigo, senón que ademais se separaba significativamente do paradigma neogramático, fundado sobre o axioma dun maior arcaísmo - e polo tanto dunha maior relevancia para definir a lingua común - do grego e do sánscrito. O descubrimento do hitita puxo en crise o "paradigma grego-sanscritista" dos neogramáticos, impoñendo a busca dunha nova reconstrución do indoeuropeo común<ref>Villar, pp. 343-361.</ref>.
 
Liña 34:
[[Ficheiro:Ferdinand de Saussure.jpg|miniatura|Ferdinand de Saussure.]]
 
O reducionismo operou en todos os ámbitos da lingua reconstruída. No campo fonético, interesou quer o [[vogal|vocalivocalismo]]smo quer o [[consoante|consonanticonsonantismo]]smo. O sistema vocálico reconstruído polos neogramáticos prevía dez vogais (a/e/i/o/u, cada unha nas dúas variedades longa e breve), pero xa o suízo [[Ferdinand de Saussure]] na ''Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes'' ([[1878]]) criticou a pobre base comparativa de /a/; a eliminación de /a/ tería xerado, porén, un sistema e/i/o/u tipoloxicamente inaceptábel, polo que se propuxo unha diferente reconstrución do vocalismo na serie a/e/i/u, tipoloxicamente válida e rica en implicacións dialectolóxicas. Actualmente as dúas hipóteses - con cinco ou catro vogais - son as que obteñen maior consenso entre os indoeuropeístas; pouco seguimento tiveron as propostas de reducir as vogais a dúas (e/o, para o polaco [[Jerzy Kuryłowicz]] ou o español [[Francisco Rodríguez Adrados]]) ou mesmo a unha (para o francés [[André Martinet]])<ref>Villar, pp. 223-236.</ref>.
 
A atención da indoeuropeística estivo catalizada polo debate sobre a [[Teoría das laringais]], postulada xa por De Saussure no ''Mémoire'' e retomada polo danés [[Hermann Möller]], polo francés [[Albert Cuny]] e por Jerzy Kuryłowicz. Xa antes do descubrimento do hitita postulárase a presenza de tres fonemas [[laringal|laringais]] (/h<sub>1</sub>/, /h<sub>2</sub>/, /h<sub>3</sub>/) responsábeis dalgunhas anomalías no vocalismo indoeuropeo, pero tal hipótese, fundada sobre a reconstrución interna e non sobre o método comparativo posto que non había testemuño de tales fonemas, encontrou ao principio amplas resistencias. Foi o testemuño do hitita, que efectivamente presenta este tipo de sons, o que despexou a estrada á afirmación da teoría, na formulación xeralmente compartida do francés [[Émile Benveniste]] (''Le vocabulaire des institutions indo-européennes'', [[1969]]). Un éxito menor tiveron as propostas dun número distinto de laringais, de unha a dez; restan porén neste ámbito algúns pintos sen resolver, quer sobre o número de sons, quer sobre a súa realización fonética efectiva<ref>Villar, pp. 241-248; Watkins, pp. 57-60.</ref>.
 
O paradigma neogramático prevía para as [[oclusiva]]s cinco ordes ([[labial]], [[dental]], [[velar]], [[palatal]] e [[labiovelar]]) e catro series ([[Consoante sonora|sonora]], [[Consonante xorda|xorda]], [[sonora aspirada]], [[xorda aspirada]]), cun total de vinte fonemas. Tamén neste caso o afán reducionista vén de De Saussure, e levou a Kuryłowicz a excluír do inventario as xordas aspiradas; tamén as ordes foron obxecto de reducionismo, coa boa acollida da exclusión das palatais proposta polo francés [[Antoine Meillet]]. O sistema que resulta (sonora/xorda/sonora aspirada) presenta con todo graves inconvenientes tipolóxicos, aos cales a indoeuropeística buscou unha solución postulando a [[Teoría das glotais]]. Elaborada en modo independente polo francés [[André-Georges Haudricourt]], polos soviéticos [[Vjačeslav Vsevolodovič Ivanov]] e [[Tamaz V. Gamkrelidze]] e polo estadounidense [[Paul J. Hopper]], tal hipótese fornécelle ao indoeuropeo un sistema de oclusivas sonora/xorda/xorda [[Consoante glotal|glotalizada]] tipoloxicamente aceptábel, introducindo porén novas dificultades aínda obxecto de elaboración por parte da disciplina<ref>Villar, pp. 248-262; Watkins, pp. 52-55.</ref>.
