Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 29:
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de ''Stephen Hero'', unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite adentrarse na consciencia de Dedalus. ''Retrato do artista cando novo'', xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, ''[[Dublineses]]'', valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis infuentes do século XX.
 
== Sinopse ==
A obra relata a infancia e adolescencia de Stephen Dedalus e permite ao lector adentrarse na súa consciencia e sentir. A través dunha serie de episodios da súa vida, o lector pode aprecia-los medos e preocupacións do protagonista e a súa forma de entede-lo mundo.
 
Liña 43:
Finalmente Stephen considera que os costumes de Irlanda non lle permiten expresarse con liberdade e decide marchar ao exilio voluntario para intentar desenvolverse plenamente como artista. Malia a súa decisión, o protagonista resalta os lazos que o unen ao seu país e a tristeza de marchar del para poder prosegui-la súa búsqueda.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]