Diferenzas entre revisións de «Ramón Álvarez de la Braña»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (engado a Categoría:Arquiveiros mediante HotCat)
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
'''Ramón Álvarez de la Braña''', nado en [[Noia]] en [[1837]] e finado en [[Valladolid]] en xullo de [[1906]]<ref>''[[El Eco de Santiago]]'', 23-7-1906, p. 1.</ref>, foi un arqueólogo e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
 
Afeccionado ao debuxo na súa mocidade, estudou para arquiveiro-bibliotecario en [[Madrid]] e exerceu como tal entre 1866 e 1903. Escribiu artigos históricos e literarios en xornais e revistas como ''La Suerte'', de Sevilla; ''[[El Buscapié (Pontevedra)|El Buscapié]]'', de Pontevedra; ''Galicia'', da Coruña; ''Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos''; ''[[La Ilustración Española y Americana]]''; ''El Boletín Histórico''; ''La Ilustración Nacional'' e ''La Gaceta Popular''. Recolleu algúns dos seus apuntamentos históricos no volume ''Galicia, León y Asturias'', publicado na Coruña en 1894 con limiar de [[Luís Rodríguez Seoane]]. Neste volume figura tamén a introdución dun libro titulado ''Gramática y vocabulario del dialecto gallego'' (Madrid, 1863), que tentou publicar de mozo e do que só se imprimiron dous pregos. Tamén cultivou a novela histórica.
 
== Obras ==
 
=== Ensaio ===
 
* ''Catálogo de la Biblioteca Provincial de León'', 1875, 1897 e 1905.
 
* ''Guía del viajero en Santiago'', 1876 e 1885.
 
* ''Biblioteca legionense. Su origen y vicisitudes, con dos memorias anuales y los índices de manuscritos, incunables y libros raros y curiosos'', 1884.
 
* ''Siglas y abreviaturas latinas con su significado y un catálogo de las que se usaban en los documentos pontificios'', premio na Exposición Literaria y Artística de Madrid (1885).
 
* ''Relación del descubrimiento del río Apure hasta su ingreso en el Orinoco'', por fray Jacinto de Carvajal, con ilustracións do señor Braña e don Juan L. Castrillón.
 
* ''Galicia, León y Asturias'', 1894.
 
=== Novela histórica ===
 
* ''Roland'', palma de prata nun certame internacional de Tolosa.
 
* ''Don Gutierre'', folletín de ''El Porvenir de León'' (1895-96).
 
== Notas ==
 
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* ÁLVAREZ DE LA BRAÑA, Ramón, artigo da [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]
 
{{ORDENAR:Alvarez de la Branna, Ramon}}
 
[[Categoría:Personalidades da arqueoloxía]]
 
[[Categoría:Nados en Noia]]
 
[[Categoría:Nados en 1837]]
 
[[Categoría:Finados en 1906]]
[[Categoría:Arquiveiros]]
393.002

edicións