 
Canto á morfoloxía, a indoeuropeística ten afinado progresivamente a reconstrución das [[Raíz (lingüística)|raíces]] e das estruturas morfosintácticas do indoeuropeo reconstruído. Na [[flexión nominal]], obxecto dos traballos e do debate da indoeuropeística teñen estado o [[Xénero gramatical|xénero]] (identificación dos dous [[sufixos]] do feminino; natureza da oposición orixinaria -se foi masculino/feminino ou [[animado]]/[[inanimado]]), o [[Número gramatical|número]] (existencia e grao de desenvolvemento do [[dual]]); o [[Caso gramatical|caso]] (desenvolvemento dos sufixos de [[nominativo]], [[acusativo]], [[vocativo]], [[xenitivo]], [[dativo]]; existencia e grao de desenvolvemento de [[instrumental]], [[locativo]], [[ablativo]] e [[directivo]]) e as formas e o desenvolvemento dos [[pronome]]s e dos [[adxectivo]]s<ref>Villar, pp. 271-322; Watkins, pp. 68-72, 77-89.</ref>. Tamén no campo da [[flexión verbal]] a indoeuropeística novecentista someteu a revisión a reconstrución neogramática, xeralmente valorada como demasiado inclinada a acoller os elementos peculiares do sánscrito e, sobre todo, do grego. Así téñense revisado os elencos das [[desinencia]]s de [[Persoa gramatical|persoa]], [[Tempo gramatical|tempo]], [[Número gramatical|número]] e [[diátese]] e afondada a reconstrución e a evolución dos [[morfemas]] característicos, así como dos de [[Aspecto (lingüística)|aspecto]] e de [[Modo gramatical|modo]]; tamén neste campo operou unha tendencia reducionista, dirixida sobre todo a adelgazar a listaxe de tempos, das diáteses e dos modos asignábeis ao indoeuropeo común<ref>Villar, pp. 323-340; Watkins, pp. 72-77.</ref>.
Liña 44:
Actualmente, a indoeuropeística non ofrece un ''corpus'' completo e concluso como o que fornecían os neogramáticos. As varias teorías, en liña xeral, parecen compatíbeis entre elas, con todo téndese a renunciar á formulación dunha "gramática" fechada, para privilexiar máis ben a análise dos ámbitos particulares. Tal tendencia vese tamén reforzada pola toma de conciencia de que a escala temporal durante a cal o indoeuropeo foi lingua viva foi moi ampla, da orde de milenios, e que polo tanto o que definimos como "indoeuropeo" foi en realidade un corpo en constante evolución interna, do cal as linguas históricas se separaron en diferentes momentos: isto é, existiron diversos "stadios" de indoeuropeo, a cada un dos cales lle correspondería unha reconstrución diferente. Ademais, o método comparativo, sostido pola [[reconstrución interna]] e pola [[Tipoloxía lingüística|tipoloxía]], é quen pola súa natureza de afondar a evolución [[Diacronía|diacrónica]] dos fenómenos fonéticos ou morfosintácticos particulares, non de xerar unha estrutura [[Sincronía|sincrónica]] estábel<ref name=villar2 />.
 
==== Dialectoloxía ====
Desde os inicios da lingüística indoeuropea, desenvolveuse unha [[dialectoloxía]] indoeuropea que tenta, por unha banda, describir as relacións dialectais entre as varias familias lingüísticas indoeuropeas e, por outra, a identificar os eventuais parentescos xenéticos entre o indoeuropeo propiamente dito e outras [[Protolingua|protolinguas]] prehistóricas.
[[Ficheiro:August Schleicher.jpg|miniatura|August Schleicher]]
Liña 50:
[[Ficheiro:IE expansion.png|miniatura|esquerda|300px|Esquema sumario do proceso de indoeuropeización de Eurasia entre V e I milenio a.C., segundo a Teoría kurgánica]]
Un intento alternativo de explicar a complexidade dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas foi proposto, no [[1872]], por [[Johannes Schmidt]]: o ''[[teoría das ondas|modelo das ondas]]''. Tal esquema prevía un ''continuum'' dialectal entre todas as linguas indoeuropeas, con algunhas máis próximas a outras, pero no cal unha innovación particular podía "propagarse", como os círculos das ondas, non só aos dialectos contiguos, senón tamén - se ben en número menor - tamén aos máis remotos. Como o da árbore, tamén o modelo das ondas é teoricamente posíbel; porén, o seu emprego para a descrición dos nexos dialectais indoeuropeos se revelou pouco produtivo. Ámbolos dous, en particular, tiñan o defecto de seren sistemas pechados: o descubrimento dunha nova lingua inevitabelmente os tornaría totalmente errados - cousa que sucedeu en efecto co desciframento do hitita, no 1917. O conxunto dos problemas a resolver - dialectalización gradual, contactos secundarios entre as linguas, etapas intermedias comúns, valoración de arcaísmos e innovacións, etc. - levou aos indoeuropeístas no século XX a operar con modelos radicalmente diferentes: os da escisión gradual. Tales esquemas, ademais, permiten encadrar tamén cronoloxicamente, e non só lingüisticamente, a sucesión do fraccionamento do conxunto indoeuropeo nas varias ramas da familia lingüística indoeuropea, sen por isto poñer obstáculos a eventuais contactos secundarios acontecidos en momentos históricos sucesivos. Entre os primeiros esquemas deste tipo, o proposto por [[George L. Trager]] e [[Henry L. Smith]] no [[1951]]: unha proposta pronto rexeitada na súa formulación específica, pero amplamente aceptada desde o punto de vista do esquema, hoxe de uso común na indoeuropeística tamén por ser perfectamente compatíbel coa [[Teoría dos kurgans]] de indoeuropeización da [[Eurasia]]<ref name=villar3 />.
A amplitude e caracteres dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas son actualmente un dos temas máis debatidos da indoeuropeística, con pouco acordo no seo da comunidade científica sobre os detalles do complicado e plurimilenario proceso de separación e continuo reagrupamento entre as linguas. Existen, con todo, algúns puntos,amplamente se non unanimemente aceptados. Un é a certeza de que o [[Linguas anatólicas|grupo anatólico]] foi a primeira rama en separarse do tronco común, probabelmente no [[IV milenio a. C.]]; Do mesmo modo, hai acordo en considerar o [[Linguas indoiranias|grupo indoiranico]] herdeiro do indoeuropeo máis recente. Téñense mesmo identificados trazos dialectais específicos compartidos polas linguas indoiranias co [[Lingua armenia|armenio]], o [[Lingua frixia|frixio]] e o [[Lingua grega|grego]], o que leva a moitos indoeuropeístas a concluír que tamén estas tres linguas derivan dunha variedade tardía do indoeuropeo, falada a finais do [[III milenio a. C.]]. Para as outras familias lingüísticas indoeuropeas o cadro aparece máis confuso; a súa orixe sitúase xeralmente a principios do III milenio a. C., pero con etapas de desenvolvemento secundarias en parte comúns e en parte orixinais, aínda obxecto de estudo. Aínda está en estadio de hipótese a proposta de identificar un estrato aínda máis antigo de linguas indoeuropeas, xerado no [[V milenio a. C.]] e polo tanto mesmo anterior ás linguas anatólicas, que terían deixado algúns testemuños na [[hidronimia]] de [[Europa]], pero nas herdeiras históricas coñecidas: é o que se coñece como [[antigo europeo]].<ref>Villar, pp. 617-639; Watkins, pp. 47-51.</ref>.
 
==== Nostratística ====
{{Ver tamén|Linguas nostráticas}}
Unha rama particular da indoeuropeística encargouse de indagar as posíbeis ligazóns do indoeuropeo con outras protolinguas prehistóricas, e pretende inserir o mesmo indoeuropeo no seo dunha familia lingüística máis ampla. Xa o mesmo Bopp lanzou a hipótese, nas súas primeiras obras, de posíbeis relacións entre a familia indoeuropea e a [[Linguas malaio-polinesias|malaio-polinesia]] ou a [[linguas caucásicas|caucásica]], pero despois abandonou el mesmo tales ideas, falto dun adecuado soporte metodolóxico. No curso do século XIX e dos primeiros decenios do XX propuxéronse outros posíbeis parentescos para o indoeuropeo (o [[Lingua coreana|coreano]] por [[Hermann Güntert]] e [[Heinrich Koppelmann]], o [[Lingua sumeria|sumerio]] por [[Charles Autran]], o [[Lingua chinesa|chinés]] por [[Hans Jensen (lingüista)|Hans Jensen]], o [[Lingua ainu|ainu]] por [[Pierre Naert]], etc.), sen que ningunha superase o estadio de hipótese abstracta, se non da mera elucubración<ref name=villar4>Villar, pp. 643-655.</ref>.
De [[Nicolai Anderson]] a [[Holger Pedersen]], foi particularmente activa a busca de posíbeis ligazóns coas [[linguas finougrias]], que chegou a ir máis aló das coincidencias léxicas illadas e empezou esculcar algunhas correspondencias sistemáticas. A partir destas, a indoeuropeística foi pouco e pouco afinando a comparación non entre a familia indoeuropea e outra familia lingüística particular, senón entre un conxunto de familias lingüísticas eurasiáticas, que poderías xurdir dun mesmo devanceiro: a "''lingua nostra''" ou "nostrático", segundo a definición creada polo mesmo Pedersen en analoxía co "''Mare nostrum''". A partir da metade do século XX, a nostratística esforzouse así por identificar correspondencias sistemáticas, debendo con todo operar con instrumentos en parte diferentes dos que fundaron a indoeuropeística, sobre todo o método comparativo entre sistemas gramaticais. A investigación nostratística debe volver a estadios das protolinguas tan antigos que preceden a formación mesma dos sistemas gramaticais que as caracterizan e por isto foi vista con escepticismo por moitos lingüistas; porén, ten sido posíbel illar algunhas constantes fonolóxicas, léxicas e morfolóxicas que sentaron as bases da nostrática. Segundo estudos levados a cabo por [[Vladislav Markovič Illič-Svityč]] e [[Aron Borisovič Dolgopol'skij]] e continuados entre outros por [[Vittore Pisani]] e [[Raimo Anttila]], recoñécense como membros da familia nostrática, ademais das indoeuropeas, as linguas finougrias, as [[linguas afroasiáticas]], as [[linguas altaicas]], as [[linguas kartvelianas]] e as [[linguas dravídicas]]<ref name=villar4 /><ref>Bernard Comrie, ''A familia lingüística indoeuropea: prospectivas xenéticas e tipolóxicas'', pp. 95-119.</ref>.
==== Antigüidades indoeuropeas ====
{{ver tamén|Indoeuropeos}}
Desde as orixes da ciencia, unha especialidade da indoeuropeística tentou, de acordo coa historia e a arqueoloxía, identificar as características concretas dos falantes do indoeuropeo reconstruído - os "Indoeuropeos", en suma. Tal campo de busca definiuse como "antigüidades indoeuropeas" e ten características metodolóxicas peculiares, tratándose dun pobo prehistórico cuxa situación no se coñece con certeza. A busca avanzou seguindo dúas correntes. Por unha banda tentou, apoiándose na dialectoloxía, remontarse á "patria orixinaria" dos Indoeuropeos (''[[Urheimat dos indoeuropeos|Urheimat]]''), o lugar onde viviron como pobo unitario, e fornecer en consecuencia indicacións útiles á arqueoloxía; por outra, fíxose o intento de remontarse a certas características do pobo indoeuropeo, polo menos a algúns aspectos a partir do estudo mesmo da súa lingua. As dúas correntes, complementarias, teñen sufrido fortes oscilacións no curso dos dous séculos de historia da indoeuropeística, para chegar actualmente a estaren afirmados en torno a un núcleo de coñecementos compartidos e un máis amplo conxunto de teorías aínda en estadio hipotético<ref name=campanile>Enrico Campanile, ''Antichità indoeuropee'', pp. 19-41; Villar, pp. 35-195 ''passim''.</ref>.
A reconstrución das antigüidades indoeuropeas establecida sobre o [[método léxico]] leva ao desenvolvemento dunha [[arqueoloxía lingüística]] (a "paleontoloxía lingüística") e remóntase á metade do século XIX, cos traballos do alemán [[Adalbert Kuhn]] e sobre todo polos moi sistemáticos do suízo [[Adolphe Pictet]]. Como no reconstrucionismo da lingua común, tamén no dos usos e costumes do pobo coñecía un máximo florecemento e un impulso de optimismo no século XIX, para despois ser suxeito de revisión crítica no século seguinte. Ao método léxico imputóuselle en particular a excesiva vaguidade dos conceptos reconstruídos: por exemplo, é indubidábel que os indoeuropeos coñeceron a figura do "[[rei]]" ([[lingua sánscrita|sánscrito]] ''rāṭ'', [[Lingua gala|galo]] ''rix'', [[Lingua latina|latín]] ''rex'' < [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] *''rēks''), pero non é posíbel comprender que era concretamente este "rei" na sociedade indoeuropea. Ademais, da mesma raíz poden derivarse palabras con significados parecidos, pero non perfectamente coincidentes; a arqueoloxía lingüística non ten, en liña xeral, instrumentos para identificar cal era exactamente: por exemplo, do indoeuropeo *''bhāgos'' veñen o latín ''fāgus'' e o [[alto alemán antigo]] ''buohha'' ("faia"), pero tamén o [[Lingua grega|grego]] ''phāgós'' ("carballo") e o [[Lingua rusa|ruso]] ''buz'' ("salgueiro")<ref name=campanile />.
Na segunda metade do século XX o método léxico vese axudado polo [[método textual]], posto a identificar que de orixinariamente indoeuropeo se transmitiu nas palabras particulares, e que nos testemuños poéticos, mitolóxicos, relixiosos e literarios historicamente testemuñados. Este método rexistrou desenvolvementos particulares na busca dunha poética indoeuropea cos italianos [[Marcello Durante]] e [[Enrico Campanile]] e co estadounidense [[Calvert Watkins]], mentres no ámbito da relixión e da "ideoloxía" dos indoeuropeos as principais contribucións viñeron do francés [[Georges Dumézil]] (quen postulou unha [[ideoloxía tripartita]] a través da cal se interpretaría cada ámbito do real) e do italiano [[Giacomo Devoto]] (que pensaba nunha sucesión de dúas fases - unha "teocrática" e unha "democrática", e que o paso da unha á outra viñera por medio dunha verdadeira revolución). Porén, os dous foron obxecto de numerosas críticas polos moitos trazos que se xulgaron excesivamente especulativos<ref name=campanile />.
===== A busca da patria ancestral =====
[[Ficheiro:Urheimat ipotesi.png|miniatura|300px|Algunhas hipóteses de colocación da patria ancestral dos indoeuropeos, identificados a través dos nomes dos estudosos que as propuxeron]]
Outro corrente amplamente recorrido pola indoeuropeística desde as súas orixes foi a da identificación da patria orixinaria dos indoeuropeos (''[[Urheimat dos indoeuropeos|Urheimat]]'', como se denomina, recorrendo á expresión [[Lingua alemá|alemá]]), ou sexa, cal foi o lugar no que se falou o indoeuropeo reconstruído. O problema está en conexión co da cronoloxía (absoluta e relativa) da fragmentación da familia lingüística indoeuropea, e está por tanto estreitamente entrelazado cos desenvolvementos da dialectoloxía. Inicialmente, e estando o nacemento mesmo da indoeuropeística en gran parte conectada co "descubrimento" do sánscrito por parte dos europeos, os primeiros estudosos inclinábanse a unha colocación asiática da patria ancestral, en particular na [[India]] (o noroeste segundo [[Friedrich von Schlegel]], [[Caxemira]] segundo [[Thomas Young]]). No curso do XIX propuxéronse logo numerosas outras sedes, en xeral froito de especulacións gratuítas (desde [[Babilonia]] ao [[Polo Norte]]), ata restrinxir o campo a poucas e máis solidamente argumentadas opcións. Dous son, en particular, os escenarios tomados en consideración por esta disciplina: a [[Europa]] centro-setentrional e as [[estepa]]s da [[Rusia]] meridional; pouco crédito recibiu entre os indoeuropeístas (e entre os lingüistas en xeral) a teoría dunha ''Urheimat'' [[Anatolia|anatólica]] proposta polo arqueólogo [[Colin Renfrew]]<ref name=villar5>Villar, pp. 39-92.</ref>, así como a de considerar o indoeuropeo como un [[pidgin]]<ref>Como [[pidgin]], o indoeuropeo teríase difundido porque se usaría como [[lingua franca]] polo comercio e o intercambio. Esta teoría, avanzada por arqueólogos e historiadores que seguen a [[Difusionismo|teoría difusionista]], é insustentábel desde o punto de vista lingüístico, xa que os pidgin se caracterizan por estruturas extremadamente simplificadas, ben distintas das do indoeuropeo. Cfr. Villar, pp. 85-86.</ref>.
No [[1851]] [[Robert Latham]] propuxo por vez primeira unha situación europea da patria ancestral: [[Lituania]]. Inicialmente pouco considerada, tal hipótese foi despois retomada por [[Theodor Poesche]] en [[1878]], que a acompañou con consideracións dialectolóxicas: pensaba, de feito, que o [[Lingua lituana|lituano]] era a lingua indoeuropea máis arcaica e postulou que iso era debido a que os [[lituanos]] eran os indoeuropeos que non se moveran da ''Urheimat''. Pouco máis tarde, no [[1883]], [[Karl Penka]] relanzou a tese dunha procedencia orixinaria europea, pero desta vez colocándoo na [[Escandinavia]] meridional. En [[1902]] a hipótese foi retomada polo acreditado xermanista [[Gustaf Kossinna]], que lle proporcionou un prolongado éxito. Só no [[1922]] [[Peter Giles (filólogo)|Peter Giles]] puxo de novo en discusión a hipótese nórdica e pronunciouse, sempre segundo razoamentos de arqueoloxía lingüística, pola área [[Danubio|danubiana]] como fogar indoeuropeo. Tras a [[segunda Guerra Mundial]], con todo, a maior parte dos indoeuropeístas acolleu ben a proposta de identificar a ''Urheimat'' coas estepas do sur de Rusia e fixo caer as hipóteses dunha colocación europea; entre os últimos en soster localizacións centroeuropeas están, [[Pere Bosch i Gimpera]] e Giacomo Devoto<ref name=villar5 />.
 
===== O debate sobre os "arios" =====
{{ver tamén|Raza aria}}
[[Ficheiro:Pre-roman iron age (map).PNG|esquerda|300px|miniatura|A área ocupada polos xermanos durante a [[Idade de ferro]] (''circa'' [[-500]]-[[-60]]). En vermello, a súa patria orixinaria, onde cristalizaron como pobo ([[Escandinavia]] meridional [[Xutlandia]]), correspondente á da [[Idade de bronce nórdica]]; en maxenta, as rexións precozmente acadadas pola súa expansión e onde se desenvolveu a [[Cultura de Jastorf]]]]
Na súa busca da patria ancestral dos indoeuropeos, a indoeuropeística formulou, no curso do tempo, numerosas hipóteses máis o menos fundadas. Todas as teorías foron obxecto de debate, mesmo encendido, dentro da comunidade científica, pero nunca traspasaron os límites do enfrontamento académico; unha soa, porén, pasou do ámbito científico ao político, onde contribuíu a xerar efectos tamén graves. Tratouse da proposta de identificar a patria ancestral dos indoeuropeos - ou, como se adoitaba dicir na época, dos "arios" – coa dos [[xermanos]], identificada en 1902 por Kossinna na rexión comprendida entre [[Escandinavia]] meridional, [[Xutlandia]] e actual [[Alemaña]] setentrional<ref name=villar6>Villar, pp. 42-47.</ref>.
A identidade, establecida por Kossinna, entre indoeuropeos e xermanos baseouse nunha reedición dalgunhas argumentacións sdesenvolvidas por Penka que despois, aínda sendo falaces sobre todo desde o punto de vista lingüístico (era un arqueólogo), exerceron unha profunda influencia sobre a indoeuropeística da primeira metade do século XX: que os Indoeuropeos eran [[pobos sedentarios|sedentarios]] e [[Agricultura|agricultores]]; que eran "[[Raza|racialmente]]" [[loiro|loiros]]s, [[Dolicocefalia|dolicocéfalos]] e cos [[Cor dos ollos|ollos azuis]]; que na súa patria orixinaria estaban en contacto co [[mar]] e medraba a [[faia]] ("argumento da faia", inferido segundo o método léxico da existencia da palabra "faia" en indoeuropeo, pero que máis tarde se demostrou falaz). Penka e Kossinna crían que só os xermanos conservaran intactas as características - físicas e morais - dos Indoeuropeos orixinarios, e que polo tanto permaneceran de "pura raza aria"; todos os demais pobos indoeuropeos, migrando a outros lugares, terían "corrompido" a pureza orixinaria. Tales teorías, xa daquela totalmente relegadas do debate científico interno da indoeuropeística, coñeceron gran fortuna sobre todo en Alemaña nos primeiros decenios do século XX e entraron a constituír unha parte relevante da cultura que orixinaría a ideoloxía [[Nacionalsocialismo|nazi]]. No mesmo ''[[Mein Kampf]]'' de [[Adolf Hitler]] estas teses retomáronse amplamente, constituíndo un dos presupostos teóricos da [[política racial na Alemaña nazi]]<ref name=villar6 />.
 
A [[Segunda Guerra Mundial]], coa catástrofe da [[Shoah]], levou ao rexeitamento, mesmo nos ambientes indoeuropeístico máis conservadores, da teoría da "orixinariedade" xermánica á parte , obviamente, das implicacións políticas que o nazismo fixera que derivasen dela; xa nos anos 20 o debate interno da indoeuropeística, fóra da área xermánica, recomezara a debater o problema da ''Urheimat'' indoeuropea, chegando a hipóteses totalmente diferentes da de Kossinna. Porén, a memoria da ideoloxización nazi proxectou aínda por moito tempo unha sombra de descrédito non só sobre a localización nordeuropea da patria ancestral, senón tamén sobre a indoeuropeística completa como disciplina. O mesmo termo de "ario" abandonouse como sinónimo de "indoeuropeo" e emprégase só, sobre todo en compostos, para definir todos ou algúns pobos [[indoiranios]]<ref name=villar6 />.
 
== Metodoloxía ==
A indoeuropeística válese de diversas metodoloxías operativas; algunhas desenvolvidas autonomamente, outras compartidas por diversas [[Lingüística|disciplinas lingüísticas]]. Polo que atinxe a reconstrución da lingua común prehistórica, confíase en<ref name=watkins /><ref name=villar7>Villar, pp. 201-221.</ref>:
* [[Método comparativo]]: principal elaboración metodolóxica da indoeuropeística, tal método consiste en confrontar palabras, raíces ou estruturas morfosintácticas de linguas diversas para chegar a unha reconstrución do devanceiro común indoeuropeo. A validez da reconstrución apóiase sobre o presuposto da regularidade do cambio fonético enunciada pola [[lei de Leskien]]. A aplicación concreta do método comparativo apóiase sobre diversos criterios útiles para identificar o trazo que debe ser considerado máis arcaico - e polo tanto máis próximo ao indoeuropeo común. Entre os fundamentais cóntanse:
** o criterio da "área maior": considérase máis arcaico o trazo presente no maior número de linguas derivadas.
** o criterio das "áreas laterais": considérase máis arcaico o trazo presente en linguas xeograficamente e/ou dialectalmente máis distantes entre si, como por exemplo [[Lingua latina|latín]] e [[Lingua sánscrita|sánscrito]].
** o criterio da "antigüidade dos textos": considérase máis arcaico o trazo de atestación cronoloxicamente máis antiga.
** o criterio do '"arcaísmo da lingua": considérase máis arcaico o trazo presente en linguas consideradas máis arcaicas, ou sexa menos innovadoras respecto ao indoeuropeo común (por exemplo, o [[Lingua lituana|lituano]]) ou á protolingua dunha familia lingüística particular (por exemplo, o [[Lingua irlandesa|irlandés]] respecto á [[lingua protocelta]]). Tal criterio isente sen embargo das diferentes impostacións dialectolóxicas, que asignan maior arcaísmo a unha lingua máis que a outra.
* [[Reconstrución interna]]: a diferenza da reconstrución comparativa, a interna non se basea na comparación de trazos testemuñados en diversas linguas, senón na análise de variacións internas nunha mesma lingua, á procura de formas anómalas. Tales anomalías, ou irregularidades, considéranse restos dunha situación lingüística antecedente e historicamente perdida a través do mecanismo da regularización por medio da [[analoxía]]. Xeralmente, nas formas anómalas fican retidos arcaísmos, e polo tanto elementos útiles para reconstruír a prehistoria da lingua, e xa que logo o indoeuropeo común. A reconstrución interna non ofrece, porén, o mesmo grao de fiabilidade da reconstrución comparativa: algúns indoeuropeístas rexeitana completamente, mentres que os que recorren a ela fano de todos modos con prudencia e apoiándose na tipoloxía.
* [[Tipoloxía lingüística]]: aplicada á indoeuropeística, a tipoloxía consiste na valoración da maior o menor probabilidade de que un fenómeno dado apareza nas linguas reais, e polo tanto a súa plausibilide se se aplica ao indoeuropeo reconstruído. O obxectivo da aplicación da tipoloxía á indoeuropeística é polo tanto a exclusión de reconstrucións (sexa comparativas sexa, sobre todo, internas) meramente especulativas de fenómenos fonéticos ou morfolóxicos, que raramente ou nunca aparecen nas linguas concretamente testemuñadas (non necesariamente só as indoeuropeas).
No intento de desenvolver unha [[arqueoloxía lingüística]] (a "paleontoloxía lingüística") que reconstrúa os caracteres concretos do pobo indoeuropeo prehistórico ("Antigüidades indoeuropeas"), os método desenvolvidos son<ref name=villar7 /><ref>Campanile, pp. 19-23.</ref>:
* [[Método léxico]]: tenta reconstruír os caracteres culturais, materiais e inmateriais, do pobo indoeuropeo a través da análise do léxico reconstruído para o indoeuropeo común. Tal método ten suscitado o máximo interese a finais do século XIX, para ser a continuación fortemente redimensionado.
* [[Método textual]]: tamén dedicado a identificar canto de orixinariamente indoeuropeo se ten transmitido, non o fai analizando palabras illadas (como o método léxico), senón máis ben nos testemuños poéticos, mitolóxicos, relixiosos e literarios historicamente atestados.
 
== Investigación ==
=== Órganos académicos ===
Departamentos, institutos e centros de estudos universitarios dedicados á indoeuropeística:
 
Liña 148:
| [[Reino Unido]] || [[Universidade de Oxford]] || {{cita web|url=http://www.ling-phil.ox.ac.uk/comp_class_phil#sound|title=Comparative and Classical Philology, and Historical Linguistics - Faculty of Linguistics, Philology & Phonetics|accessdate=29 de setembro de 2009}} || {{en}}
|-
| [[República Checa]] || [[Universidade Carolina de Praga]] || {{cita web|url=http://enlil.ff.cuni.cz/|title=Ústav Srovnávací Jazykovědy - Filozofické Fakulty|accessdate=28 de setembro de 2009}} || {{czCs}} {{en}}
|-
| [[Eslovenia]] || [[Universidade de Liubliana]] || {{cita web|url=http://spj.ff.uni-lj.si/tiki-index.php?page=Oddelek+za+primerjalno+in+splo%C5%A1no+jezikoslovje|title=Oddelek za primerjalno in splošno jezikoslovje - Filozofska fakulteta|accessdate=28 de setembro de 2009}} || {{sl}} {{en}}
Liña 171:
|}
 
=== Revistas ===
Principais revistas de indoeuropeística e lingüística histórico-comparada:
* AGI, ''[[Archivio glottologico italiano]]'' de [[Florencia - Firenze|Florencia]], fundada no [[1873]] por [[Graziadio Isaia Ascoli]].
* BSL, ''[[Bulletin de la Société de Linguistique de Paris]]'' de [[París]], fundada no [[1869]].
* IF, ''[[Indogermanische Forschungen]]'' de [[Berlín]], fundada no [[1892]] por [[Karl Brugmann]] e [[Wilhelm Streitberg]].
* IFŽ, ''[[Istoriko-filologičeskij žurnal Akademii nauk Armjanskoj SSR]]'' de [[Iereván]].
* JIES, ''[[Journal of Indo-European Studies]]'' de [[Hattiesburg]], fundada no [[1973]] por [[Roger Pearson]].
* KZ, ''[[Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung]]'' (coñecida como ''Kuhns Zeitschrift'') de [[Gotinga]], fundada no [[1852]] por [[Adalbert Kuhn]], redenominada ''[[Historische Sprachforschung]]'' (HS) no [[1988]].
* MSS, ''[[Münchner Studien zur Sprachwissenschaft]]'' de [[Múnic]], fundada no [[1952]].
* ''[[Die Sprache]]'' de [[Viena]], fundada no [[1949]].
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
{{Columnas
| width = 600
Liña 237:
*{{cita libro|apelidos=Watkins |nome= Calvert|ligazónautor= Calvert Watkins|curatore= Anna Giacalone Ramat, Paolo Ramat|título= As linguas indoeuropeas|ano= 1993|publicación= Boloña: Il Mulino|id=ISBN 88-15-03354-8 |capítulo= Il proto-indoeuropeo}} Agora en: {{cita libro|apelidos=Campanile|nome= Enrico|ligazónautor= Enrico Campanile|coautores= [[Bernard Comrie]], [[Calvert Watkins]]|título= Introduzione alla lingua e alla cultura dei Indoeuropei|ano= 2005|publicación= Boloña: Il Mulino|id=ISBN 88-15-10763-0}}}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Lingüística comparada]].
* [[Lingüística histórica]].
* [[Método comparativo]].
* [[Reconstrución lingüística]].
* [[Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch]]
 
[[Categoría:Indoeuropeística]]